Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Report
Indispensables
Donde ...
Guia
LUMES23-08-2006
Haz click para ampliar Luita Verde denuncia que detrás da oleada de incendios forestais que asolaron Galicia esta primeira quincena de agosto existíu unha intencionalidade política por defender a política forestal dos gobernos anteriores. Luita Verde por outra parte cree que houbo unha ou varias tramas organizadas detrás dos lumes, pois os incendios foron intensivos en moi curto tempo e non cree que a maioría deles foron só obra de pirómanos por motivos individuais senón que detrás trasluce sospeitadamente un interés privado político, económico e especulativo. Culpabiliza e responsabiliza asimesmo ó goberno actual da Xunta de Galicia desta oleada de lumes por falla de prevención e seguidismo da anterior política forestal, o que provocou a actuación por sorpresa d@s incendiari@s e unha situación desbordada moi difícil de atallar, debido principalmente ás excepcionais circunstancias climáticas. Culpabiliza tamén a Xunta e Concellos da falla de protocolos de actuación, coordinación e falla de medios ante a masiva afluencia de cidadans/ás nas labores de extinción dos lumes, onde arriscaron a súa saúde e inclusive as súas vidas.
Denuncia que a política forestal da Xunta de Galicia durante as últimas dúas décadas favoreceu que se extendera en sobremaneira no territorio galego a superficie ocupada polo eucalipto, especie foránea pirófita e expansora ó mesmo tempo dos lumes, quintuplicando a superficie inicial, e que a defensa contra os incendios se fundamentou na extinción en detrimento da prevención, que lonxe de rematar ou de amedrentar @s incendiari@s e a superficie queimada o que provocou foi unha media de 11000 lumes por ano dende 1989, un 90% deles intencionados ou sexa máis de 150000 delictos de incendio e miles de hectáreas queimadas, moitas delas omitidas deliberadamente dos propios informes da Xunta. Polo contrario todos estes anos @s incendiari@s detid@s foron mínimos, apenas un par de centos e menos aínda @s penalizad@s, actuando a maioría con total impunidade. Esta política forestal e do INFOGA tamén provocou consigo unha nova cultura do lume en consonancia coa modificación de usos e de ordenación do territorio: A do lume con búsqueda de beneficio económico laboral, forestal, recalificación de usos do solo, etc.
Gran parte dos lumes e de máis virulencia recentemente acaídos foron ó longo do litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra, onde campa unha feroz especulación urbanística os últimos tempos e que no caso do Morrazo acaban de convertir cinza varios centos de hectáreas dentro do espacio natural protexido dos Montes do Morrazo no concello de Moaña e dos montes de Aldán no concello de Cangas, sobre os que penden proxectos de recalificación de terreos para zonas industriais e residenciais, respectivamente.
O monocultivo masivo de eucaliptos que posúe consorciado a empresa NORFOR, filial de ENCE, no monte comunal de San Adrián, no concello de Vilaboa, ardeu e fixo ó mesmo tempo de corredor transmisor do lume cara ós montes de Domaio e Meira, en Moaña. Eucaliptos e en menor magnitude piñeiros foron básicamente o arborado queimado nos montes do Morrazo, tanto comunal como privado, afectando consigo ó resto da vexetación integrada no seu interior, tanto arbórea, arbustiva como de matogueira e á fauna residente. Dentro da fauna temos que salientar que no espacio natural afectado dos Montes do Morrazo, vagan cabalos asilvestrados en réxime de gandería extensiva que posiblemente se poideron ver tamén afectados, do que voltamos denunciar que parte deles siguen ter colocados nunha das súas patas cepos de madeira como método de control polos seus donos, feito que aparte de supoñer un método de tortura animal, poden ser ademáis un serio atranco na súa mobilidade á hora de calquer perigo eventual, como por exemplo, o dos incendios forestais. O solo queimado vai verse erosionado pola caída das chuvias e as cinzas transportadas polos cursos fluviais ata o mar, engadíndose ós vertidos residuais dos núcleos urbanos.
luita verde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: LUMES23-08-2006
sempre igual, para xustificar a xestion lamentable da Xunta hai q decir algunha burrada, q curioso q cando gobernaban os outros soamente se fala dunha xestion nefasta e agora falase de outros intereses politicos, xa esta ben de mirar as cousas segun quen goberne, mais soluccions e menos manipulación.
a merda con loita verde
RE: LUMES24-08-2006
O único que manipula e aínda por enriba insulta eres ti co teu discurso político paisan@.
Á MERDA CONTIGO
RE: LUMES24-08-2006
que manipulo????...... a ver si vai ser mentira q os medios e a xestion da Xunta foi lamentable.
a ver si é mentira q o Bng sempre q estaba na oposición pedía dimisions.... e agora non dimite nin dios......
a merda contigo tamen
RE: LUMES25-08-2006
Mira merdento,.... da igual que non dimita ninguén. Tampouco dimitiu ninguén do PP cando con absoluta irresponsabilidade nos pasearon o Prestige polas costas de Galiza ata que o afundiron e nos enmerdaron todo o país.
Claro que logo veu o xurado popular e os mandou a onde merecían. Así estades agora de rabiosos porque nin vos sona o que é Democracia.
Non te preocupes, que se estes o merecen, nas próximas eleccións irán pa onde teñan que ir.
Mira merdento
RE: LUMES26-08-2006
Non me veñas a falar de democracia cando comenzas o teu comentario cun insulto ..... q carallo de democracia demostras ti hacia unha persoa q opina diferente a ti ..... o unico q se che ocurre e chamarme "merdento"... a xente coma ti simplemente lle digo... mirate o espello e despois de anailizarte cala a boquiña q seguro q tes moitos defectos q tapar antes de opinar e insultar os demais.
Cando falas do Prestige.... q sabras ti de min para encasillarme como unha persoa de dereitas... como un pepeiro??? .... no te atrevas a opinar dos meus ideais politicos pq non tes nin idea..... a diferencia entre ti e eu.... e q eu non son de pensamento unico e cerro os ollos dependendo de quen goberne.... q lle den polo cu o pp, q fixeron de merda no Prestige... por iso está na oposicion nestes momentos .....
Estamos dacordo nunha cousa soamente.... moitos do pp naquel momento non dimitiron..... pq teñen moito morro......pero agora os do bng que teñen??? .... pois eu digocho... moito morro tamen..... son os primeiros en pedir dimisions cando estan na oposicion... e despois cando gobernan xa miramos como asumen as suas responsabilidades.....
Non son de dereitas por moito q ti intentes encasillarme .... o q si fago é non cerrar os ollos dependendo de quen goberne na Xunta.
Saudiños ........
outra vez eu
RE: LUMES26-08-2006
ti o q eres é un resentido do carallo q pensas q estas por enriba do ben e do mal e presumes de ser mais de esquerdas cos de esquerdas e mais nacionalista cos nacionalistas e mais listo cos da xunta e mais listo ca dios pero seguro q non moveches o cu nin nos incendios nin no prestige quedache mirando desde o sofá e queixandote do mal q o facían todo. desde logo os do pp son bastante mellores ca ti polo menos mollanse. os q sodes todos iguales sodes os q mirades o partido desde a grada e abucheades os dous equipos o árbitro e os linieres. se todos xogan tan mal, pa q carallo ides ao futbol? q vos devolvan as entradas
outro que tamen e eu
RE: LUMES26-08-2006
Ti soiño te defines...... q carallo sabras ti de min??.. q puta mania tedes os q vades de salvamundos..... creedes q sodes os unicos q vos implicades nas cousas.... aseguroche e falo por min q impliqueime en moitas cousas .... non vou decir q mais ca ti..... pq non te conozco... e como non te conozco non te juzgo... pero bueno a tua forma de expresarte fala moito sobre ti..... eres spiderman... superman .... joerrrr pq pola maneira q tes de expresarte parece q ers un exemplo a seguir pa sociedade..... pero bueno ti sigue xuzgando a xente como che de a gana... pq eu durmo todolos dias coa conciencia tranquiliña .... e xente coma ti non me vai a falar de como son, teño ou terei q ser .... sabes pq?? pq non tes nin idea de como son ... asi q opina das cousas das q hai q opinar pq opinar sobre a xente e prexuzgar a xente q non coñeces e moi faciliño ..... saudiños
outra vez eu
RE: LUMES26-08-2006
eu si que estiben no sofá ,cando foi o do prestige e tamén co dos incencios igual,sinto moito pero é a verdade,sempre lle hai que quitar o morto de enriba os nosos políticos,cando fan unha festa non escatiman en gastos,e logo nas cousas necesarias de verdade sempre se andan xustos de cartos.
eu respeto a xente que vai de voluntario,pero a min xa me chega as horas que lle meto todo o día para cobrar unha merda pa que outros(politicos)vivan de puta madre,eu non concivo ir de voluntario e despois ver a rajoy e a feijoo de camisa cunha mangueira de regar a horta facendo que apagan o lume,menudo insulto
RE: LUMES28-08-2006
PP=fascistas dades noxo vos si que sodes os terroristas ILEGALIZAR O PARTIDO POPULAR sodes unha lacra social
jato pelexo
RE: LUMES29-08-2006
Onde está a política apesta. Xa nos olvidamos que ante todo esta foi unha catástrofe medioambiental. Na nota de Luita Verde no fondo fala delo e como reflexión de cara ó futuro e aquí a xente solo fala de política e se ou non hai demisións e ademáis insultándose. Dades asco.
Aggggggggggggggggggg¡¡
RE: LUMES29-08-2006
BNG, PSOE e PP a mesma merda é. Todos saben da trama dos incendios pero calan a boca baixo presión dos intereses capitalistas e caciquiles implicados e ademáis para máis infamia só buscan sacarlle beneficio político dos mesmos. Ou que pensades, que este é un país de tolos, onde plantan lume nos montes únicamente vellos, pirómanos e individuos con problemas co vecindario ou con gañas de facer mal ??
ANARKIA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados