Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
¿CAMPO DE GOLF OU PELOTAZO?19-06-2012
Vaia, ¿porqué será que non me sorprende que vaian a dar outro pelotazo en Domaio?.
Certo que tardaron unha chea de anos, pero ó millor é porque durante eses anos o goberno do concello de Moaña non lles permitiu ós depredadores da natureza que se repartiran un monte entre unha banda de gansters de Vigo, ainda que eses gansters fosen “médicos, xuices, abogados, etc”.
Cando tanta xente de Domaio, de Moaña e de outras moitas partes, viñeron a apoiar a loita pola defensa de un monte e dicíamos que o que menos interesaba era facer un campo de golf e que o motivo perverso era facer unha urbanización para millonarios parece andabamos ben acertados.
Sixéronlle á xente que iba a ser unha fonte de riqueza, un maná de posto de traballo para Domaio.
A base de moitos paus e moitos caciquismos conseguiron destruir o monte para diversión de unhas cuantas mulleres millonarias ociosas e os seus fillos preguiceiros e consentidos que usaban o “campo de golf” para divertirse porque “es de mi papá”.
Agora sí, agora temos un “goberno amigo”, con un alcalde contructor e xa, por fin, podemos acabar de repartirnos o monte comunal entre uns cuantos fillos de ..... ós que nos sobran os cartos porque non sabemos como “blanquealos” legalmente, ainda coa “amnistía” que lles deu “O Divino Mariaño”.
Todo en nome do sacrosanto “posto de traballo”, con nocturnidade e alevosía, porque xa está todo a medio facer…”tan solo falta el permiso del concello, que está muy receptivo”
Nin tiveron a decencia de empezar por aquí, ¿para qué, si xa sabían cal sería o final?
>> Ampliar datos O Hemerotecario


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿CAMPO DE GOLF OU PELOTAZO?20-06-2012
o millor e que roubaron monte comunal e tamen particular dos veciños dinamitaron o monte e agrietaron casas , todo sen licencia de ningun tipo roubaronlle agua os veciños ( non en van veu o propio Fraga a inagurar as obras ilegais ) arruinaron ducias de empresas cos seus pufos e non lles pasou nada. enrriba o concello non mirou ni un euro dos que lle correspondia ( os amigos non se lles cobra ) e ahora lles permitiran facer os pelotazos que queiran gratis, estou seguro de que estes pufeiros insolventes e testaferros de sabe deus quen, faran os chalets e ainda tera o concello que facer as beiraruas, porque garantias de que a urbanización complementaria a vaia a facer o promotor non hai ningunha
erexe
RE: ¿CAMPO DE GOLF OU PELOTAZO?21-06-2012
Como tamén está previsto un grande hotel, é probable que precisen máis monte para facer un aeroporto para avionetas para cando se organicen os grandes campionatos de golf.
Todo son riquezas e beneficios para Domaio e os veciños. Claro que, tamén se poden quedar sin medio monte, pero bueno, todo sexa en aras do progreso.
... e queremos a tubería "masisa"
RE: ¿CAMPO DE GOLF OU PELOTAZO?23-06-2012
É totalmente penoso o titular do Farol, talmente como un anuncio de inmobiliaria...
de potar
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados