Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!17-08-2012
Haz click para ampliar Non nos fan ningún favor instalando mercadona en Cangas, os 30 ou 35 empregos lixo que prometen non son nada comparado cos que se levará por diante: pequenas tendas, viaxantes, transportistas, pequenas empresas que suministran alimentos, produtos e servizos ao pequeno comercio que se mirarán substituídos por empresas de fora co servizo xa contratado coa gran superficie, grandes subministradores e produtos que seguro que non provirán da nosa comarca. Se queres ter traballo consume local, sé solidario cos teus veciños e eles serán solidarios contigo.
>> Ampliar datos consume local


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!17-08-2012
Sin duda que tes razón. Ainda por riba o "amo" de Mercadona é o empresario que tanto admira o sistema de traballo dos chinos.
Augúrolle grandes beneficios, o que sobran agora son "chinos", o que faltan son traballadores, dos de sempre, tampouco imos a pedir milagres nórdicos.

O dito: consume local, veciño, si queres que volvan os postos de traballo dignos.
Tira-puxa
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!17-08-2012
O dito, consume local veciño, e comprarás o mesmo producto chino pero duas veces mais caro.
E por certo, si non se pode comprar no mercadona según vos, onde carallo queredes que compremos ¿ no bar puri ?
economía familiar
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!18-08-2012
Eu sempre que poido merco xudías, patacas, cebolas, allos, mel e outras cousas ás paisanas que baixan ó mercado coas cestas. Hai bastante diferencia de sabor, o prezo é similar o do super, e sabes que os cartos van directamente a quen cultiva. Se eu cultivara tamén me gustaría que foran os veciños e non un intermediario os que me mercaran a min.
agricultura ecolóxica
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!18-08-2012
Sí, de seguro que sabes que van directamente o cultivador esos cartos, e que tampouco vai declarar esos ingresos.


E o comercio local é igual ou máis fraudulento, xa que como din arriba, tamén venden producto de fóra.

O que hai é que aplicar impostos os productos elaborados fóra, pero impostos de verdade, que os fagan prohibitivos o importalos, e así protexer a producción de aquí.

Non pode ser que as xudías da veciña che saian incluso máis caras que as do mercadona, normal que exista o paro que existe a día de hoxe, ¿quén carallo vai producir nada se sae moito máis barato mercalo fóra?
f&r
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!18-08-2012
O pequeno comercio ou comercio local, non è moito millor que o das grandes superficies, pois tamen venden productos de traballadores explotados i tamen (non todos) explotan os seus traballadores; i como dicen por aì arriba, @s vendedores de productos do paìs, tampouco colaboran pagando impostos, i os pequenos comerciantes tamen venden productos de mala calidade e fabricados con man de obra barata.
antonio maria rouco varela
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!18-08-2012
Eu tamen merco o peixe, as patacas, as cebolas as hervillas ou xudías, e todo o fresco na praza que penso que e mellor porque e de aqui, porque é noso, e natural, e teóricamente ten menos merda e menos químicos que o que venden nos supermercados, pero para comprar outro tipo de cousas como legumes, pasta, arroz, conservas, productos de limpeza ou de aseo, tes que ir o supermercado.
A min o mercadona gústame, os productos ( marca blanca ) son de boa calidade e teñen bo prezo. E por certo, si ademáis van dar traballo a xente de aqui pos benvidos sexan, que non estan as cousas como para paralizar as empresas que poden xerar emprego.
economía familiar
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!18-08-2012
E si F&r, olvidei respostarche, as xudías da veciña poden ser bastante mais caras que as de mercadona, pero en canto a calidade non hai color. Eu as pago con moito gusto. E o mesco co dos ovos da casa, na paisana 3 eros a ducia e no super 1,80 ¿ Pola diferencia paga a pena comer ovos de plastico ?
economía familiar
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!19-08-2012
As grandes superficies destrúen emprego, mira como están as rúas de Vigo agora, baleiras de pequeno comercio e creando muitas veces rúas fantasmas, a xente antes tiña locales alugados e recibían uns cartos que movían a economía, agora os cocellos regalan terreo para un Ikea, que ven cun deseño de edificio feito en Suecia, con módulos prefabricados feitos non sei onde e que montan en trinta días, e venden mercancía fabricada no terceiro mundo a prezos que elixen eles, porque a liquidez que teñen estas grandes empresan e a súa relación coas grandes financeiras danlle para xogar cos cartos como queren, destruíndo sectores enteiros cunha simple decisión súa. Son as grandes aspiradoras do sistema que recollen diñeiro. Mafia pura, e os ratonciños entran confiados, con f&r á cabeza a comelo queixo.
que rico queixo!
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!19-08-2012
Tanto queixo estache a afectar o cerebro.

¿Acaso cres que gravando as importacións como é debido o IKEA podería competir coa producción de aquí?

Se non entendes o escrito, antes de volver a ficar en evidencia... proba a releer.
f&r
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!20-08-2012
Falas con Mariano e que chos suba, eu mentres tanto prefiro encargarlle os mobles a un colega e mercarlle os allos a unha da Ameixoada. Baixa da pola Hegel.
pepiño o fogueteiro
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!20-08-2012
Baixa da pola Hegel?

Éche máis lóxico entón que continúes fortalecendo a economía B?

¿Prefires pagarlle uns céntimos máis a un amigo ou a veciña que pagar un producto cos impostos pertinentes cos que os traballadores coticen para as súas pensións?

Dende logo a LOGSE esté a facer moito dano eh
f&r
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!20-08-2012
A economía A estana utilizando para beneficio dos ladróns dos bancos, para fortalecer as fábricas de armamento e a inxerencia en asuntos internos de outros países soberanos, en destruír a natureza, as costas, a paisaxe, as selvas, a vida digna; en financiar a igrexa e alimentar unha caste política e unhas familias con dereitos “hereditarios”co bandullo cheo xa fai tempo. O que ti dis funcionará en Suecia, pero aquí, neste momento, eu alimento ó estado porque non me queda outro remedio, non por paixón beata, e penso que o camiño para saír desta é prescindir dos de arriba, matalos de fame, non pagarlle os seus desfases.
San f&r
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!20-08-2012
¿ Y que problema tenéis en que abran un mercadona en Cangas ? Para mi genial que asi no me tengo que ir al de Marin y pasta que me ahorro en gasolina. Al pequeño comercio no le va a hacer más daño del que ya hicieron otros grandes supermercados, si acaso competirán entre ellos con beneficio para todos nosotros.
Deli
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!21-08-2012
E claro, tí non es estado, tí estudiache na privada, vas a clinicas privadas, e usas "abogados de pago".

Así da gusto home, como todos eses ladróns que mencionas non viven do B... por iso non teñen contas en paraísos fiscais.
f&r
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!21-08-2012
Eu a safar como todo o mundo, e recoñezo que debera contribuirse entre todos/as ao ben común e a axuda dos máis necesitados, pero creo que agora mesmo os cartos dos nosos impostos non teñen máis que nunha mínima parte ese fin, polo tanto non podo dicir que que ben que pagamos impostos. Primeiro hai que botar a estes e logo falamos.

E para o que di que unha grande superficie non afecta ó comercio local, que mire a nova de hoxe mesmo en Vilagarcía, 236 licencias menos nos últimos 6 anos, por que será? porque a xente merca menos??

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2012/08/21/crisis-ceba-comercio-minorista-vilagarcia-reduce-236-licencias-6-anos/675756.html
caifás
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!23-08-2012
f&r non sei de donde saiches.
Ti preferes que os impostos que pagas vaian para aeroportos (52 en españa, uns poucos de mais non?), ser casi lideres mundiais en tramo de alta velocidade AVE, campos de futbol a tuti plen (non hay mais deportes..), que che fagan unha piscina, que a deixen ser rematar e que se pudra hasta tal punto que hai que botala abaixo (Cangas), si home si..... iso é mellor.... que veñan de fora e que fagan, marquen as normas a traves de politicos corruptos que o unico que queren e que o seu partido poda seguir financiandose a traves de subvencións publicas e doacións privadas ós partidos que non se poden facer publicas, non se coñecen quen fan esas doacións publicas... todo isto antes de intentar axudar a xente que traballa e saca pequenas producións.....

Estamos jodidos se non axudamos os que temos o redor e deixamos que os de fora nos gobernen, porque nin pp nin psoe nin iu nin bng miran polos intereses de galicia, porque todos son mafias expansivas. Autogobernos locais, que non teñan mais intereses que servir o seu pobo, e o mais minimo sintoma ou indicio de corrupción, que a xustiza lles toque, pero como as leis cambianas sen necesidade de debatilas, opinalas, senon para evitar todo o que o sentido comun dicta-

Canto dano lle fixo e fai a igrexa, os fachas (que viven no feudalismo, no tempo que a terra roubabase, iase herdando duns a outros, incluso roubando terras, matando xente, ou simplemente inmatriculando o seu nome, iso si roubar a terra, legalizala como propiedade(rajoy foi ou é registrador da propiedade) para ter a cara de dicir que é fruto do traballo de familias ou castas, un collón!!!), e a xente que mira mais por si que por o ben comun de donde viven- A frase" eu miro por min e polos meus" e unha das maiores tonterias que escoitei, porque moito que mires polos teus soamente, tes o redor outros que pensa o mesmo que ti pero cos seus, enton guerra!!!! e que se salve quen poida, uns dos teus ou dos del pero non todos, iso non pode ser.
Axudemos os nosos e os de fora que fagan comercio xusto, e non condicionen precios nin os impoñan. Porque nalguns productos son baratos, pero os outros son bastante mais caros.
Os chinos se traballasen en condicións humanas, non podrian ter eses precios.
un que pensa
RE: AíNDA QUERRáN QUE LLES PAGUEMOS OS ACCESOS!23-08-2012
O problema e que chamades político a calquera.
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados