Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
freizeit bekanntschaften köln
Indispensables
Donde ...
Guia
CESE DO DIRECTOR XERAL DE MONTES10-08-2006
Está claro que durante este ano non se fixeron adecuadamente os deberes. O resultado é a improvisación e descordinación que estamos sufrindo no tema dos incendios dos nosos montes. Está funcionando, como sempre, a cidadanía e tamén funcionan algúns dos organismos do estado, cousa que non pasou no Prestige, pero non se fixeron os traballos previos. Os que mantivemos un claro nivel de esixencia e pedimos responsabilidades durante a crisis do Prestige debemos ser coherentes e manter unha actitude parecida. As catastrofes ecolóxicas hai que pagalas políticamente : cese do director xeral de montes.
Silencio


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CESE DO DIRECTOR XERAL DE MONTES10-08-2006
Pedíades o cese cando arderon 30.000Ha durante a lexislatura pasada con moita menos coordinación e mais espallados no tempo que agora? Si se demostra a implicación de algúns resentidos qué? ai que pedir un corpo especializado de bombeiros e de protección contra o lume, ai que pedir sancións para os comuneros cando non limpan os montes da sua propiedade o longo do inverno para que non se acumule a broza no vran, e ai que pedir duras penas de cárcere para os incendiarios intencionados ou non ( sen excusarse na demencia para evitar as penas e non ir o cárcere) e o cumprimento íntegro.
O que é impensable é que por moitos medios dos que se dispoña se poida estar en 150 lumes o mesmo tempo e no momento en que prenden cando cerca xa están plantando outro.
RE: CESE DO DIRECTOR XERAL DE MONTES10-08-2006
Eses 150 incendios en tan corto prazo, tan medidos e controlados en canto a situación meteoroloxica e no discurrir dos focos, esta ben claro que non e cousa de un piromano calquera, e ainda teñen a jeta os peperos de andar a pedir dimisions. Debe ser que non lles caiu ainda a cara da vergoña de mirar o Rajoy facendo o paripé coa mangueira pra sair na foto.
Esto non e un incendio calquera, señores del PP esto e puro terrorismo, con premeditación, alevosia e nocturnidade, esto non e un Prestige donde un barco se afunde cheo de fuel e os gobernantes non fixeron o que tiñan que facer, que por outra parte era ben facil evitar.
Da maneira que prenderon estes non houbo maneira, nin remedio, nin medios .... o fixeron a concencia e sabian ben o que facian, venganzas politicas, despecho. Xa se saberá todo.
paco
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados