Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
formal writing essay
Indispensables
Donde ...
Guia
QUE DIS??01-07-2012
Haz click para ampliar Que ostia de palangre lía o faro co tema da prórroga ás obras do proxecto especulativo de porto deportivo en cabo Balea?

Que si a empresa pediu unha nova prórroga e lla denegaron, que si lle quedan 14 meses para acabalo porto...

Se a concesión estaba suspendida, para que carallo vai a empresa a pedir outra prórroga? E se a pediu porque manter unha suspensión sine die era demasiado descaradamente un fraude ó estado, entón o que lle denegan agora é unha nova prórroga e levantan a suspensión, polo que entón xa lle rematou o prazo para construír o porto e perdeu a concesión.

Repasemos os prazos: o outorgamento da concesión foi o 25 de febreiro de 2005, tiñan 9 meses para iniciar as obras e 24 meses dende o outorgamento para rematalas, logo ese prazo remataba o 25 de febreiro de 2007.

Concedéronlle unha prórroga de 12 meses que remataba o 29 de marzo de 2008, e antes que caducara concedéronlle outra de 22 meses que remataba o 29 de xaneiro de 2010.

Antes de que chegara a caducar esta, o 22 de decembro de 2009 concédenlle unha nova prórroga de 16 meses, coa que, se entendemos que prolonga o prazo que remataba en xaneiro, podería alongar o prazo ata o 29 de maio de 2011.

Pero na penúltima sesión do consello da autoridade portuaria en abril de 2011, con Corina Porro aínda na presidencia e xusto antes das eleccións municipais, saen coa sorpresa dunha “suspensión” da concesión..

Logo, se non é pola suspensión, e supoñendo que esa suspensión parara tamén o prazo que estaba a correr, o prazo que teñen para rematar as obras é de aproximadamente un mes.

Así que xa saben, se lles denegaron unha nova prórroga que vaian contratando a un millón de chinos, que xa sabemos que eses, a base de número son quen de facer calquera cousa. E ós do faro que pensen primeiro se teñen algo que dicir, que o ordenen primeiro na cachola, e se ten algo de sentido que o poñan por escrito, e que deixen de escribir cousas sen sentido que para iso xa temos dabondo con escoitar á portavoz do goberno cada venres. Salgueirón natural!!
>> Ampliar datos Salgueirón natural e público


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUE DIS??01-07-2012
O novelista estadounidense Upton Sinclair escribiu unha frase que explica o comportamento dos periodistas do Faro de Vigo durante todos estes anos de desidia e indolencia sobre o proxecto do porto e urbanización en O Salgueirón:

“Es difícil hacer que un hombre entienda algo cuando su salario depende de que no lo entienda”.
Aclara d`or
RE: QUE DIS??02-07-2012
Moi acertado. Salario, promesas de castelos enriba de nubes ou simple beaterío ignorante e crédulo ante a man que che bota migallas. Nada diso moi adecuado para ir pola rúa mirándolle ós ollos á xente.
mellor na porta do Froiz
RE: QUE DIS??02-07-2012
¿Mellor na porta do Froiz? Disno como se fose o máis indigno que se che ocorreu.
Desgracia
RE: QUE DIS??02-07-2012
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/07/01/caballero-convoca-junta-urgencia-ayudar-faro-200000-euros/0003_201207V1C6991.htm

Caballero convoca una junta de urgencia para ayudar a «Faro» con 200.000 euros
La junta de gobierno local del Concello de Vigo celebró el 8 de junio una sesión urgente con dos puntos en el orden del día: clasificar las ofertas para los chiringuitos de playas y aprobar un proyecto de convenio con Faro de Vigo por importe de 200.000 euros. El alcalde, Abel Caballero, presidió la sesión extraordinaria en la que se autorizó el pago al periódico local...
así funciona o percal
RE: QUE DIS??02-07-2012
Mellor na porta do Froiz, mellor asaltando un banco, limpando chans, recollendo lixo, nunha mina, no gran sol...bastantes cousas antes de servir a ladróns de pobres e especuladores de garabata de seda e bandullo cheo
coa cabeza alta
RE: QUE DIS??02-07-2012
Para "mellor na porta do Froiz":

Tes razón home, mellor estar vendendo PREFERENTES en Caixarouba a menores, discapacitados, analfabetos e xente maior que ser unha persoa humilde ou un "parado"... Por un posto de traballo O QUE SEXA!! Como se che mandan ASESINAR!!!

Así estamos, afogados na merda!!

Un saúdo.
Aclara d`or
RE: QUE DIS??02-07-2012
Ostras... confundinme, o comentario anterior era para "Desgracia", perdón.

Un saúdo.
Aclara d`or
RE: QUE DIS??02-07-2012
Relendo os comentarios anteriores penso que dan lugar a unha mala interpretación… Ou polo menos, a miña interpretación foi erronea… As veces comunicarse vía escrita é o que ten… Pido desculpas e solicito que non teñades en conta os dous comentarios anteriores… Perdón os compañeiros e foreiros.

Un saúdo.
Aclara d`or
RE: QUE DIS??02-07-2012
Aconcesion teñena suspendida, pero non denegada,asi que "ollo o piollo".( e ainda por riba non pagan nada por tela en stand by.)
toñito de poi
RE: QUE DIS??02-07-2012
Así farol de Vijo sempre o mesmo sensura ,trapalladas,eu mellor o faro prefiro o faro da Borneira.
Rompelolas
RE: QUE DIS??03-07-2012
Hoxe o primeiro espada do faro, seguramente con órdenes da súa superiora, enváina sen recoñecer explicitamente a metida de gamba e da a entender que o que desaparece é a suspensión, e polo tanto segue a correr o prazo: quédalle un mes aprox para acabalo porto. Ánimo rapaces.
vos podedes
RE: QUE DIS??03-07-2012
Creo que el primer espada del Faro es Gonzalo y Calvo no es más que el marido de la delegada y de ahí que le den protagonismo. La noticia está un poco liada, pero el asunto de Masso tb lo es, Para mi Zalo es un buen periodista que ya en el instituto escribía muy bien pero tiene la traba de trabajar en una edicion con alguna gente incompetente y tiene que tragar tambien él esa mala fama.
Celin
RE: QUE DIS??03-07-2012
O xornailismo non só consiste en escribir ben se non tamén en ser veraz e obxectivo.
Ne
RE: QUE DIS??04-07-2012
O asunto de Massó está liado en boa parte pola intervención destes periódicos mercenarios. Dende o primeiro momento presentaron un proxecto especulativo, destrutivo, usurpador e ilegal como a obra que ía cambiar o futuro de Cangas e que traería prosperidade ilimitada da man de Norman Foster, Ubaldino Rodríguez Bello, José Manuel Otero, Julio Gayoso e Enrique Sotelo.

Deulles igual que se amañaran as concesións, que se roubara chan público, que se deixara aos mariñeiros sen concesión marisqueira sen expropialos sequera, que non existira informe de impacto ambiental....

Para eles era sempre: “o porto contará con xxx amarres..” “a urbanización en terra ocupará xxxxxx m2...” o hotel deseñado por Foster terá xxxxxxxxx estrelas...”

E Sotelo forzou o plan xeral para darlle unha edificabilidade hiperxenerosa a cambio dunhas contrapartidas irrisorias, e as obras comezaron sen licencias, sen plan especial, sen compensar ós mariñeiros, sen plan de transportes, saltándose todos os informes contrarios e todas as prescricións da concesión e da “declaración” de impacto ambiental.

E os que se opuxeron a este ataque frontal a Cangas e á legalidade eran revoltosos que estaban a alterar o orden público e en contra do progreso, xustificando ante a opinión pública que a garda civil intervira como se fora a seguridade privada dunha empresa, e buscando sempre as fotos máis comprometidas e creando “cabecillas”, poñendo incluso moi a miúdo a publicidade da promotora da obra, caixanova, ó lado mesmo da “crónica” de feitos.

Se esta nova se confirma, e ven acompañada como é de supoñer por unha sentenza do tribunal supremo fallando contra a usurpación da autorización marisqueira da confraría de Cangas, xa poden ir preparando un especial no que se traguen todos os “contará, terá, se construirá...” e conten a historia como realmente foi, un exemplo máis , moi ilustrativo, da corrupción urbanística, dos pelotazos promovidos polo PP e degrazadamente apoiados por políticos/as de toda cor, da privatización e destrución da costa e do abandono do patrimonio cultural e natural.

É igual, nunca o farán, non teñen o que deberían ter.
liado?
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados