Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.22-07-2006
Tiñan a razón algúns no entroido de Moaña, co Ilustrisimo señor Xan Cancelas non hai quen fale, nin a hora se lle pode pedir. Unha vez mais demostra o seu "bo talante" desta vez tocoulle os de protección civil. Menos mal que xa pouco lle queda no choio, pero suficienta para recordarlle unha cousiña, eres o peor concelleiro de cultura dos últimos 30 anos, de antes non o sei porque non estaba ainda aquí, pero das pena de verdade. En tres anos afundistes a cultura de todo, ti e os teus amigos ilustrados, escajallastes todo e facedes o que vos peta coa sección de cultura como se fóse a vosa casa, pero ¿seredes tan duros de mollera como para ir en contra de todo canto vos din os que non son amiguiños?. Que peniña de concellería, canta ignorancia. E agora nin protección civil prestará o seu apoio, fan ben, por ser tan chulos e irrespetuosos. Que a ver se remata esta lexislatura xa para escomezar de novo a reconstruir o que escgallades, e oxalá teu partido, se ten unha chisca de sentido común, selecciona mellor os candidatos, e se non, dios nos libre de ti no concello, porque entón esa concellería sobra e sería inutil.
Triste


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.23-07-2006
que bonito e largar baixo un sobrenombre nun foro de internet,ti dis que Xan Cancelas e o peor concelleiro da historia de Moaña pero porque che da a gana a ti,non apoias tus argumentos con razóns que avalen a denuncia que fas.A min gostaríame escoitar a outra parte e si Xan Cancelas acorda a disolución de proteccion Civil as suas razons terá e o mais probable e que a agrupación de voluntarios exijan moito e fagan pouco.
Nel
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.23-07-2006
Hai que respectar tódalas opinións, faltaría máis. A miña é que Xan Cancelas ten ideas e esfórzase por facer ben e con honestidade o seu traballo. Outra cousa é que non todos coincidan con elas. Penso que o que compre é tomar un respiro, porque lle están chegando pedradas desde distintos frentes coa mesma xustiza que as de Israel no Líbano (desculpen os excesos). Tódalas partes deberían reflexionar e facer un esforzo de sensatez, polo ben de Moaña
viriato
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.23-07-2006
Xa era hora de que alguén se atrevera a poñer freno os vicios que tiñan adquiridos alguns en Moaña. Alguén viu que a chamada Banda Municipal de Moaña colaborara algunha vez co Concello, facendo algún concertoo aire libre no palco ou polas parroquias,etc.. Parece que o Concello ten que subvencionar sin recibir ningún tipo de beneficio para os cidadáns. Dos desgraciados comportamentos da Protección civil de Moaña mellor non falar, fai tempo que tiña que estar disolta.
Silencio
BRAVO POR EL CONCEJAL DE CULTURA DE MOAñA23-07-2006
Enhorabuena para el señor Cancelas. Nunca hubo tanta actividad para los jóvenes. Festichán, Moaña sonora, la bilioplaya. Increible el programa del interceltico deste año. Ya estaba bien de tanto mamoneo con al banda y compañía. Aún nos acordamos del follón que montaron los de la protección civil en el Festichán del año pasado.
Bravo señor Cancelas

Moañes
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.24-07-2006
Penso que a xente con amplitude de miras está a favor de Xan Cancelas, que é persoa próxima á cultura, e non ó mangoneo. O qe pasa é que a xente que colle ó touro polos cornos soe recibir críticas. O tempo pon a cada quen no seu sitio, e paréceme que a Cancelas lle reserva un posto de privilexio, en medio de tanta mediocridade
rabudo
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.25-07-2006
Vou contestar ós que vedes unha parte do tema con datos como vos pedides, as felicitacións por favor, facedellas a quen corresponde, Festichan a Patajullos que son os que organizan, non vos fiedes dos carteliños que a colaboración do concello quedase niso, en colaboración (escasisima), Moaña Sonora e unha activiodade doutro departamenteo, e mais, Xan Cancelas opoñíase a esa actividade rotundamente cando comezou, foi mais ben Libertad Cruz a que a apoiou, e non é precisamente da area de cultura, a esta mesma área débeselle a biblioplaia, a ludoteca e demais actividades como campamentos, é decir, a SErvizos Sociais, e claro, ¿non credes que debería ser cultura a que os levase a cabo? pensade un pouquechiño e chagaredes as conclusións, o señor Xan nunhas oponse (non creades que o festichan lle gusta o mais mínimo, pero bueno, nin festichan nin nada parecido," iso é para borrachos e desfasados"). En canto o programa do interceltico... vaia por dios, traen a grupos para quedar ben "con algún amigo" que xa imos un pouco cansos de ver, o que non quere decir que non sexan bós, eu respeto a Berrogüetto, Milladoiro e demais, pero en 10 anos ¿non os vimos bastante xa por aquí?, onde está o espiritu de traer grupos celtas novos ou descoñecidos por estes lares?, bueno iso é o que eu entendía por festival intercéltico, o de coller os cartos e pagarlle a un representante pa que busque a catro de aquí, home, todo quedana casa, pero gustariame ver xente "inter-celtica".
En canto o tema dos cartos, jeje, que temazo. Ben, para quen non o sepa, todas aas agrupacións de MOaña en compensación por as subvencións ou axudas deben dar algunha actividade para o concello, vamos para toda a socidade, como é lóxico, de valde. Isto era o que se viña facendo ata Xan, pero claro, cando te están a vacilar, e das subvencións nanai de la china, pois un ano picas, outro tamén, pero catro... como que non. Xa entendedes o que pasa, non digo mais. De todos modos seguen habendo actucaións e actos que organizan as asociacións, banda de música etc... que son de valde, así que o problema é que non son para o concello como institución, pois non, son para todos os moañeses sen que valga de propaganda política.
Bueno, ó mellor esta resposta é longa de mais, pero argumentos sobran para dicir o que digo, sobre todo porque os que estamos dentro desete eido vemos como se deteriora; o concelleiro de cultura tampouco lle gusta asistir a actos culturais ós que asiste o alcalde e outros concelleiros, subvenciona discos a grupos "amigos" e a outros pois nin hola lle di, ou fai comentarios parvos que non veñen a conto como "que pouco cantades en galego, se cantarades mais en galego..." han cantar moito en galego o grupo de Jazz no que so un membro é de Moaña, con todos os respetos, que é un grupo cojonudo.
E si, digono por intenet, porque ese tan aberto que ti debendes tamen pode tomar represalias no posto que ocupa e se as cousas van mal, sempre poden empeorar.
En fin, que basta entra na páxina do concello da sección cultural e ver o marabilloso elenco de actos que hai, jeje. e a superpromoción que se fan deles. Que quen diga que isto vai para arriba... bueno. Un saudo para todos, está ben que defendades os coñecidos, que falando fala cojonudo, pero actuando actua de pena.
Respondente
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.25-07-2006
Vexo que algúns siguen entregados ó deporte de manter as situacións de descontrol no gasto municipal como sea. Alucino coa falla de responsabilidade e coas excusas que buscan algúns para que se sigan utilizando os fondos públicos para autopromoción. Hai que ser un pouco máis solidarios e pensar menos nos interese particulares.
Silencio
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.26-07-2006
Postos a decir animaladas para apoiar as campañas da dereita era bo que lle meterades un pouco máis de imaxinación. Xa sabes, non soio o peor de Moaña, o peor do Morrazo, pode que incluso da maior parte da provincia de Pontevedra. Tamén se pode empregar aquilo de..."si máis mundo oubera máis la chegara..." ¡Hai...como botamos de menos aqueles anmos nos que o concellal de cultura era Currás...
Tristisimo
RE: O PEOR CONCELLEIRO DE CULTURA DA HISTORIA DE MOAñA.27-07-2006
de3fectivamente
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados