Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MARíN, BUEU, MOAñA E VILABOA SEN REXISTRO CIVIL.23-03-2013
Haz click para ampliar Desde o Colectivo Nacionalista de Marín queremos denunciar a pretensión do goberno do Partido Popular de traspasar a xestión dos rexistros civís aos rexistros da propiedade inmobiliaria. De se levar a cabo esta nova iniciativa privatizadora os veciños e veciñas de Marín teremos que desprazarnos a Pontevedra para realizar as xestións que agora vimos facendo, gratuitamente, na nosa vila, como o rexistro de nacementos, matrimonios ou defuncións. Unha dobre discriminación, primeiro pola privatización e o pago do servizo, e segundo por non termos en Marín rexistro da propiedade e ter que desprazarnos até Pontevedra.

Co pretexto dunha suposta mellora na atención á cidadanía vaise pór a disposición dos rexistradores da propiedade un servizo público, como son os rexistros civís, cando na pasada lexislatura o ministerio de xustiza investiu 130 millóns de euros en modernizar as aplicacións informáticas do rexistro.

Esta modificación lexislativa ten dous claros obxectivos: unha é a privatización dun servizo público e a outra favorecer os rexistradores da propiedade, casta privilexiada á que pertence o propio presidente do goberno(1), dous dos seus irmáns e a nora do propio ministro de xustiza.

A privatización do rexistro civil suporá a eliminación dos xulgados de paz e, xa que logo, dun bo número de postos de funcionarios/as públicos, uns 3.000 postos de traballo segundo os sindicatos. Estamos ante unha medida máis de redución do déficit público cargando os custes, unha vez máis, sobre a cidadanía independentemente dos seus ingresos.

Este despropósito do Sr. Gallardón vai deixar sen xulgado de paz a centos de concellos (como os veciños concellos de Bueu, Moaña e Vilaboa), que desta forma quedarán desatendidos tendo os seus habitantes que desprazarse para realizar calquera tipo de xestión, como a solicitude de certificacións para trámites administrativos, nacementos, defuncións, etc. Como vai suceder en Marín.

Desde o goberno do Partido Popular estase a dicir que o rexistro dos nacementos e defuncións será de balde, non así os matrimonios, mais o que se está a ocultar á poboación é que haberá que pagar polas certificacións. Así con esta medida preténdese compensar a caída de ingresos dos rexistradores da propiedade pola crise e a baixada na venda de propiedades garantíndolle uns ingresos fixos e por lei.

Temos que lembrar que os veciños e veciñas de Marín temos que desprazarnos a Pontevedra para ir ao hospital, para acudir ao INEM, á Seguridade Social, á Facenda, a pagar as multas de tráfico do concello de Marín e para poder realizar outras moitas e múltiplas xestións. Marín se non quere acabar convertida nunha cidade dormitorio non pode permitirse o luxo de perder un novo servizo público polo que demandamos unha resposta clara e contundente por parte do Concello de Marín, do grupo de goberno e da oposición, ante esta nova medida privatizadora do goberno do Partido Popular.

(1) Segundo denuncia da Asociación de Usuarios de Rexistros o presidente Rajoy aínda mantén a praza como rexistrador en Santa Pola, o que lle procurou uns 20 millóns de euros.

Marín, 22 de marzo de 2013.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marín


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MARíN, BUEU, MOAñA E VILABOA SEN REXISTRO CIVIL.23-03-2013
Quice ou vinte menos a chupar, total para ó que fan
un
RE: MARíN, BUEU, MOAñA E VILABOA SEN REXISTRO CIVIL.24-03-2013
teñen que aforraer cartos para pagarlle a manuntencion do pai do bocatorta xa que vive a conta dos españois e como iso moitas infamnias mais fachas ladrons e mangantes o necesario non hay
easi
RE: MARíN, BUEU, MOAñA E VILABOA SEN REXISTRO CIVIL.25-03-2013
xa anda un burro solto, un, que xa bota alingua fascista o clareo sen nin sequera ler a denuncia, asi vamos con tanta basura fascista
kantri
RE: MARíN, BUEU, MOAñA E VILABOA SEN REXISTRO CIVIL.25-03-2013
Ala sa está o BOCAZAS a mirarse ao espello e a falar consigo mismo
un
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados