Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó11-10-2012
Haz click para ampliar Mariano ABALO, o histórico concelleiro cangueiro xa o vén advertindo hai semanas: cómpre unha campaña enérxica a favor da AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) pra para-las políticas abusivas da Xunta e do Partido Popular. Pra iso Abalo, en calidade de membro da Coordinadora Nacional de Anova, convoca a tódolos veciños este DOMINGO 14 ás 12:30 nun gran mitin que terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas.

A AGE, proxecto de fronte ampla (Anova, EU, Equo e Espazo Ecogaleguista), ten previsto facer intervir ó histórico combatente das letras e da política, Xosé Luís Méndez FERRÍN que incidirá nun discurso de denuncia do estado de descomposición ó que está a ser sometido o estado de benestar.

A seguir intervirán os compañeiros X.M. PAZOS, concelleiro da nosa vila, Xan FAJARDO (nº1 por Pontevedra) e a propia Iolanda DÍAZ, coordinadora xeral de EU.

Non podes faltar a este mitin-denuncia!!

HAI QUE PARALOS!!
>> Ampliar datos Amaury


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó11-10-2012
Estará Beiras?
Archibaldo
RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó11-10-2012
PREGUNTO O MESMO. ¿ESTARÁ BEIRAS?
sofía
RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó12-10-2012
Se non està(Beiras) que estean os que teñan que estar , eu irei a escoitalos e porsuposto a votalos , non ia votar a nadie nestas elecciòns ,-son todos iguais, pero me fai ilusiòn que esta xente se meta no parlamento e impida por un lado as maiorias absolutas, e por outro a aplicaciòn das brutais politicas do pepe. Ou do PsoE ou de calesquera outros individuos que intenten hipotecar mais o noso futuro .
Xa è hora de que o pobo teña unha ferrramenta donde è representado .
indeciso decidido
RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó12-10-2012
¿...e estará Anxo Guerreiro?, postos a desenterrar "momias" ¿porqué non o españolista Anxo?, tende en conta que IU tamén vai no mismo carro.
Carro incompleto
RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó13-10-2012
Tendes unha capacidade de razoamento que casi que me convencedes para cambiar o destino do meu voto, pero non, non vai ser así, vexo que sodes igualiños cos demáis, estades interesados no boso futuro, non no de galicia. Queredes trepar a costa de insultar e eses non son modos nen maneiras.
un de eiquí
RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó14-10-2012
Pois non cambies o voto un de aquì , se vas votar por alguen faino convencido de que serve para algo , se non non o fagas , eu porsuposto estou convencido de que os que governaron ata o de agora non fixeron nada de nada , e vou confiar na alternativa Galega de Esquerdas .
Para demostrar hai que deixar facer, outros xa fixeron e demostraron do que son capaces(Pokemon , Campeon , Reganosa , Portos deportivos etc...etc....etc....etc..etc........
Outro de aquì
RE: FERRíN E ABALO DENUNCIARáN EN CANGAS A POLíTICA DE FEIJó15-10-2012
¿A qué insultos se refire o pepero "de aqui"?
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados