Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://cyano-biofuels.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
CIDADáNS DE SEGUNDA24-08-2006
Onte mércores, presenciei un feito na biblioteca da casa da cultura de Cangas, que si mo contan non o creo. Todos sabemos ou coñecemos ou vimos a algunha vez os que se sentan na parte traseira da casa da cultura. Antes usaban os servicios cando querían mexar e algunha vez algún deles encerrouse dentro, é certo. Pero e isto motivo suficiente para vetar a alguén de entrar nun sitio público polo simple feito de ser drogodependiente? Pois si señores, a señora conserxe non os deixa entrar pola porta. Non quero decir nomes, pero algunha destas persoas andan con mellor aspecto ou coa mente mais lúcida si pode entrar. Había un bastante aseado e lúcido lendo o periódico, e un colega dos de fora quería falar con él, pero a conserxe non lle deixou pasar e entrou ela a avisalo de que o chamaban fora. E eu pregúntome se facía dano a alguén por entrar a avisar o seu colega, ou iba a contaminarnos os que estabamos alí, ou non sei... porque a min personalmente, non me molesta que estas persoas entren na biblioteca. De feito, creo que sería bo que as bibliotecas fosen tamén centros de insercción social. Pero si me molesta ter que pedir a chave para facer unha consulta (hoxe en día case impensable no 99% das bibliotecas), moléstame que non teñan un catálogo automatizado, moléstame que o catálogo de fichas so sexa de autor (onde están os de título e materia? que pasa se non se sabe o nome do autor?), moléstame que a mencionada conserxe se colase na consulta do médico do centro de saúde o martes pola mañá, e moléstame que esta señora e os da biblioteca teñan o poder de decidir quen é digno e quen non o é de utilizar un servizo público como é a casa da cultura e a biblioteca. Polo visto hai cidadáns de segunda que non poden disfrutar dunha biblioteca igual cos demáis.
Esta claro que este pueblo é como a casa de tócame Roque e cada un fai o que lle da a gana, incluso discriminar sen siquera ruborizarse.

P.D: pido disculpas se algunha expresión ou algún comentario dos que utilicei hacia as persoas que se reúnen na parte de atrás da casa da cultura foi desafortunada. Procurei ser o mais sutil e eufemístico posible. Grazas.
estudiante


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CIDADáNS DE SEGUNDA24-08-2006
Pareceme ben o teu comentario, penso que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos, que a xentiña esta que anda polos arredores da casa da cultura e tan de cangas coma os demais. A min dende logo tampouco me molestan.
Non sei con que criterio lles prohiben o paso pero penso que si non fixeron dano nas instalacions ou fixeron follons non teñen porque tratalos diferente ou prohibirlles o acceso.
Paco
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA24-08-2006
Tes toda a razón, xa que se non molestan a ninguén e non fan nada raro, supoño que un sitio público é iso, público e a citada conserxe non ten dereito a face-lo que lle saia dos ovarios. Por outro lado a historia do persoal que traballa, traballou na casa da cultura de Cangas ten historia. Eu non sei se son funcionarios, enchufados, ou que carallo pero sempre escoitei queixas de que son uns pasotas, maleducados y que traballan menos que pocholo. SAÚDOS.
yoya
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA24-08-2006
Como diría a sabiduría popular,si o yonki e de clase alta,ven a dar problemas,pero se o yonki e de clase alta,ven a doar libros.
En fin que inda se prexulga a xente pola pinta,e o mais grace e que sexa nun sitio publico.Debería saber a Conxerxe que moitisios intelectuais e escritores consumían drogas.Que ostia lle importará a conxerxe si a xente consume ou non,,é un acto claro de DISCRIMINACION, que coido esta penado.Ou sexa é un delito,polo cal convirtese en delincuente a conxerxe e non os discriminados,polo tanto de todo esto extraese que a persoa que controla a casa da cultura discrimina,e polo tanto delinque.Nada mais.
lois
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA24-08-2006
cuanta hipocresia, si no molestan, que si son ciudadanos igual que todos, qe si muchos intelectuales consumian drogas etc, llevarlos a casa y sentarlos a la mesa, luego hablamos, antes callamos, asi somos, lo unico que veo en el omentario es una evidente alergia a esa señora
flipaoo
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA24-08-2006
nada de hipocresía, eu non os levo a miña mesa como tampouco levo a miña mesa o resto de usuarios da biblioteca que non son drogadictos. Simplemente reclamo uns dereitos para eles coma os demais, a biblioteca e un servizo público e ten que actuar como tal. Pero si que existen outros lugares, onde as bibliotecas se utilizan como medio de insercción social. Pero hoxe son os drogadictos e mañá serán os homosexuais, pasado as amas de casa, e o outro os xubilados, etc, etc, etc...
E con todo iso, que a biblioteca segue sen funcionar como debe, segue sen ter un sistema aberto, sen estar automatizada e sen ter un catálogo en condicións, por non falar da educación da traballadora que está polas mañáns, do chaval de polas tardes non teño queixa pois é bastante educado e atento. E a conserxe, pois o dito... xa lle vale, ainda que supoño que a idea de non deixar pasar os drogadictos non é dela.
estudiante
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
Home,pois todo depende.Si o drogadicto entra a chutarse pois non,pero si quere entrar a ler non vexo donde está o problema.Vaia que o que debn prohibir e certos comportamentos non a certas persoas,e o que di o outro:si o drogadicto e da clase alta vai ler e si e de clase baixa vai a chutarse¿porque?
Mister
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
Para Flipao,pois si debe ser certo o de flipao,porque confundes touciño coa velocidade.Que terá que ver que eu leve a miña mesa a quen me pete ou coñeza,COS DEREITOS DAS PERSOAS,que terá que ver FLIPAO?.
lois
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
A miña primeira reacción o ler os comentarios foi a mesma que a de Flipado ......Levádenos pra vosa casa

Agora un pouco mais en serio.......na esposición dos feitos, Estudiante xa reconoce, que hay yonkis (ven aseados e lúcidos) leendo o periódicio
Ata aquí ningún problema, por parte de nadie (supoño).
O que axemella que está a acontecer, e que a sra conxerse lle prohibe a entrada a aqueles que non teñen un aspecto aseado e lúcido (supoño que esta norma valerá para todo o mundo en xeral, sexan yonkis ou non)
Todos temos unhas normas de convivencia que cumplir....
Por exemplo: Por muito que me guste andar con bañador é camiseta (ou sin ela)...si quero entrar a unha iglesia pra visitala. Entendo perfectamente que se me prohiba o paso, por moito dereito que teña a visitala (parte dos meus impostos, van pra conservación de estas)
Nogueira
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
Nogueira, estas ti moi trabucado. Unha igrexa e unha institución privada ainda que lle dones impostos. De feito hai igrexas e catedrais nas que terás que pagar se queres entrar a visitalas ou poñerte un pantalón largo. Eu nunha biblioteca vou se me peta en pantalón curto ou unha rapaza cos hombreiros descubertos ou un prominente escote. Eu referiame a que hai drogadictos que non o parecen que non dan ese aspecto, o que quere decir que os outros vaian cheos de merda, entendes agora?. E hai xente, usuarios normais da biblioteca que feden que tiran para atrás e ninguén lles di nada.
estudiante
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
los derechos de las personas los pone uno mismo,bien es cierto que la biblioteca es un lugar publico, pero eso no da derecho a entrar cada uno como quiera o hacer lo que quiera, hay unas normas de civismo, eso no implica por supuesto la forma de vestir, pero si de comportatrse y dar una imagen adecuada a lo que somos , ellos por desgracia paa ellos no la dan, cuidado no digo que no la merezcan, es mas , nosotros como ciudadanos debemos procurar las medidas adecuadas y oportunas para que eso suceda, pero cada cosa en su sitio. yo mismo fui una vez a ver una espocion en la planta de abajo y nos encontramos a un muchacho sentado durmiendo, bonita imagen para la cultura si señor, venga hombre con tantos derechos, ya digo , los hay que ganar y poner uno mismoy te diogo a ti , lois, vosotros sois los que confundis derechos con civismo
flipaoo
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
A min paréceme que algúns teñen un discurso equivocado e que eu non comparto. Si é certo que a unha persona, polo seu pasado (antecedentes) e a súa imaxen, que non polo seu comportamento nese intre, foille negada a entrada a biblioteca de xeito arbitrario, así a primeira vista e un acto que ten sanción disciplinaria (administrativa) e penal para quen a executou e que a mandou (autor e cooperador necesario que se dí). Isto non ten nada que ver co civismo, o civismo só son normas sociais, cambiantes como as modas e o sentido do decoro, por iso nunca NUNCA se tutelan por ningún poder público.
Si a flipao non lle gusta ver, en concreto durmindo no mobiliario da sala de exposicións pois que avisara a Policía Local que ten competencias para elo e xa verías como o facían desaloxar e a queixa é pública. Pero se o que non lle gusta e ver persoas con desarraigo social, equivócase de réximen xurídico, a lei de vagos e maleantes que Primero de Rivera instaurou e Franco mantivo como norma de peligrosidade e rehabilitación social fai tempo que desapareceu, con isto quero dicir que non hai medidas preventivas polas trazas da persoa senón coercitivas polo que fai ou intenta facer (tentativa frustrada). hai quer ler mais o que está na biblioteca, tanto o persoal do centro como os que somos usuarios dela, na grea que me incluio.
maite
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA25-08-2006
moi ben maite, podese decir mais alto pero non mais claro
estudiante
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA26-08-2006
MAITE.Moi ben explicado.A ver si agora algún inda ten dúbidas o respecto.
lois
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA26-08-2006
Maite...........
Por suposto que quen ten competencias para desaloxar a alguen de un sitio público son as forzas da orde.(faltaria mais)
Pero, mais aló deste feito (e por moito quenon sexa legal estricto-senso).
Eu congratulome de que axa conserxes que veten a entrada a este tipo de locais a xente que cheira mal-borrach@s-yonkis-que falen a berros..etc,etc
E si algún non está conforme, que chame as forzas da orde, e lle espoña a sua queixa

Isto, sei que non é moi ético (ou o que ti queiras).. pero na vida real e a mellor forma de tratar estes problemas
E por ultimo.............
Ten por seguro que si a biblioteca está chea de este tipo de xente.....os meus nenos, non irán a ese centro nin de coña (Que quede todo pra eles)

PD: Eu tampouco estuven, nin ollei este caso, en persona.......Polo que estou falando de xeralidades (o mellor neste caso en concreto. A conxerse pasouse)

UN SAÚDO

Nogueira
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA26-08-2006
vagos, maleantes, primo de rivera, maite de que me hablas?, me da la impresion de que eres muy niña tu para saber cosas de esas, yo te podria hablar un poco de eso, por desgracia aun sufri alguna consecuencia de eso, pero chica, siempre equivocais todo, siempre con el franquismo, los fachas, todo es mas sencillo mujer,yo no excluyo a nadie de la sociedad, no tengo esa potestad ni la quiero, es mas , ya digo , toda la sociedad deberia hacer un esfuerzo y recuperar a esas PERSONAS, pero cada cosa tiene que ir en su sitio, el tiempo os lo dira, cuando tengais 50 años vereis las cosas muy distintas
flipaoo
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA26-08-2006
grazas a quenes están de acordo co que digo, e para filpado, eu a ti non te chamei neno nin nada semellante (para ser adulto non deixa de ser curioso o alcume de "flipao"), simplemente estou en desacordo co que dis. Para que sepas, e a biblioteca e un lugar idóneo para facelo; 1) Primo de Rivera (pai, non o ideario da Falanxe) deu un golpe de estado en 1923, e no seu código penal castigaba aos que definía como perigosos antes de cometer feito algún: 2) a lei de vagos e maleantes era de 1933 (antes polo tanto do rexímen de Franco), e esta lei mantívose despois de 1936, e cambiou de nome en 1970, seguindo vixente cos castigos nas persoas definidas como perigosas e non nos seus feitos ou actos ata o codigo penal de 1995 (ainda cos maxistrados en exercicio xurisdiccional, a maioría, xa non a aplicaban dende a constitución de 1978, obviamente por inconstitucional).
Con toda esta parrafada, sen anzos de menosprezar as túas vivencias persoais, flipao, quero dicir ante a denuncia de "estudiante" que non hai castigos nin medidas preventivas polo que unha persoa é ou representa na sociedade ante os demais senón polo que fai ou revela intentar facer, e por iso citei a devandita lei. Outra cousa son os prexuizos ou as sospeitas que cada un pode ter e é moi libre de ter. O pensamento non se investiga nin se explora, só os actos porque son obxetivos e poden probarse.
maite
RE: CIDADáNS DE SEGUNDA28-08-2006
Moi ben Maite, nin sei os anos que tes nin me importan os que teña o flipao, pero creo que aquí pode opinar que lle dea a gana sin necesidade de ter pasado a menopausia ou pitopausia. O que pasa é que para alguhna mentalidade hoca aínda é difícil que a xente opine libremente nun foro coma este denunciando algo que lle molestou como o fixo estudiante.
yoya
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados