Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL03-05-2013
Haz click para ampliar despois de 7 anos de engaños e de protestas a extrasburgo a xuez ditaminou o cierre do muro ILEGAL da casa da chulera para q vexades q ainda q nos mande a protestar a extrasburgo a verdade sempre sale asi q un saludo pos que apoyaron os veciños e po resto AJO y AGUA
os veciños de tiran


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL03-05-2013
a culpa foi do señor millan de deixar pasar tanto cando sabia a verdade con escrituras na man e como era amigo del facia a vista gorda alegrome da noticia si señor.
juan
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL03-05-2013
Unha vergoña, lamentable espectaculo. Isto xa hai tempo que tiña que estar resolto, pero o de sempre, os intereses politicos daljún. Así funcionan moitas cousas, dependendo de donde sople o vento.
E a todo isto, se sabe donde están os cartos que foran concedidos para este parque?, aquí ainda ninguen deu explicacions.
Tiran
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL03-05-2013
Non me parece ben que firmes a tua denuncia dese xeito. Durante eses 7 anos dos que falas, os veciños "da casa da chulera", como ti dis, fixestes valer a vosa opinión como a opinión de "os veciños de Tirán".

E particularmente non me parece ben, porque sodes conscientes de que os veciños de Tirán son muitos e cada un ten a súa opinión; e non coñezo a ningún veciño ó que se lle fose a preguntar a opinión ó respecto do tema.

Dende o principio foi un problema/teima entre veciños (pero veciños de non máis de 50 metros á redonda), duas familias rifando por unha ilegalidade urbanística, sacrilexio. Ocorre en todas as parroquias de todos os concellos, e ninguén en ningún deles, ten a desfachatez de comunicar públicamente que os veciños da parroquia queren, din, están en contra, postúlanse...
Din que de valentes está o cemiterio cheo, e no de Tirán seguro que tamén os hai, pero cobardes, hainos en todas as casas, nas da parroquia de Tirán e nas das demais parroquias. E falo de valentes e cobardes, porque resúltame moi cobarde tentar facer pública, no sentido de que atañe a todos os veciños e todos os veciños se postulan, notas de prensa, comunicados,... Moi cobarde. Se tanta valentía houbo para levar a cabo todas esas accións, emprendidas, como dixen antes, por un grupo moi reducido, ¿Por qué foron tan cobardes de non poñer o seu nome nesas denuncias públicas e comunicados que saían na prensa? ¿Con que autoridade se permiten sinalar a unha familia públicamente dende un anonimato irreal? Porque non fan público o nome das persoas, dos veciños, das familias que están detrás, para que do mesmo xeito que sinalan a familia que vive "na casa da chulera" o resto dos veciños do Morrazo (porque os de Tirán, que somos moitos, xa sabemos a quen temos) poidan saber quenes son os que sinalan dende o anonimato que lles supuxo dicir que falaban polos veciños de Tirán.

Para min, moi loable a vosa actitude, de defender o que creistes que debíades defender, chegando a donde fixo falta, pero as vosas maneiras lexos de loables, resúltanme reprochables e denunciables.

Gustaríame que os que din falar polos veciños de Tirán, fixesen público do mesmo xeito, vía comunicado á prensa quenes foron os veciños "da casa da chulera" que chegaron a Estrasburgo; porque o igual que antes, non sei de ningún caso, no que se lle fose a preguntar a algún veciño se quería ir ata Francia...

Como ben dis ti, non os veciños de Tirán, foron 7 anos de enganos, así que hoxe, os que estades tan ledos con esa sentencia xudicial, tedes na vosa man acabar cos enganos que aínda quedan, non faledes máis en nome dos veciños de Tirán, porque non representades a ninguén máis que a vos mesmos, e así, os demáis veciños de Tirán, Moaña, Morrazo,... tamén poderemos sinalar as vosas casas e as vosas familias para loar ós salvadores do parque de Tirán e mesmo algún día nos consensuamos para poñervos entre os columpios unha placa para a posteridade.

A ver si fas bo iso que dis de que "a verdade sempre sale".

Gustaríame dicirlle o Sr. Juan que iso de que "a culpa foi do señor millan de deixar pasar tanto cando sabia a verdade con escrituras na man e como era amigo del facia a vista gorda". Creo que a idea de lexislación, urbanismo ou xustiza que defendes dista moito da legalidade, e aínda que iso que ti defendes se estilase moito pola pel de touro adiante, nestes días estamos a ver diariamente as consecuencias que trouxo tanta tropelía, é inmoral que culpes a un alcalde dun conflicto veciñal, é o mesmo tempo cargues na súa persoa a responsabilidade de solventalo, cando se abriu unha causa xudicial que é a que ten que dictaminar sentencia e en base a esa sentencia terase que actuar. Hoxe festexas esa sentencia, pero querías que o que foi alcalde hai sete anos fixera o que ti querías no? En que mundo vivimos?
Existindo unha causa xudicial aberta, o alcalde, o concelleiro de urbanismo, o inspector técnico, ninguén pode facer nada cun proceso xudicial aberto, é ilegal. Fervenza que é ¿o salvador?, Basando as súas actuacións en sentencias xudiciais que aínda non se tiñan producido, tomando parte nun proceso xudicial aberto pendente de resolución? 2+2=... A ver se mo podes explicar.


Como veciño da parroquia, dame vergonza que te despidas deste xeito: "Saludo pos que apoyaron os veciños e po resto AJO y AGUA". Entendo que a min, por non apoiar a entifazada pública que algúns veciños emprenderon contra outros non é extensible o saudo, pois vaia, así nos vai, a min gústame saudar polos camiños de Tirán a todos os veciños, tamén a aqueles que teñen un postulamente ou ideas diferentes ás miñas, tamén ós que descoñezo que postulamente ou ideas defenden, ou incluso ós que teñen un pensar ou defenden un Tirán máis semellante ó que eu quero.

É unha mostra da radicalización do conflicto, e por suposto, de que nin ti, nin os veciños do entorno "da casa da chulera" falades en nome de ninguén.


Quixera deixar claro, que me alégro de que por fin exista unha sentencia xudicial e o conflicto se acabe. Prodúceme vergonza o uso que se fixo do nome da colectividade veciñal de Tirán neste conflicto. Agardo que non volva a ocorrer, e bon seguro non serei o único que vele porque así aconteza.

Para a seguinte entifada, a da usurpación do espazo público do parque de Tirán, non estaría demáis que os que durante tanto tempo impunemente dixeron falar en nome dos "veciños de Tirán" xa dende o comenzo se establezan como plataforma, colectivo, ou sinxelamente firmen co seu nome e apelido as denuncias públicas e comunicados ó sensacionalista Farol de Vigho, xa que ninguén fala en nome de nadie.


En resposta ó que firma como Tirán, "Unha vergoña, lamentable espectaculo" Non podo estar máis de acordo como xa dixen. En relación ós cartos para o parque se buscas na emeroteca do Farol de Vigho, atoparás explicacións suficientes para respostar a túa curiosidade, sen ir máis lonxe. ¿Pero sabes que me preocupa máis aló dos 12.000 euros destinados ó parque de Tirán que finalmente se investiron noutras obras no concello de Moaña? A min o que me preocupa son os centos de miles que según dín lle pagaron a unha empresa para que realizase as obras no tramo da Masandía, o acondicionamento da baixada á igrexia de Tirán e o asfaltado do camiño que sube dende o mirador da Masandía ata a Carrasqueira. Eses cartos que non eran 12.000 euros senon VARIOS CENTOS DE MILES de euros, e que polo visto se lle pagaron a unha empresa que nin tan sequera deixou rematada unha das tres partes para as que se aprobou e concedeu ese presuposto. Onde están eses VARIOS CENTOS DE MILES de euros. Porque invertidos non están, xa que as obras están sen rematar e sen facer... ¿Quen o pode explicar? E isto é un burato na intervención máis importante que o concello ía acometer na parroquia en anos, e o final papel mollado e os cartos?? Disto non pasaron 7,6,5,4,... anos, isto foi fai uns meses. Ninguén dixo que eses cartos se empregasen noutras obras do concello. Eses cartos eran un presuposto oficial concedidos a unha empresa trala licitación pública dunhas obras que en dous tercios non se realizaron, nin se comezaron e no tercio restante está sen rematar. Onde están esos VARIOS CENTOS DE MILES de euros destinados a Tirán? Non che doen máis estes que os 12.000 que seu día se destinaron para o parque e finalmente se empregaron en outros parques infantís do concello. Son muitísimos máis e estes ninguén dixo donde están.

Así que non podo estar máis de acordo contigo, usuario que firmas como Tirán, "...o de sempre, os intereses politicos daljún. Así funcionan moitas cousas, dependendo de donde sople o vento."


os veciños de Tirán son muitos
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL03-05-2013
Por certo e que se me olvidou de dicilo, Millán era o alcalde de Moaña cando os 12.000 euros destinados para o parque de Tirán finalmente se empregaron noutros parques de Moaña. Decepcionante.

Pero FERVENZA é o alcalde de Moaña que aprovou a licitación da obra da barronca da Masandía, acondicionamento da baixada a igrexa parroquial e asfaltado do camiño que vai dende o mirador da Masandía ata a Carrasqueira, unhas obras presupostadas en VARIOS CENTOS DE MILES de euros. Que non se chegaron a poñer en marcha, en dúas tereceiras partes, baixada a igrexa e asfaltado, e que quedou sen rematar na única parte do proxecto que se puso en marcha. ONDE ESTÁN ESES VARIOS DE CENTOS DE MILES de euros que suporían a inversión máis importante na parroquia en anos. Quen os levou? E S C Á N D A L O
os veciños de Tirán son muitos
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL03-05-2013
se uns foron vos outros lle ganan por goleada xa que este facurello solo mira para o seu cu nada mais,ou e que solo os de tiran son os fastidiados jajajajajaja mirade o que fai o facurello e despois falades como tedes que falar
jaja
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL04-05-2013
SÑR MILLAN OU O CAUDILLO.
Foi o enemigo numero 1 de tiran non era o feudo del solo algun amigo,e claro e normal que levara os cartos pa outro sitio.
XA XA
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL05-05-2013
xaxa, cobarde, tes unha cita pendente con modas la viziosa. Ahi non te atreves, pedazo de home, pero a sair aqui a falar parvadas e esconderte si. DA A CARA
fora de casa
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL05-05-2013
Después de leer la cantidad d idioteces que se atreve a escribir esta persona q firma con el nombre "vecinos de titán somos moitos".no pudo resistirme a contestarle. Para empezar se nota que no tienes ni idea quienes son los vecinos de tiran.porque somos muchos los que fuimos a ayuntamiento a aguantar los desplantes del señor Milllan q ni siquiera dejaba que expresar nuestra protesta.eramos muchos los que estábamos unidos por defender algo que es nuestro para nuestros niños. Claro los que somos de tiran lo defendemos. Pero claro siempre tiene que a ver un listo como tu que lleva la contraria y defiende a una familia que no tiene nombre las cosas que hace y que pretendía hacer. Y apoyando al que expone esta noticia firmo como. Enhorabuena a los vecinos de tiran y los que no estén contentos AJO Y AGUA.
Yo
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL05-05-2013
Bueno totalmente de acordo que fomos muitisimos os que sufrimos os desplantes de ese sujeto, que pa mi foi un dictador que non nos deixaba falar e que solo valia o que el impoñia, e hiso solo ten un nombre dictadura pura e dura.
XA XA
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL06-05-2013
En contestación a persoa que firma como "Yo".

Eu non vou descalificar as túas opinións e comentarios como idioteces, porque creo que o que queda aquí escrito fala por si solo. Dudo moito que leses o meu comentario; permitíndoche o beneficio da duda, pídoche que cites onde defendo algunha actuación URBANÍSTICAMENTE ILEGAL ou mesmamente unha defensa manifesta á esa familia. Relee anda.

Teño a sensación de que o que non che gusta ("... me gusta cuando callas porque estás como ausente...") é que se diga públicamente que nunca foi máis que un conflicto entre veciños, no que unha das partes erixiuse dicindo falar no nome da comunidade cando iso non era así. E sinxelamente é así, a parte "da casa da chulera" non, a outra parte do conflicto era un grupo de persoas, veciños, pero non eran a colectividade nin falaban en nome da colectividade. Hai máis opinión que a dun mesmo.

Por certo, hai moitos xeitos de defender o que un "cree que é seu", e os feitos me remito, é obvio que reunións, protestas, comunicados de prensa, mentiras (por suposto), non serviron de nada, o único que serviu foi recurrir á xustiza para que un xuiz dictamine sentencia segundo á legalidade vixente. O resto é fume, pero como nos gusta o fume. A xustiza adoita darlle a razón a quen a ten e quitarlla a quen non a ten, coma neste caso ou en tantos outros.


Cito: "...Para empezar se nota que no tienes ni idea quienes son los vecinos de tiran... ...eramos muchos los que estábamos unidos por defender algo que es nuestro para nuestros niños..."

Por desgracia ou por fortuna, aínda non o teño moi claro, sei ben quenes foron, quenes son e quenes serán os veciños de Tirán, levo toda a miña vida vivindo en diferentes partes desta parroquia, polo que coñezo os veciños, os barrios e os veciños dos barrios. Ti non sei se os coñecerás ou non pero sinxelamente non me importa, non lle vexo a relación co que expresei no primeiro comentario. Todos os veciños, todos, en maior ou menor medida saben de que iba o conflicto do parque de Tirán, e de igual xeito saben quenes eran uns e quenes eran os outros, como dixo o autor da denuncia, foron 7 anos, é deron para moito.

Cito: "...Pero claro siempre tiene que a ver un listo como tu que lleva la contraria y defiende a una familia que no tiene nombre las cosas que hace y que pretendía hacer..."

Listo pouco, nin máis nin menos que calquera outro veciño de Tirán. O mellor é que a min gústame chamarlle as cousas polo nome, e o que non me gusta nada é que digan falar no meu nome, nin que se trate de enganar a xente dicindo falar por a colecitividade cando non é certo. Xa cho dixen, dudo moito que leses o meu primeiro comentario porque unha de dúas, ou non entendeche o motivo real do meu comentario, ou obviasno e tratas de poñer o foco noutro punto porque non che interesa.

Como xa che dixen ó principio, en ningún momento defendín as ilegalidades urbanísticas que se realizaron nesa casa. Eu non falei das propostas de solución, sacáchenas ti, pero tamén che digo, por abordar os temas de fronte e non escurrir o bulto, que por suposto que son contrario o que se chegou a propoñer. Pero quero deixar patentes dúas cousas, sinxelo e clariño para que se entenda:

É LEGAL, que un veciño acuda á súa casa dende un espazo público. Para mostra dicirche que en Moaña, noutras parroquias dase este mesmo caso. É dicir, noutras parroquias de Moaña, existen casos nos que algún veciño accede a súa propiedade dende un espazo público. Por suposto, cada caso é diferente, pero con datos e información que non "idioteces", como ti dis, chamándolle as cousas polo nome.


Outra cousa que me gustaría tratar en relación á defensa que segundo tí fago de esa familia é a relacionada é o feito de que se lles sinale dende un anonimato irreal. Xa o falei no primeiro comentario, pero como xa che dixen, dudo que o leses, e se foi así ou non entendiche o que lías ou desbías deliberadamente o punto de atención.

Esa familia está sinalada por todo este conflicto. Defende a súa causa que será máis ou menos xusta, legal ou ilegal, pero todo o mundo, xa non so os veciños lle pon cara. E a outra parte, cando ti emprendes unha acción, ten consecuencias, o que non podes e tirar a pedra e agochar a man. Non podes ir o concerto de Manolo Escobar e tirarlle ovos dende o medio da xente para que non se sepa que foche tí. Hai que comportarse como unha persoa, e se non estas de acordo fasno público, que a tua postura é TOTALMENTE LEXÍTIMA. Pero aquí non, aquí queremos reclamar o que temos dereito a reclamar pero que non se saiba que son eu, que non me miren, que non sinalen a miña casa, que non sinalen a miña familia, porque eu defendo o que creo que debo defender; de ahí o refuxio no nome da colectividade, por cobardía, por vergoña, e algunha cousa máis.

Pois esta é a defensa que segundo ti fago desa familia. Se para tí o é, perfecto, pero ó igual que antes non me importa. Xa te debeche dar conta que eu non o vexo así, e agora preguntaraste, e se non lle importa porque me responde e porque se lea tanto escribindo sen parar cousas e cousas??? Moi facil, porque non me gusta que se terxiverse e se lle de a volta as cousas, e menos as miñas palabras.



Cito: "...porque somos muchos los que fuimos a ayuntamiento a aguantar los desplantes del señor Milllan q ni siquiera dejaba que expresar nuestra protesta..."

Como non dubido da veracidade do que falas, so podo remitirte ó final do meu primeiro comentario, decepcionante por parte de Millán. Tratar ós veciños con desplantes non debera ser en ningún caso.

Aínda que, casualidades da vida, acabo de lembrarme dun desplante memorable, o que lle fixo o actual alcalde fervenza, á colectividade dos veciños de Tirán, cando dixo públicamente, nun acto aberto na casa da cultura, que as obras na barronca da Masandía, o acondicionamento da baixada a igrexa e o asfaltado do camiño que vai dende o mirador da Masandía ata a Carrasqueira, non se levarían a cabo sen que antes el se reunise cos veciños para escoitar as súas propostas. Toma desplante. O mellor é que como o tema aínda está sen facer, está pendente de poñerlle data a esa reunión e recepción de suxerencias e demandas.
Mira ata un veciño da parroquia tivo a ben elaborar un proxecto técnico alternativo gratuito (que o fisexen gratis non quere dicir que non custase traballo, tempo e cartos realizalo) que o alcalde (FERVENZA) comprometeuse públicamente a que sería estudiado por el e por os técnicos do concello e despois a realidade foi que a concesión do proxecto se fixo antes incluso da data consensuada con este veciño para presentar ese proxecto. Toma desplante, ¿ou tomadura de pelo?


De tódolos xeitos, eu que son moi así, cando leía o teu comentario, concretamente ó chegar a esta parte que citaba na última vez, por un momento, pensei que en vez do parque de Tirán estabas falando do conflicto de Albariños. Por uns intres pensei que te estabas confundindo de protesta, logo a cabeza aínda se me foi máis e pensei que podería ser que toda esa colectividade veciñal ó mellor aproveitaba o momento de reunión e xa aproveitaba para protestar polos dous conflictos, dende logo que cousas ten un, a cabeza xa non traballa coma antes, moito divaga.

Agora que o penso, mira que gracioso, no tema de Albariños un grupo de veciños postulábase nun conflicto e tamén dicía falar pola colectividade, vaia, que casualidades, mira tí. Terei que investigar un pouco para poder falar con datos e informacion ("idioteces" segundo tí) se este mal, o de que uns poucos/unha parte (para que non te alporices) da colectividade di falar no nome do conxunto sen ter en conta o resto da mesma é propio da parroquia de Tirán ou tamén acontece noutros lugares. Dende logo curiosa esta coincidencia, ¿non che parece?


Para ir acabando, hai outra cousa que me parece que non entendeche, no meu primeiro comentario, cando me fago eco das testemuñas doutros usuarios, cito: "...""Unha vergoña, lamentable espectaculo" Non podo estar máis de acordo como xa dixen...""
É vergonza, pero vergonza alléa, retranca...

Por último, gustaríame que unha persoa coma tí "Yo", perfecto exemplo de veciño/a de Tirán loitador/a inesgotable do que é noso, e porque non, tamén o afamado XA XA (xa sei por onde vas salir, pero por ver se me sorprendes, se sona a flauta e non repites o conto, pero bueno se non te ves con forzas case mellor que non digas nada XA XA), Tamén "Juan" ou o usuario que firmaba como "Tirán" Digades aquí públicamente, pero o mesmo tempo agochados tras un pseudónimo apócrifo, que vos parece o tema de: Os Cartos Desaparecidos na Barronca de Tirán (¿gústavos o título?) Tamén podedes suxerir algún se queredes, estou aberto a propostas, sempre é mellor consensuar).

Mira "Yo" que con eses cartos, os do presupusto oficial aprobado e adxudicado (pagados) polo alcalde (FERVENZA) a unha empresa para a execución dunhas obras (dous tercios sen comezar e o tercio restante sen rematar) os veciños de Tirán poderíamos ter un parque infantil en cada barrio, cito: "...por defender algo que es nuestro para nuestros niños...". Pois non sei se chegache a leer a "idiotez" (segundo ti) de que eran VARIOS CENTOS DE MILES DE EUROS que non foron para outra obra no concello ou para mobiliario para outro parque, e dicir, non se empregaron noutro lado, non hai facturas diso, DESAPARECERON, déronllos á empresa ou iso din.

Iso non vos doe? Paréceme a min que vai a resultar que non erades tan defensores do que é voso ou para os vosos nenos...


En canto o da firma xa o dixen unha vez, pero como non leche o anterior comentario ou interésache desviar a atención do punto de atención (isto tamén o dixen) remítote a miña primeira intervención: esas maneiras non son máis que a mostra da radicalización dun conflicto veciñal.
os veciños de Tirán son muitos
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL06-05-2013
Desculpade, un erro, despois de pseudónimo apócrifo, vai COMA MIN. Tal dose de retranca non pode ser tan sobervia.

Quedaría tal que así:

Por último, gustaríame que unha persoa coma tí "Yo", perfecto exemplo de veciño/a de Tirán loitador/a inesgotable do que é noso, e porque non, tamén o afamado XA XA (xa sei por onde vas salir, pero por ver se me sorprendes, se sona a flauta e non repites o conto, pero bueno se non te ves con forzas case mellor que non digas nada XA XA), Tamén "Juan" ou o usuario que firmaba como "Tirán" Digades aquí públicamente, pero o mesmo tempo agochados tras un pseudónimo apócrifo, COMA MIN, que vos parece o tema de: Os Cartos Desaparecidos na Barronca de Tirán (¿gústavos o título?) Tamén podedes suxerir algún se queredes, estou aberto a propostas, sempre é mellor consensuar).
os veciños de Tirán son muitos
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL06-05-2013
Preguntas:
¿si falades en nome dos veciños de Tirán, por qué a denuncia non ha fixo a Asociación de Veciños?
¿Será porque encargachete de dinamitala con este tema e a maioria foi pa casa para non enmerdarse?. Unha Asociación exemplar na defensa de Tirán que foi polo mar a baixo pola tua culpa.
¿O problema co veciño cómo xurde, de qué decisión municipal xurde?. Si, do permiso dunha concelleira de Tirán que estaba no goberno Barreiro. ¿Coñécela, o non che soa de nada?
¿Si había unha denuncia xudicial interposta? ¿Qué pretendias?, que o alcalde de turno fora de LLanero Solitario por enriba das leis sin esperar o resultado do xuizo. Nun estado de dereito hai que esperar as sentencias e non facer como algúns poñendo duas pedras e logo avisandovos para que non as deixaran retirar POR ORDEN XUDICIAL.
Unha última pregunta. ¿Paréceche que esas pedras son o máis adecuado para un Parque Infantil? ¿Non supoñen ningún peligro pos nenos?
Do con
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL14-05-2013
so dicir que os veciños de Tiran que son moitos merecen un respecto e os problemas que teña un veciño co concello, non e para que personaxes fascistas como o xaxa, falen desta parroquia que a desprestixias, o mais triste e que te estas cargando este foro coa complicidade das persoas que o levan . Moitos veciños coma min, me consta que deixaron de entrar aqui en parte polas animaladas que soltas . Non estaria de mais que te deixaran so a ti e os fachas do pp . O moderador dicirlle que salga a rua e escoite as opinións da xente . E moi duro que morra xente polas politicas do pp e este animal empregue este foro para rirse e dicir que o fan moi ben .
kantri
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL14-05-2013
Jajajjaja que risa me dades sobre todo os q parece des abogados falando blablabla Catrocentos parrafos pa decir nada.en resumidas contas muro o canto retranqueo e tirolina e punto ves que rápido jajajj sin tanto blablabla
Xaxa
RE: POR FIN A XUSTIZA DESENMASCARA A CHULERA E O ANTIGUO GOBIERNO MUNICIPAL15-05-2013
bla bla bla bla bla


a ver si en resumidas contas eres capaz de dicirme donde están eses VARIOS CENTOS DE MILES DE EUROS do proxecto licitado a unha empresa que non acometeu esas obras? ONDE ESTÁN? Vai correndo a preguntarlle a fervi, a ver si é que coa luz apaghada extraviounos.

A tirolina non é máis que un engañabobos, un argumento pobre para tentar tapar a merda.
Xosé M. A.
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados