Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://blowjobzz.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
MOAÑA NON E VIGO19-08-2006
Acabousenos presumir,de que no noso pobo non pagamos por aparcar,os gobernantes de turno xa cheiran o negocio,e van instalar un parquimetro na zona da praza.(Co tempo han chegar a Broullón como pasou en Vigo).Pois mira ti que non hai,ou había sitios en Moaña para aparcar,pois si que nos vai sair caro a ampliación das aceras.O día de invasores (mercadillo) está claro que nin con parquimetros.En fin,parquimetros,grúa...todo para facer de Moaña outro Vigo,cando menos a efectos de fastidiar o persoal,e sobor de todo de RECAUDAR,xa sea co negocio,ou cas multas dos que non respeten a zoa azul.E digo eu que si imitamos a Vigo para fastidiar e RECAUDAR,tamén podían facernos un auditorio,poñer vitrasas,etc.E unha medida impopular e innecesaria.Soio sei que o unico dia dificil de estacionar é cando hai invasores,e si pensan que co parquimetro van resolvé-lo problema,trabucanse.Este pobo cada dia voltase mais coaccionador,acabando coa calidade de vida que nos supón os veciños,aparcar sen pagar.De todo-los xeitos veremos canto tarda a xente en acostumarse o novo sistema recaudatorio,e sobor de todo canto van durar os parquimetros, xa temos un referente en Vallecas,onde o deporte de mada e arrincá-los de raiz.
lois


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MOAÑA NON E VIGO19-08-2006
¿ Comorrrrrrrrrrrrrr ?? Pois solo joderia que puxeran parquimetros en Moaña, que os poñan en cangas que van ter turistas dabondo coa nova movida turistica de Masso dor e que deixen de foder os que ainda vivimos tranquilos !!!!
Foss
RE: MOAÑA NON E VIGO21-08-2006
O mellor de todo. Polo que leín...........o pago da multa vai ser arredor duns 90€ (creo que é o maxímo que poden poñer)

COMA SEMPRE , OS POBRES QUE LLES DEN POLO... (Unha sanción de 90€, para unha familia que chega sustiño a fin de mes. É unha sentencia moi dura)
EN CAMBIO OS RICOS LLES SUDA O CARALLO ESES 90€

Para cando......as multas pasarán a ser en horas de traballo civico (así pagariamos todos o mesmo precio......e os políticos atufarian un pouquiño menos a ese afán recaudatorio que amosan ter
Nogueira
RE: MOAÑA NON E VIGO21-08-2006
Entón que pensabas, despóis de construída a vía rápida e co urbanismo invasor que nos espera. Si alguén pensa que Moaña vai seguir sendo un pobo vai apañado e máis aínda neste concello onde case ninguén abre a boca, todo o contrario que en Cangas que polo menos botaron abaixo un PXOM e están a paralizar o porto deportivo e a poñer en evidencia o macroproxecto especulador de Massó.
NON MAIS COCHES
RE: MOAÑA NON E VIGO21-08-2006
E gratuito, simplemente marca o tempo que podes estar estacionado (unha hora e media)
RE: MOAÑA NON E VIGO21-08-2006
¿Gratuito?
esperemos que sexa así.(pasaría a ser unha iniciativa moi boa)

Pero sigo pensando que as multas si son castigadas con cartos, son inxustas ( dependendo dos cartos que dispoña cada un........vaia a pagar, mais ou menos)
Nogueira
RE: MOAÑA NON E VIGO24-08-2006
Estaría dacordo contigo senón fora porque a non ser que cambien as cousas (todo pode ser) o que se vai facer en moaña é o que sen ven facendo en cangas, unha ORA sen pagar pero limitando o aparcamento a unha hora ou hora e media. Fárase para que haxa máis movilidade dos coches aparcados e todo podamos ir colle-lo peixe a praza de vez en cando co coche. A cuestión creo eu e que non vai resolver nada. Cada vez hai máis coches, menos onde aparcar e moito comodiño, que quere levar o vehículo se pode ata dentro do super, que aquí non anda nen dios que saen "caios". Po suposto moaña non é vigo.
YOYA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados