Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
VENRES 21 DE SETEMBRO, A LOITA CONTINúA EN CANGAS E MORRAZO!20-09-2012
Haz click para ampliar O pasado venres retomámo-las mobilizacións contra os recortes con moita forza e cun nutrido e variado apoio popular, e iso que houbo pleno na Casa do Concello acudindo unha considerábel cantidade veciños co gallo de problemáticas como a da circunvalación e o centro de saúde O Hío-Aldán.

Desta volta seguiremos aunando forzas. A hora é o sitio, coma sempre son os mesmos. Ás 8 da tarde na praza do Concello. En Bueu segue a se-los xoves e en Moaña os venres.

O pobo de Cangas e a Terra de Morrazo enteira est
á indignada logo de quedar desconvocada a folga xeral que había pra o 26 de setembro coincidindo coa de Euskal Herria e Grecia. Así o fixo saber o histórico sindicalista Manolo Camaño que centrou o seu discurso nas pensións pois, amais do que levamos, a situación se agravará neste eido pasados os comicios do 21 de outubro no noso país. Que non lle caiba ós pensionistas, nin ós que perciben prestacións, ningunha dúbida...

Anteriormente, antes de inicia-la marcha, tomaron a palabra unha integrante do 15-M e unha representante dos estafados polas preferentes que volveron amosa-la súa indignación pola política de recortes e polo desatendemento da Xunta por aqueles a quen lles foron directamente roubados os aforros de toda unha vida.
Non se pode faltar.

A túa colaboración é indispensábel. Non faltes este venres 21 de setembro. Envía ó evento ós teus contactos, difunde e participa.

Este sistema non serve!
>> Ampliar datos Ritchefwel


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VENRES 21 DE SETEMBRO, A LOITA CONTINúA EN CANGAS E MORRAZO!20-09-2012
e a da foto que carallo pinta¡¡ vaina pintar como o outro dia? esa señora que vai de progre , nin nos respresenta nin ten nada que dicir. Esa e a mesma que e membra do consello de administración do SELTA, cheo de jallifantes , especuladores e lamecus do poder.
CARMEN FASMEDAÑO vaite con eles ¡¡
alternativo si, tonto non¡¡
RE: VENRES 21 DE SETEMBRO, A LOITA CONTINúA EN CANGAS E MORRAZO!20-09-2012
Cando tí, Alternativo, sexas poseidor das mesmas fazañas que conseguiu esta señora pola cidadanía, sobre todo pra os máis débiles, terás dereito a criticar as poucas malas feitas por esta "dama". Todo o mundo ten dereito a "opinar" pero tamén é verdade que a inorancia eche moi atrevida.
VIVA ESPAÑA
RE: VENRES 21 DE SETEMBRO, A LOITA CONTINúA EN CANGAS E MORRAZO!20-09-2012
Viva España. Póis parés que nón todo o mundo ten direito a opinar ou po lo menos dende o teu punto de vista, porque si e asi como ti dis ¿Porque criticas a est@ persoa por dar a sua opinón sobre esa "Señora"? Esta trabucad@ non o sabemos e a sua opinión e como tal hai que respetála
Un
RE: VENRES 21 DE SETEMBRO, A LOITA CONTINúA EN CANGAS E MORRAZO!21-09-2012
A qué hora é a concentración diante do Concello de Cangas?
Comunista
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados