Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
dating a person with autism
Indispensables
Donde ...
Guia
4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
hoxe é Luns 7 de agosto de 2006, non hai moitos días en todos os medios se facia propaganda política a esgalla, o ano pasado arderan mais do dobre de hectareas no mes de xullo que este ano, moi bonito, moitas medallas, e reducción de personal e baixada do nivel de alerta, todo cojonudo. Eu non sei o que ardería o ano pasado, non teño unha cinta métrica tan grande, pero si sei o que arde este ano porque o vexo, e é unha vergonza. A miña parroquia, Domaio, xa desapareceu pasto do lume, bueno, está esaparecendo, porque o que quiedaba por queimar, a Borna, Chan da Arquiña e San lourenzo ainda están ardendo agora, supoño que mañá xa non quedará nada. O tema é que en tres días os de aquí andibemos polo monte coma tolos apagando aquí e alá, é penoso quedespois de apagar un lume non teñamos medios para botar auga e que non se reproduza, ó final non se deu atallado e agora o problema é de Meira, vaia por deus. Para que vexan que o final a todos nos toca, e isto vai de crítica tamén para eles, que se viñeran axudar algo ata aquí o mellor quedarba aquí todo,pero... é o que hai. Está claro que cada un atende o seu.
Bueno, penso que ós políticos han estar ben apenados xa, sobre todo porque os van denunciar os tan codiciados turistas por publicidade enganosa, ¿onde está a Galicia verde , rica e bonita que lles querían vender nos anuncios? agora chegarán e verán un mointe negro chapapote, cheo de cinza e ábores secas. Isto é o que hai, pero non aprenderán nunca. ¿Por que non exite plan de coordinación veciñal para estes casos? ¿por que non hai medios mínimos para estes casos? ¿por que os bombeiros non permiten a colaboración veciñal e empeñanse en ser estrellas do tema? Os veciños pdemos colaborar, e así o fixemos, pero non aguantamos que se rían de nos e nos digan que somos inutiles, nos facemolo polo noso monte, non por 30€ a hora, so pedáimos un pouco de colaboración.
Son tantas as cousas que se poden decir que non remataría nunca. por certo, o mente segue ardendo e como din o sprofesionais "tranquilos que lo malo ya pasó, ahora en cuanto no haiga nada mas que arder ya se apaga por si solo". Vaia por Dios.
Cuadrilla do botellón.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Onde están touriño e quintana,ahora xa non está Fragua para botarlle a culpa,seguide preocupandovos de si o estatuto pon nación ou pon merda que iso é o que nos vai salvar,seguriño,xa estamos fartos de tanta pamplina,pp,psoe e bloque non fixeron nin farán nada por erradicar esta lacra de incendios que sufrimos ,dende que teño uso de razón vexo arder os nosos montes e as medidas seguen a ser as mismas,igual están a esperar que a xente se mobilize como cando foi de prestige coma parvos a sacarlle o morto de enriba ós politicoa baratos que temos neste asqueroso pais
MANUEL
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
animo a todala xente que esta axudando dunha maneira incansabel por apagar o lume , o rencor non nos leva a ningun sitio, e bravo pola xente de meira que seguen dando exemplo de solidaridade, .......pero e imposible que uns poucoa cheguen a todos lados.... ou sea que tranquilidade e a colaborar se queres ,se non polo menos esta calado; que a xente das quadrillas son traballadores por un salario de merda ,que en cassos coma este botan 24 horas traballando e ainda teñen que escoitar algun "tecnico" coma ti a botar por fora. E imaxinte as persoas que van de maneira altruista ...... Estou dacordo contigo na falta de medios en casos coma este son evidentes......o resto e botar por fora.....
un saudo
moañes
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
PP, BNG, PSOE.... A MESMA MERDA E
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Graciñas os mozos e mozas de Domaio, estades en todas
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
son de domaio, din un paseo po lo monte ayer, e soio se me ocurre gritar politicos e autoridades sodes uns fillos de puta!!! ademas de axudar donde nesta desfeita sexa necesario. Moito animo pra xente da pé de todos los pobos afectados po lo lume.
xoxe
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Eu creo que todos son uns incompetentes, quitados os veciños que teñen que defender o seu que é o único que teñen. Como é posible que non hai puntos de auga postos estratéxicamente para non demorar os tempos de reacción, que o longo do ano non se preveña nada (limpando as copas das arbores, os pastizais son plovoríns, o toxo fai efecto chimenea ..., Si e moi cómodo deixarlle aos paisanos que collan estrume e ala xa está. E os postos vixías, cómo é posible que non mirasen nada ante tantos focos de lume. E por riba a garda civil, eu non sei si o seprona vai a facer mootocross ou vai a espreita os pirómanos-especuladores como debera. Animo para Aldán, Vilaboa, Vilariño e Meira.
chamuscada
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Un apunte: non son de meira nin de domaio, o lume non chegou a zona na que vivo, aínda que a este paso quedaremos sen unha árbore en todo moaña...ou en toda galicia... pois ben, eu fun ó monte a intentar botar unha man e coma min máis persoas que, vale, a maioría eran da zona pero outra xente non. E paréceme que este non é o momento de botarlle en cara a ninguén que fora ou non fora axudar. Todos nos sentimos impotentes ante o desastre. Cada un fai o que pode, e créeme que dada a magnitude da traxedia, aínda que viñese a parroquia de meira enteira ó rescate, sen medios como helicópteros, camións de bombeiros coas que botar auga pouco fas por que o lume volve prender. Tocou que empezara por Domaio e é unha mágoa ver todo arrasado pero creo que a xente doutras zonas non ten a culpa e aínda que a traxedia tócalle a xente de Domaio máis de cerca o resto das persoas do entorno tamén a sentimos como nosa.
Nestes momentos xa da igual o motivo polo que se prendese lume: que si políticos, que si a industria da madeira, que si a do ladrillo...está claro que algún culpable ten que haber, pero nestes instantes ¡¡¡o importante é que se apague canto antes!!!
Unha aperta para toda a xente que intenta axudar desinteresadamente a apagar o lume, sobre todo para os rapaces de domaio, todo un exemplo a seguir.
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
O que habería que facer é coller ós colgaos que lle prenden lume ó monte (porque o de especuladores do chan ou da insdustria da madeira no cuela ni de coña) e prenderlle lume nas mans a ver se lles queima. Da medo ver para o ceo durante o día, ás veces semella que é de noite polo fume. E menos botar por fora (isto para os políticos) e máis medios que isto é unha vergoña. Xa podía vir a chuvia, porque a este paso vai arder ata o mar.
alien
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Los primeros culpables de los incendios, son los incendiarios. eso es un hecho.

Los responsables de la prevención de los incendios es la Xunta de Galicia. eso es una verdad.

Los que deberian movilizar y cordinar a los voluntarios para alludar a a extinción de los mismos son los ayuntamientos , que miran para otro lado.

EL DATO

A FINALES DE JUNIO SE PRODUJO UN INCENDIO FORTUITO EN LA PLAYA DE BELUSO , (BUEU) durante mas de TRES HORAS Y MEDIA los vecinos se volcaron en contralar el mismo con riesgo propio de sus vidas , los primeros que aparecieron fueron los de proteccion civil a la media hora de llamarlos, pero lo peor de todo fue que los bomberos tardaron tres horas y media en venir. y no fue a mayores por el arrojo de los vecionos.

EL DATO

LO NECESARIO SERIA COMO SE HACE EN OTRAS COMUNIDADES, QUE CADA PARROQUIA DISPUSIERA EN LOS MESES DE VERANO DE UN RETEN DE UN MINIMO DE SEIS PERSONAS CON UN CAMIÓN CISTERNA PARA ACUDIR A SOFOCAR EL INCENDIO CUANDO SE DETECTARA. ESO ES LO MINIMO.

LA LEY

FISCAL ANTI-INCENDIOS , YA ERA HORA..............


LAS PENAS,
condenas de prisión a trabajos de replantacion forestal hasta consegir un bosque parecido al que hubiera ardido, minimo 20 años, sin descuentos .

veras como se le quitaban las ganas a mas de uno.

A DIOS

QUE LLUEVA, QUE LLUEVA, QUE LLUEVA.
QUE SE APAGE PRONTO EL FUEGO
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Está clarísimo,que por moito que lle fastidie os dirixentes de turno,(que de feito lles fastidia)ante catastrofes que desbordan os medios,É O POBO, os veciños os que sacan as castañas do lume,nunca mellor dito,e cando o pobo toma as rendas na defensa do seu,sexa por defender seu patrimonio,seus paixases,por solidaridade etc.Pasou co prestige,e pasa agora co lume,sería un grande erro por parte das autoridades prohibir ou reprocharlle a algun paisano,que renuncie a defender sua casa,súa terra...e como se lle pediran que renunciase a respirar,contra eso nadie pode loitar,cando a coraxe asoma e todos somos uns,non hai quen o pare,e que nadie cometa o erro de facelo.Para mín ese home que morreu onte en Campo Lameiro,ese home de 70 anos, é un heroi,morreu loitando no que el quería,no q
lois
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Pode ser que se interprete mal o que dixen sobre os veciños de Meira, non vai contra deles nin nada parecido. So quero decir que o final estamos todos igual de jodidos.
ese
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
sigo,que sen querer,cortouseme antes.
O que decía ese home que morreu loitando todo un dia contra o lume os seus 70 anos é un heroi,morreu defendendo súas terras,para él certamente súa vida, e dou por certo que voltaría a face-lo se poidera,inda que tivera 80 anos.Pode que alguns o consideren neglixente,pero amigos, a liña que separa a neglixencia da coraxe e moi fina,e en momentos claves non se distingue.Para min neglixencia é dar a espalda,lavarse as mans,quen non pode acarrexar un caldeiro de auga?,bater cunha rama? ou repartir auga fresca para matar a sede que da o calor,toda colaboura e pouca por moi sinxela que pareza.O dia que o pobo non reaccione,ou lle prohiban participar,chegaranos o lume a alma,quedaremos sen montes,sen futuro,e aceptar semellante imposicion,e renunciar a parte mais gloriosa e noble dos seres humans e dos pobos,e renunciar a Unión codo con codo,e sería acollerse o salvese quen poida.Certo é que o pobo unido endenxamais sera venciado,nin por petroleo,nin por lume,nin por leis.Cando os seres humans nos axudamos coa mirada,case sen palabras cun unico obxectivo e cando mais orgullosos deberiamos de estar da nosa razón de ser.O mar é do pobo,tamén o monte, e nin o lume nin os politicos serán quen de defender o noso.,inda que morramos no intento.
lois
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
OLA son un rapaz de Vigo e quero botar unha man pra apaga-lo lume, existe algunha coordenacion pra os voluntarios? podedesme achegar algun telefone pra poñer-me en contato ou algo parecido?
moitas gracias
Alex
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
A miña direcion é aleks182(ARROBA)hotmail.com
Alex
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.07-08-2006
Esto es una tortura china ¡ JODER !! .....
Ya sabemos que está ardiendo toda galicia que no hay medios suficientes para estar en todas partes pero digo yo .... ¿ Es que ante esta TRAGEDIA no se puede pedir ayuda internacional ? El tiempo no ayuda, sin lluvias y con norte fuerte los incendios se encienden igual que se apagan. Esto es la ostia.

Hoy a las dos y media de la tarde comenzó de nuevo a arder el monte sobre la via rápida, que dicho sea de paso, le den gracias a Dios los del Caeiro que tienen la vía rápida por encima que hace de cortafuegos natural y es que tal y como está el patio y paradójicamente, aquello que tanto les jodia está ahora haciendoles de parapeto impidiendo que el fuego llegue a sus casas como esta a pasar en Domaio.

Es terrible, yo no recuerdo tal en los ultimos 20 años, una lluvia de ceniza continua y una impotencia que podeis creer nos llega a todos los que vivimos aqui. Si hacen falta manos aqui estamos, no teneis más que decirlo.
Ana
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.08-08-2006
para ana, asi que ti pensas que grazas ao destrozo que fixo na naturaza a famosa vía rápida, agora hai que darlles graciñas xa que sen ela os do caeiro desparecería de moaña pola lume, ti eres parva e non coñeces nada do que pasou nin estiveches coas cuadrilla coitando contra o lume, en domaio atravesou a vías rápida asi que estarías mais guapa caladita e non falando sandeces o meillor vete cos voluntarios e non fales de hipócritas ofertas xa que non hai nada que pedirte si de verdade queres colaborar non hai que comunicarte nada os feitos o din todo. Temos unha garda civil e uns militares que claro van de axuda humanitaria a Afganistán e aquí a famosa brilat quemándoseslle o monte a caros dos cuarteis cos medios que dispón eno lugar de seguir de parásitos deberían ter axudado aos veciños máis cercanos de domaio, san adrian, vilaboa etc. Así que cando fales de axuda internacional, fala con coñecemento xa que esos corpos militares e gardas civiles deberían estar movilizadaos ante semellante desastre como os bombeiros e as cuadrillas contraincendios.
alberto
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.08-08-2006
Alberto, No hace falta insultar de esa manera.
has malinterpretado a Ana y encima la insultas.
No por mucho insultar e ir de prepotente se tiene mas o menos razón. solo pones de manifiesto tu bajo nivel cultural. hay que aprender a leer machiño!. Y ahora lo que toca es ponerse a colaborar, no a discutir, ¿no te parece?
sol
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.08-08-2006
Para sol, non sei o que ti interpretas do escrito da tal ana como tampouco a túa versión do que é un insulto, si chamar parva en sentido figurado é un insulto chamarme coma ti me chamas prepotente e persoa cun baixo nivel cultural ¿ que é un alago ?, de tódalas maneiras vexo polo que dis que crees ser unha persoa sencilla cun alto nivel cultural, pero debes ter moi pouca educación pois esta non está reñida coa cultura, eu non trato de discutir di miña versión ao comentario da ana e xa que estamos nun estado de dereito podo facelo e creo que a persoa mais indicada si quere contestarme é ana e non ti ao menos que queiras discutir eu levo dende o vernes colaborando ti como ana non sei ao menos que colaborar sexa enviar unha opinión a esta páxina web.

alberto
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.08-08-2006
Todos o monte,isto é xa unha guerra.Onte un grupo de persoas xuntamonos espontaneamente na subida a Chan de Arquiña,e ali colabouramos no que pudemos,de xeito impedimos que o lume se propagara o outro lado da estrada.De todo-los xeitos gostaríame facer un chamamento OS BURROS que estan a cortar a madeira,e apilaronna nunha zona xa queimada,pero que o ter enriba a madeira voltou prender nela xerando nunha pira impresionante de lume,que co vento ameazaba o outro lado da estrada inda non queimaba,ata ali chegou un veciño co seu coche e un barril de auga e uns caldeiros,e todos axudamos,e preparados por si prendía no outro lado.A chegada dunha tanqueta avisada,por un dos que ali estabamos,aliviou o risco dun novo frente de lume.Desolación,impotencia...en fin e terribel, pero o millor e a unión das persoas,coñecidas ou non,veciños ou non,toda axuda é pouca.
lois
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.08-08-2006
Todos o monte,isto é xa unha guerra.Onte un grupo de persoas xuntamonos espontaneamente na subida a Chan de Arquiña,e ali colabouramos no que pudemos,de xeito impedimos que o lume se propagara o outro lado da estrada.De todo-los xeitos gostaríame facer un chamamento OS BURROS que estan a cortar a madeira,e apilaronna nunha zona xa queimada,pero que o ter enriba a madeira voltou prender nela xerando nunha pira impresionante de lume,que co vento ameazaba o outro lado da estrada inda non queimaba,ata ali chegou un veciño co seu coche e un barril de auga e uns caldeiros,e todos axudamos,e preparados por si prendía no outro lado.A chegada dunha tanqueta avisada,por un dos que ali estabamos,aliviou o risco dun novo frente de lume.Desolación,impotencia...en fin e terribel, pero o millor e a unión das persoas,coñecidas ou non,veciños ou non,toda axuda é pouca.
lois
PARA ALBERTO08-08-2006
Solamente te digo una cosa, es un hecho que ese muro de piedra descomunal o desatierro o lo que carallo sea que se ve sobre el Caeiro desde Moaña no permite que naturalmente el fuego sobrepase la via rapida de modo natural .... ¡ ES IMPOSIBLE !!!!!!! Otra cosa es que haya por ahí una pandilla de hijos de puta que estan a prender nuevos focos por encima y por debajo de la via rápida, por aldan y por darbo y por donde les da la gana. Eso es lo que está a pasar y desde luego si viviera en el Caeiro y tal y como pintan las cosas, estaria mucho tranquila con la via rápida por encima que con toda la arbolada que habia antes.
Ana
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO./MILLÁN ÁRDECHE O CÚ08-08-2006

E o Alcaide de Moaña, a ver que vai disir de todo isto. ¿Ou non é REMEDIO RURAL do BNG? ¿Donde están esas influensias das que tanto presumen? ¿Pa isto temos un alcaide do BNG?Se o final foron mais efectivos a Cangas.

Por serto, o monte ardendo e el comendo mexilón coa cuchinpanda do seu séquito. Non sei como non se atranjantou...e o Jenito Piñeiro co seu jrupo folclórico. Si home si, que estamos pa cansións...Move o cú carallo.
MOAÑÉS MONTAÑÉS
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.09-08-2006
Para ana pregúntalles aos do caeiro de tódalas maneiras a destrucción medioambiental da vía rápida é irreversible e o monte queimado co tempo pódese recuperar. O lume atravesou nalgúns lugares como domaio a vía rápida e non foi debido a acción deses descerebrados que prenden lume por debaixo e por enriba, a causa principal foi pola acción do vento.
alberto
RE: 4 DíAS ARDENDO. O PRESTIGE DO MONTE DE DOMAIO.09-08-2006
Moz@s, hai que ter coidado con alimentar gratuitamente falsos culpables. Non sexa que algún descerebrado se lie a paus con algún inocente porque se cre os nosos comentarios.
A presunción de inocencia é un dereito fundamental ata que se demostra o contrario.
quizas a pregunta esta en :¿ Quen gaña de todo isto? coidado con esta reflexión porque é moi seria e hai moitas versións no taboleiro e moitos posibles interesados.Todos poden hecharse a culpa uns a outros e en definitiva os especuladores non son precisamente os que van gañar, se a lei esta aprobada, claro? . Tendriamos que ver se a lei dos 30 anos é vigente nestes momentos.
alguén o sabe con certeza?. Porque se esta vigente podrian entrar novos sospeitosos na lista e isto é mais perigoso todavia.
O que esta claro é que temos moito traballo por diante se hai a vontade real de reparar o dano e mellorar o noso ecosistema. É o momento de empezar a organizarnos e poñer ganas, traballo, boas ideas, deixar de esperar que os politicos propóñannos plans de recuperación e propoñelos nós, esixindo aos politicos de aqui e de Europa que nos dean os me medios para realizalos e unirnos e deixarnos de bobadas e pelexas e insultos, Hai que xerar e para iso hai que levar bo royo con todos.
¿Que parécevos?. ¿Montamos unha coordinadora de traballo que abarque todas as zonas afectadas? ¿Quen apúntase?
montesdomorrazo@yahoo.es
montesdomorrazo@yahoo.es
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados