Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
life journey essay
Indispensables
Donde ...
Guia
E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....16-11-2012
Haz click para ampliar A desbordante imaxinación que caracteriza ó PP e o seu "ilustrísimo" en Cangas non lles da para máis que para insistir naquilo que tan ben lle foiu a algúns e que é a causa da situación actual: NENO, MÁIS MASSA!!
>> Ampliar datos xa estamos nas 18.500 vivendas para 26.000 habitantes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....17-11-2012
Tes razon meu amig@ somos efectivamente un dos ùltimos anacos do pastel que queda na mesa , ese pastel envenenado que fodeu un estado enteiro , e agora para non ser menos queren que dunha vez entremos na saqueta .
O mesmo artista xa o intentou na sua anterior lexislatura , desta vez con menos cartos e con moita mais crise non pode permitir que se lle escape.

A gran panacea o cartiño rapido sen planificar o futuro iso e o que busca o individuo en cuestiòn , desta tennas todas con el , e utilizarà a desgracia da xente que està no paro (por culpa da burbulla inmoviliaria) para convencer a todo mundo de que as urbanizaciòns de chalets adosados son o noso futuro e que nos van quitar da crise os portos deportivos etc...
Traballo para esquivar a fame de hoxe e agrandar a de mañan.
CANGAS O ÙLTIMO REDUCTO PARA A ESPECULACIÒN
RE: E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....19-11-2012
A min chámame a atención o desnorte total dos políticos e da propia xente ante, xa non a situación política de corrupción pura e dura que estamos a vivir, senón co descontrol interesado do sistema económico actual e as direccións pouco prometedoras nas que parece ir.

Pasamos dun sistema económico coa base posta no sector primario, sobre o que se asentaba unha industria transformadora e tras a que estaba un sector servicios que completaba o sistema a unha economía absolutamente especulativa na que existe unha cantidade desproporcionada de diñeiro especulativo, moi superior ao que move a economía real e que está a ser movido dun xeito totalmente arbitrario, en función dos beneficios que reportan xogar como quen xoga na ruleta con ese diñeiro especulativo. Así, sectores básicos como a agricultura e a pesca, estan vendendo os seus productos a prezos irrisorios que producen salarios escravistas, mentres os sectores burbulla, moitos deles de economía ficticia, como pode ser a construción de casas que realmente non fan falta, vanse alimentando de créditos ficticios e creando buracos monetarios e beneficios especulativos que están moi lonxe do cacareado pretendido beneficio da competencia de mercado.

Ásí, o noso sector pesqueiro, de fabulosa riqueza e posibilidades está sendo machacado pola contaminación, pola artificialización da costa e pola marxinación económica mentres os páxaros especulativos que sempre defendeu Sotelo e o PP continúan a rapiñar os recursos públicos e a efectuar unha laboura puramente destrutiva, sen nadfa que ver coa laboura organizativa que se supón deberían ter os cargos na administración pública.

Cómo saír desta espiral destrutiva?. Eu penso que a única posibilidade está na cración de redes económicas totalmente alternativas as existentes actualmente. Xa non estou falando de variar o entramado de poder político, falo de tecer de novo unhas relacións económicas xustas prescindindo do sistema absolutamente viciado que nos teñen imposto..............
e matalos de fame, ostia
RE: E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....20-11-2012
"e matalos de fame, ostia" moi ben expresado!!!
Aclara d`or
RE: E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....22-11-2012
Moi de acordo co anterior exposto.

Analizando o nome, Partido Popular, parece ser que este era o obxectivo deste partido, facer un PARTIDO POULAR, facer unha partición na sociedade diferenciando ben as clases sociais.
Non estou defendendo a ningun partido, pero o PSOE tamen parece estar no allo.

Proposta: Xa que dende que hay democracia paracticamente gobernaron uns e outros, o unico que se pode facer é unha lista con as LEIS que favorecen
1. Os partidos maioritarios, sacando representación os minoritarios e as zonas menos pobladas, facendo que se repartan o poder conseguindo a maioria que dous ou unha idea prevareza, facendo pactos antisociais, e incluso anticonstitucionais como desaucios (dereito a vivenda é constitucional), evasions fiscais (as "sicaps", ou a lei de "branqueo" para diñeiro non declarado. etcc....
2. Facer publicas as grandes compañias que por politiqueo e xustificadas fraudulentamente, fixeronse privadas por seren ruinosas e agora son das mais potente a nivel mundial (Telefonica, Unión fenosa, etc..) que xa coa infraestructura feita a costa dun pais evitan o enorme custo que supondria partir de cero e competir en igualdade de condicións.
3. Responsabillidade penal para aqueles que cos mesmos informes e estudios inxustificables xustificaron a creación de aeroportos, museos, cidades da cultura ( a nosa) ou ciencias (valencia) ou expos (zaragoza), palmas arenas, piscinas de cangas, etcc.. e autorizaron o despilfarro do diñeiro publico que, se non se gastase, foi o que nos crea a nos agora esta situacion de crise, A DEVEDA CREADA e o que nos lastra.
3. Mais propostas deste tipo que calquera cun puco de obxectividade polo ben comun podria propoñer, que fosen humanas, sociais,realistas, tamen ecoloxicas, asi non aparecerian illas de merda do tamaño de mallorca no Pacifico, cuidado da natureza, QUE TAMÉN É RIQUEZA., etc...

NON é unha CRISE o que vivimos é una CONTINUADA MALA XESTIÓN.
o seu nome o indica
RE: E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....22-11-2012
Supoño que "o seu nome o indica" faltalle dicir que todo isto haberia que cambialo.
Como iniciativa esta ben, pero para facer iso e mais un cambio social, terian que cambiar cousas como:
o amiguismo,
que todo o mundo cumplira as leis e normas (os reais decretos son imposicións, vease legislatura actual),
que non hubera fraude fiscal, diñeiro en B,
Meterlle man a iglexia, porque moito predica pero fannas coma calquer pecador (por certo agora xa non hay burro no pesebre, nin baca, nin REIS MAGOS,... a este paso non haberá nin DIOS)

Ou sexa todo o que si miras en paises nordicos cumplese a raxataboa (si existe o palabro este), etc o que se ven chamando CIVISMO é CULTURA, que por estes lares escasea.

así que amigo, razon tes, coma calquera que olle o que pasa e cómo pasa, pero está FODIDO O TEMA porque dentro de pouco a estocada final, ironicamente chamado RESCATE.

Isto pasou a Principios de seculo os EEUU cando petou a baca americana, e mentres facian eles RECORTES, en Europa facian outra politica, e hasta que a aplicaron non sairon da crise.
VOLVE A PASAR OUTRA vez pero neste caso os RECORTES aplicanse en Europa (nunha parte de Europa).

HASTA QUE O VEXAN, NO CHE HAI NADA QUE FACER.

ou haberá que facerllo ver?.........


Faltache o final, ou?
RE: E 10.000 CASIñAS MáIS VAN QUEDAR DE MARABILLA....22-11-2012
Como o control dos cartos dos nosos impostos está en mans de ladróns, debéramos cortarlles o suministro e sumerxir toda a economía, prescindindo incluso da súa moeda, realmente non fai falla muito, xa miramos como as empresas incluso as grandes están caíndo coma pezas de dominó. O pequeno e flexible ten máis posibilidade que o grande e ríxido. Consume local e traballa para a túa comunidade, non para os chupóns.
pechar o grifo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados