Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
more
Indispensables
Donde ...
Guia
NUNCA MÁIS LUMES?21-08-2006
A catástrofe do Prestige trouxo consigo o Plan Galicia, máis asfalto e formigón e por engadido foi un escaparate de cara á posterior especulación urbanística por doquier na costa galega, que estamos xa a advertir. Ante esto ningún ente político e social se organizou con tal de facerlle fronte a elo (nin sequera Nunca Máis que polo contrario se desactivou). Agora temos outra catástrofe, a dos lumes nos montes, e que vai pasar?. Polo de pronto o mesmo que cando do Prestige, manexo político e mediático da situación e intento de aproveitamento da masa social de cara os seus fins despóis da desfeita. Porén o que máis me preocupa é unha vez máis o ocultamento oficial das causas da catástrofe senón porque nos intentan embaucar con que non hai tramas detrás dos lumes e que estos son provocados polos mesmos de sempre, piróman@s e "persoas con vontade de facer mal", a frase agora de moda. Xa hai que olvidarse da trama forestal, da dos negocios específicos que viven a conta do lume e sen máis da especulación urbanística que subxace detrás delo. Claro agora é mellor calar a boca, preocuparse só de intentar recuperar o monte queimado que o outro xa terá a súa atención debida, ou sexa dilatar o tema no tempo, para cando non sexa portada nas primeiras páxinas dos periódicos e do resto dos medios de comunicación despóis da confusión premeditada dos momentos da catástrofe e co mal xa consumado.
Que intereses hai detrás dos lumes? Só nos espera máis manipulación política e mediática con tal de desviar atención real dos mesmos. Mentras a cidadanía deste país só reacciona e tamén manipulada cando hai catástrofes e o mal xa está feito e non hai volta atrás.
Antiglobalización


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NUNCA MÁIS LUMES?21-08-2006
como fales mal de nunca mais xa vai sair algún flipadiño destes a decirche que eres do pp ou un facha.
Estou dacordo contigo en todo o que dixeches
manuel
RE: NUNCA MÁIS LUMES?21-08-2006
bla,bla,bla
RE: NUNCA MÁIS LUMES?22-08-2006
Eu tamén penso que si hai trama organizada detrás da queima dos montes,o que pasa e que os que estan organizados non os collen,ou cando menos dos detidos ata agora, non se puido demostrar que pertezan ou esten organizados,polo tanto cos datos reais dos case 30 detidos,a nivel policial non se pode amosar unha trama.Mais penso que en moitos lumes,polas horas,forma de prender,zoa onde se prendeu e algúns artefactos atopados,si pode haber un grupo organizado a intereses de todo tipo.Está claro que o home ese de 90 anos e a muller de 72, non os trincaron en zonas de dificil acceso para as brigadas,tampouco actuaron de noite,e moito menos teñen idea do comportamento dun incendio.Ogallá non houbese trama,pero cos datos reais inda non se pode amosar,mais a miña opinión é que si,que hai certos individuos coordinados e sabedores do que é un incendio,outra cousa e que os collan.
lois
RE: NUNCA MÁIS LUMES?22-08-2006
o de blabla debe de ser dos de nunca mais,pola lenguaxe mais que nada
RE: NUNCA MÁIS LUMES?22-08-2006
manueliño cala a boquiña
Hai un analise interesante en:
http://incendios-forestales.blogspot.com/
RE: NUNCA MÁIS LUMES?23-08-2006
Os incendiarios/as son só a escala máis baixa da pirámide dos lumes. Por diante están fortes intereses económicos e industriais que son quen presionan e corrompen á clase política e xudicial en prol do seu beneficio particular tralo solo queuimado.
luminofobia
RE: NUNCA MÁIS LUMES?23-08-2006
Ese que fala de Manueliño non queda máis claro que é un "bloqueiriño" e a súa intención non é máis que diversificar o contido e desviar a crítica política do que se está falando. Non hai que olvidar que o actual goberno BNG-PSOE é evidentemente responsable dos recientes lumes, seguidista da anterior política forestal do PP e aínda por enriba pior xestionada. Haberá que ver que política forestal van facer no futuro cando pase este boom mediático e se dunha vez se poñen de acordo as consellerías de Medio Rural (BNG) e Medio Ambiente (PSOE).
Por outra parte Nunca Mais (a cúpula) non deixa de ser un apéndice burocrático e intelectual do aparello tecnocrático e político do BNG na cal nun momento pensado ata podía entrar persoal ideolóxico do máis moderado do PP.
RE: NUNCA MÁIS LUMES?24-08-2006
uns por fachas , e estes do bloque so o unico que fan é homenaxe a pucho boedo,dicir parvadas tipo nacionalista e meter a jaiteros jaiteiro por aqui e por alá,que lle pregunte a moita xente que lle pasou coas solicitudes que fixeron pa montar un posto nafeira franca en pontevedra,o de sempre,solo para os gauapitos da cidade
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados