Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O VOTO DOS MARIñEIROS16-10-2012
Pra cando os mariñeiros embarcados podremos votar nunhas eleccións?, porque pra pagar impostos nos sacan coma o que mais e desfrutamos coma o que menos o estar gran parte da nosa vida no medio do Oceano gañando o pan pra manter a nosa familia.
MARIÑEIRO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O VOTO DOS MARIñEIROS16-10-2012
non interesa o mais mínimo. A xente do mar non existimos. Soio contamos cando temos que pagar algún imposto especial, ou para decirnos que gañamos barbaridades. Penso que en total serían unhas catro veces que votei en toda a miña vida. Levo xa 24 anos enriba da auga, e mirando como os soldados desplegados en calquer lugar votan, incluso descendentes sobre todo sudamericanos que endexamais estivo aqui, tamen votan. Mais nos non somos ninguén, e xa nos sobra con pagar nosos impostos, non pretenderemos tamen votar...
Por certo,¿por qué si se pode votar en eleccións sindicais, e non en calquer outro tipo de eleccións?
fora de casa
RE: O VOTO DOS MARIñEIROS16-10-2012
Eu o domingo estarei polo cantábrico no medio do mar e tampouco podrei votar, ahora si, pagar impostos como o que mais. Os militares si que votan e os emigrantes, pero nos, nada de nada.
Embarcado
RE: O VOTO DOS MARIñEIROS16-10-2012
Xa votaran "ben votado" por vos os grandes armadores de galiza.
f&r
RE: O VOTO DOS MARIñEIROS17-10-2012
Toma, aqí podes atopar algo de información sobre como votar embarcado, xa que tamén entra ademais da mercante e militar a pesqueira:

http://www.portalelectoral.es/content/view/935/122/1/3/
f&r
RE: O VOTO DOS MARIñEIROS17-10-2012
gracias polo teu traballo F&R, pero iso, non deixa de ser un espellismo. Esas condicións non se dan en ningun dos casos da frota pesqueira de altura. E aínda que despois de moita casualidade consigas que un barco te traia a documentación, podes estar seguro de que non vai a haber ningún que a leve de volta. A mellor opción, e que deixaran montar mesas a bordo, como se fai coas sindicais. Aínda que a bordo de nosos barcos, tampouco hai moita cultura democrática e aínda existe moito medo a votar según a quen. Penso que me entendes...
fora de casa
RE: O VOTO DOS MARIñEIROS18-10-2012
GRACIOÑAS FR, PORQUE A VERDADE QUE NON SABIAMOS QUE XE PODÍA FACER ASÍ. GRACIÑAS
luis
RE: O VOTO DOS MARIñEIROS18-10-2012
Bueno bueno, iso na teoría.

A hora da verdade de seguro que vos lían algo máis.

Pero xa podían ir a buscarvos nunha zodiac como fan para ir buscar os vellos as aldeas xD
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados