Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 17-07-2013
INTERESANTE A NOTICIA DE HOXE NO "FARO DE VIGO" NA QUE O BNG DE CANGAS DENUNCIA QUE ESTÁ PREOCUPADO POLA REDUCCIÓN DE PRAZAS NOS COLEXIOS EDUARDO PONDAL, COMPAÑÍA DE MARÍA, CASA DE LA VIRGEN ... CENTROS PRIVADOS, CONCERTADOS E ALGÚNS RELIXIOSOS ............. ¿QUÉ VOS PARECE?
alucino


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 17-07-2013
¿Por qué berras?, ¿non podes falar máis baixiño, porfa?
Fala baixiño
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 17-07-2013
Aquí non berra ninguén. Son unha persoa moi pacífica. ¿Dacordo?. Pero que o BNG esté preocupado polos colexios privados, como o das monxas de Aldán, e cando menos chamativo ou peculiar. O BNG coa igrexa católica. OLLOS VEREDES .....................
Alucino
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 17-07-2013
no es lo k dices ni como lo dices es como lo escribes MAYUSCULAS=GRITAR
carod
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 18-07-2013
Xa che respostei con minúsculas. ¿Paréceche ben agora?.
alucino
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 18-07-2013
Claro, como nos colexios públicos de Cangas sobran prazas para os nenos os cangueses nos podemos permitilo luxo de que pechen aulas dos colexios concertados na vila.
Xaime
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 18-07-2013
Home, ¿acaso os do BNG non saen todos de colexios privados e relixiosos?

Esta visto que neste país se non se vira a dereita perdes o dereito o turno na poltrona.

Lojo virá algún erudito a preguntar "que fixeron os de esquerdas cando estaban no poder", como se iso pudese pasar sen que se volva a cumprir a ameaza do golpe de estado.

Que triste pode chegar a ser que o tempo che de a razón
f&r
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 19-07-2013
Moi boa aportación. Que quede claro que de esquerdas o BNG non é. Porque doutro xeito non estaría tan preocupado polo negocio dos colexios privados ........................
son eu
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 19-07-2013

Así nós vai cunha oposición divida que só se preocupa de gañar votos , nunca penso o PP gobernar en cangas con tanta tranquilidade ,para as proximas arrasan.
loli
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 20-07-2013
Xa se ve que aquí non interesa defender os traballadores que van quedar na rúa é mellor volver a botar merda sobre o Bng, que se defende a privada, que se non son de esquerdas.. ¿os carnes de esquerdistas os dades vos ou ai que pedir por escrito?
Parece que vos vai moi ben co PP no goberno que o importante é atacar ao Bng, seguide, seguide
Non alucines home
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 20-07-2013
Penso que mande quen mande a os que mais nos fai falta os cartos somos os que mais nos van a perxudicar as suas decisions
carlos
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 20-07-2013
Seguides deixando claro que o BNG só lle interesa chegar o poder, incluso virando a dereita.

Con "argumentos" tipo, "somos mellor que o pp", iso xa o fai o PSOE!!!.

Afortunadamente hai grupos de esquerda abondo que seguen fieis os seus principios (por agora polo menos).

A min non me vale iso de que "todo para sacar o pp de ahí", non me vale por que sería sacar a uns e poñer a outros do mesmo pau.

Así non, e os exvotantes do BNG non deixan de deixarvolo claro, ainda que non peor sordo que o que non quere oir.
f&r
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 20-07-2013
Co que realmente eu alucino é co feito de que, polo que aquí se le, hai persoas que cren que o Faro debe ser algo así coma a Biblia para os cristiáns ou o Corán para os musulmáms e todo o que aí aparece é a verdade absoluta sen poñer en dúbida nunca se o que se publica é certo ou responde a criterios espúreos ou interesados. Toda a prensa ten unha determinada liña editorial e as novas son redactadas por persoas que tamén teñen criterio e ideoloxía propia (non existe o xornalismo independente neste país e o Faro non é precisamente un medio favorábel ao nacionalismo popular anticolonial). Intenten contrastar a información e acudan ás fontes orixinais e non se boten ao rego que outros lle marquen. (Hai que ser ben parvo para acreditar que o BNG defende o ensino privado fronte ao ensino público, galego, laico, científico e popular)
des-alucino
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 21-07-2013
Leer a vostede f& non deixa de ter a súa gracia, a sua teima co Bng xa é coñecida e o seu claro argumentario tamén, pero que pretenda decir que quedan algúns fieis os seus principios é demasiado incluso para vostede.
¿cantos exempros quere das incoherencias e traicións dos principios desas forzas que di que existen? eu si podo argumentalo con feitos e declaracions.
Está claro que falar non ten cancelas
¿principios?
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 22-07-2013
Os feitos me remito, a patronal deixou gobernar o bloque en bipartito co PSOE só cando tiveron a seguridade de que lles íria lamer o cú os empresarios, tan e como fixo Quintana.

¿Acaso pensas que o BNG de Beiras tería algunha posibilidade de chegar algunha vez a Xunta?

Dame a min que aínda non sabes en que país vives, vives nun país no que a chegada dun goberno verdadeiramente de esquerdas está ameazada seriamente por un golpe de estado.

E hoxe en día o BNG ven sendo o CIU catalán ou o PNV vasco, nacionalistas con cartos e lamecús da patronal.

Ala, a pasalo ben no día da raza
f&r
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 22-07-2013
O seu, f&r, é dunha ignorancia monumental ou ben xoga a despistar aos demáis. O 25 de Xullo os nacionalistas galegos, soberanistas, arredistas ou como nos queira vostede chamar celebramos o DIA DA PATRIA e non o día da raza (termo empregado polos fascistas e colonialistas españois). Celebramos o día da nosa patria (a galega) fronte aos imperialistas e colonialistas que nola negan. O termo PATRIA GALEGA é un termo revolucionario que moitos levamos no máis fondo dos nosos corazóns para ter que aturar que veña un esbirro do imperialismo (ou do internacionalismo mal entendido, que tanto me ten) coma vostede a facer mofa do mesmo.
Supoño que, dada a súa ignorancia, non saberá que foi no 1960, cando sucedeu a sabotaxe do buque francés La Coubre na bahía de La Habana (que transportaba municións para a defensa da illa e que as autoridades cubanas denunciaron coma un acto terrorista da CIA), Fidel Castro pronunciou as seguintes palabras: "Ahora libertad quiere decir algo más todavía. Libertad quiere decir Patria, y la disyuntiva nuestra será ¡PATRIA O MUERTE!.
E foi así como esta consigna que guiou a loita do pobo cubano convrtiuse en bandeira dos pobos oprimidos contra o imperialismo. Así é PATRIA CUBANA fronte imperialismo yankee, PATRIA GALEGA fronte imperialismo e colonialismo español.
Ala f&r, ti segue no teu, a manifestarte cos das bandeiras españolas, bandeiras republicanas pero españolas que a miña bandeira tamén é republicana mais é galega: Branca cunha faixa azul e una estrela vermella de cinco puntas símbolo do internacionalismo solidario e o antiimperialismo.
Saúde e República Galega.
des-alucino
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 22-07-2013
Qué máis me ten a túa definición de patria se vos apartades da clase obreira.

Coma se cantas o imno de Angola, tanto me ten.
f&r
RE: O BNG PREOCUPADO POLOS COLEXIOS PRIVADOS 03-08-2013
O BNG non sei, os que defenden en nome do BNG, moi coherentes.
coherencia
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados