Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
amadeus movie summary essay
Indispensables
Donde ...
Guia
VENRES 3 DE AGOSTO: OS VECIñOS NA RúA CONTRA OS RECORTES31-07-2012
Haz click para ampliar Os veciños de Cangas e da comarca non son alleos á problemática global e exteriorizan a súa indignación na rúa.

Diante da Casa do Concello de Cangas, ás 9 da noite, os veciños e colectivos sociais cangueiros continuaremos a manifestarnos este venres ata derruba-las políticas económicas abusivas e de recurtes de dereitos que estamos a padecer en Galicia e en todo o Estado Español. Será así tódolos venres, como xa sabedes. Felizmente, a semana pasada, a concentración converteuse nunha gran manifestación que percorreu as rúas de Cangas xuntando xente de diversos ámbitos. E é que a mobilización non se pode deter. Como sinalaron os compañeiros da Plataforma pola Sanidade Pública e do ámbito sindical nese acto, todo o mundo coincide en que a situación é crítica en calquera dos eidos sociais e sectoriais nos que reparemos.

A nosa vontade é aglutinadora e todo o mundo ten cabida pra falar e pra face-las propostas que considere oportunas pra contribuirmos a deter esta barbarie. Na mobilización deste venres, entre os compañeiros/as que decidan voluntariamente toma-la palabra, intervirá o colectivo feminista Asociación Púrpura cun manifesto en protesta á modificación da Lei dos dereitos reproductivos e sexuais das Mulleres.

Nas concentracións anteriores interviron antes ou despois dos actos, dende un representante dos funcionarios (CCOO), dous membros da Plataforma pola Sanidade Pública e Manolo Camaño (CUT). Os compañeiros/as que o desexen poden pedi-la palabra ou facer propostas in situ.

Animádevos e compartilo cos/coas vosos/as compañeiros/as.

Non deixes de acudir. Mobilízate.
Este sistema non serve!!


P.D: En Ampliar Datos téde-la crónica xornalística do acontecido na concentración da semana pasada.
>> Ampliar datos Touchedisindo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VENRES 3 DE AGOSTO: OS VECIñOS NA RúA CONTRA OS RECORTES02-08-2012
Alí estaremos!! Aínda hoxe viña na prensa que este ano académico vai empeza-lo curso académico en Galicia con 1000 profesores menos. É só un exemplo desta barbarie e do fondo perxuízo que está a ocasionar (e será máis) a esta nosa sociedade. Xa non falemos da retiradas de axudas sociais, a sanidade, etc... Moi en concreto no caso da nosa comarca, convén solidarizarse tamén cos mariñeiros de Mauritania pois 400 familias cangueiras e da contorna veranse afectadas de forma catastrífica e sen unha solución á vista. Hai que agradecerlle esas nulas xestións ós gobernos de Feijó e Rajoy. Pra que serve esta Europa do capital?? Pra recortar dereitos sociais, económicos e pra mandar xente ó paro, estes son unha fábrica de producir parados e miseria... Se estás sen emprego por culpa destes chupópteros non podes faltar. Todos a rúa!!!
Mazinger
RE: VENRES 3 DE AGOSTO: OS VECIñOS NA RúA CONTRA OS RECORTES04-08-2012
http://www.acesquerdas.org/2012/08/o-pobo-cada-vez-mais-unido-contra-os.html
ai lalá
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados