Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO03-10-2012
Haz click para ampliar Onde máis se nota o interés dos noso gobernantes e no amor ó traballo “desinteresado” que fan por nós.
Ó lado da Taberna da Chicaja hai unha fonte. Como parece que estaba algo “estragada” a alguén se lle ocurriu avisar ós “órganos competentes” do Concello para “restaurala”. Avisados estes e posto o asunto en coñecemento do Alcalde, despois de darlle 37 voltas á boina, chegou á conclusión de que él é canteiro e ten unha empresa de cantería, así que, ¿para qué restaurar a vella podendo facer unha nova? Iso sí, mantendo a feitura tradicional das fonte galegas.
Ainda non sabemos nesta “redacción” quen foi o artista e canto valeu a obra pero apreciamos a sensibilidade e o compromiso do Sr Alcalde Facurello co Patrimonio patrio e petreo respetando a vella estructura heredade dos nosos devanceiros (nada menos que do ano 1990).

Nótese o fino detalle da cañería de orixe facuréllica
O Vello Rosmón


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO03-10-2012
Jajajajajjaja,isto é insuperable,é o que ten ter representantes do pobo analfabetos....
O SINIOR AFRANIO
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
Visto así da como mala espiña. A nova cabeceira cortada recta semella unha lápida, soio lle falta unha cruz enriba.
E que decir dos escombros que deixaron tirados polo chan, parece que a ese sitio non chegaron os carteis de "prohibido verter escombros", e debiase engadir..."ou deixalos tirados despois de facer un traballo".
Petade Koskotelos
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
Hai que ver a cantidade de chascarrillos que se lle poden sacar a esa fonte.
¿Cómo fai un paisano para beber directamente da fonte, terá que meter a cabeza no pilón?
Pelegrín
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
A verdade é que é unha obra maestra, pensaron en todo. Si se amplía a foto pódese observar detrás do tubo de PVC como un desconche na parede de ladrillo.
Supoño que será un criadeiro de lagartos, ¿qué fonte galega que se precie non ten unha lagarteira?
non falta detalle
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
Xa que saliu o tema das fontes quero aproveitar para pedirlle ó noso Sr Alcalde que mande alguén a reparar a Fonte do Xastre (a que está ó lado do mirador da Fraga) que a boca de saída de auga está rota e vase a mitade da auga por fóra, e que a ver si se pode poñer unha reixa no chan para que os que collemos auga alí (que somos moitos) poidamos apoiar as garrafas sin ter que delombarnos.
Moitas gracias.

PD: por favor non mande a brigada da "Chicaja"
Un veciño
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
E de paso que mande a limpar os camiños que estan que meten medo, vannos comer as silvas calquer día destes
juan
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
Mimadriña querida!! isto é incrible!! quen foi o lumbreras que deseñou esta obra?, Angel o de servicios ou foi o alcalde directamente? VAIA CHAPUZA!! QUE O PUBLIQUEN NO FARO XA!!
Jaime
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
Día triste para o gremio de canteiros.
Sei de alguén que vai levar un tirón de oureeeellaaaaaas.
O Pinche do Gremio de Canteiros
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO04-10-2012
Isto poderíase aproveitar. Si unha vella que escarallou un cadro convertiu un pobo medio morto nun lugar de peregrinación ¿qué non se podería facer con esta chapuza maestra?
A ver si espabilan os do Faro, hai que botar unha man, un empurronciño en publicidade e a forrarse.
Estou pensando en encargar carriño para vender rosquillas.
Tira-puxa
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO05-10-2012
Esta foto ampliada ten que sair publicada no Faro de Vigo como exemplo do que fai Fervenza e o seu equipo no Concello de Moaña
Luis de M
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO05-10-2012
Chapuza tras chapuza!!
Luis de M
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO05-10-2012
Non. no Faro de Vigo non vai sair esta foto porque o Faro de Vigo recibe suculentas subvencións do PP.
No Faro de Vigo pode sair Fervenza inaugurando un pau da luz ou un contenedor do lixo, pero non van a poñer unha chambonada como esa.
Sinon pregúntalle ó "Manchado" porque non se atreve a publicar un notición como ese, ainda que fora como anécdota.
Non vai sacar a foto porque é un cagado.

Tira-puxa
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO05-10-2012
Ainda se aprecia o ramo de frores do dia da inauguración, pero ainda te que vir Feijó a cortala cinta
Interesa presuposto
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO05-10-2012
Acinta adebir o caudillo e mais valentin a cortala.
XA XA
RE: OBRAS PEPE FACURELLO E OTILIO08-10-2012
IN-PRESIONANTE como diria Jesulin. Este goberno non deixa de sorprender.
Lucar
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados