Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CANGAS E TODO O MORRAZO OUTRA VEZ NA RúA O VENRES 17 DE AGOSTO14-08-2012
Haz click para ampliar Primeiramente pedimos difusión, empezando por convida-los amigos, avisando por medio do boca a boca ou mesmo utilizando o correo electrónico ou as redes sociais. A situación actual ben o merece, non credes?

Diante da Casa do Concello de Cangas, ás 9 da noite, os veciños e colectivos sociais cangueiros continuaremos a manifestarnos este venres 17 de agosto ata derruba-las políticas económicas abusivas e de recurtes de dereitos que estamos a padecer en Galicia e en todo o Estado
Español. Será así tódolos venres, como xa sabedes. Felizmente, a semana pasada, a concentración converteuse outra vez nunha
gran manifestación que culminou na Alameda Vella onde Manolo Camaño convidou a seguir sumando forzas e onde se lle brindou a solidariedade a Sánchez Gordillo, ó SAT e os xornaleiros andaluces dignos que teñen a bondade de nos amosa-lo camiño na loita obreira.

Continúan tamén as concentracións de MOAÑA e BUEU (esta última o xoves). No caso de Moaña as concentracións tamén son ás 9 da noite diante do concello deste municipio. En Bueu é na explanada de Massó.

A nosa vontade é aglutinadora e todo o mundo ten cabida pra falar e pra face-las propostas que considere oportunas pra contribuirmos a deter esta barbarie. Na mobilización do pasado venres en Cangas, entre os compañeiros/as que decidiron voluntariamente toma-la palabra, interviron unha representante da federación de ANPAs, un voceiro da CIG-ensino e o colectivo 15-M.

É importante, insistimos, tanto a difusión deste evento e dos que se fagan pra as seguintes convocatorias dos venres como a práctica do boca a boca, avisando a tódolos, amigos, coñecidos e familiares. É unha boa forma de agrandar estas mobilizacións permanentes que irán máis alá da folga xeral de setembro.

Este sistema non serve!!

Tódolos venres á rúa!!
>> Ampliar datos Libra


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CANGAS E TODO O MORRAZO OUTRA VEZ NA RúA O VENRES 17 DE AGOSTO18-08-2012
Estas concentracións requiren un aire novo, non sei o que tería que trocar, pero coa situación actual que lle afecta a todo o país parece increíble que soamente baixe á rúa a xente de sempre.
99%
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados