Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
Horrible a imaxen que dá na entrada de Moaña o novo chiringuito da Xunqueira. O mobiliario é penoso e aspecto xeral tercermundista.
Este tipo de instalacións debería cumplir unhas normas estrictas en canto a imaxen, xa que está instalado en espacio público.
Moaña non se merece ese borrón na sua costa
TRIGAS


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
Iso pasa cando os que teñen o poder de decisión non teñen un mínimo de cultura medioambiental nin respeto á colectividade e moito menos algo de sensibilidade co entorno que nos rodea.
Cando están hipotecados polas "promesas" feitas a "amigos pouco escrupulosos" pasan estas cousas.
O Vello Rosmón
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
Os de antes podían gustar máis ou menos pero Moaña nos derradeiros 30 anos deu un salto de calidade que non se pode negar. Os que máis o recoñecen son as xentes que nos visitan.
Agora da pena andar por Moaña, onte mismo fun dar un paseo pola carrteira de arriba (Ramón Cabanillas) i estaban as aceras cheas de cagadas de can. (culpa de Zapatero)
Diredes que non se pode evitar, que é culpa do baixo nivel cultural dos amos dos cans, pero si se pode evitar en Vigo ou noutras cidades estou seguro que en Moaña tamén se pode.
O feísmo da Xunqueira ou as cagadas polas beirarrúas principais de Moaña son producto do baixo nivel cultural do alcalde e da concellala de cultura, e do baixo compromiso coa hostelería, e a imaxe que Moaña está a dar, non é cuestión de cartos, porque un chiringuito-chaboleiro soio precisa unha firma para contaminar o ambiente.
En canto ás cagadas nas beirarrúas unha campaña de concienciación e un pouco de vixiancia co "BLOCK" na man seguro que axudarían a unha correcta conducta cívica.
Algo de escola de adultos para os nosos concellais tamén axudaría.
O Vello Rosmón
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
A ver non mirei o chiringuito, pero non sei iso de cumprir unhas normas con respecto a imaxen....non vaia a ser que amplíen iso as persoas,de todos modos penso que nos estamos volvendo un pouco "pijos" todos, austeridad veciños , austeridad¡¡¡¡ e volvo a repetir , non mirei o chiringuito , igual o vexo e cambio de opinión.
o trovador
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
E que a xente de Moaña criouse no hotel Ritz, e agora os chiringuitos de plalla teñen que cumplir unhas "normas estrictas de imaxen" para as reunións dos altos cargos do mundo, baixade home baixade .
a reme
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
estes do beneguai ahora molesta lles todo o mesmo chiriguito esta na entrada da isla ese non molesta abista eque cultura tiñan os anteriores?
eu
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
Si falamos de cultura, creo que non hai color e si falamos de traballo, tampouco.
eu2
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
Eu estou da cordo cunha parte do dito por O VELLO ROSMÓN,das cagadas dos cans que o dia de hoxe, ninguén dos gobernantes do concello de Moaña nin fixeron nin fan unha ordenanza para sancionar duramente os que leven os cans a cagar os espazos públicos,o mesmo pasa cos donos das leiras que non limpan as testeiras e as silvas invaden os camiños,e o concello ten que empregar unha maquina cos cartos de todos para o privado, sen embargo se fai falta unha cuarta de terreo para ensanchar o camiño terlle que pedir permiso ou senón te denuncian.
ANXO
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
o chiringo pegado a duna da xunqueira , e un insulto a todos /as , un adefesio na entrada do pobo , mexando e cagando no rio , ai cousas que pola propia imaxe do noso pobo non e de recibo , poñanse como se poñan alguns , a recuperación da xunqueira non pode ser para que o partido popular monte e faga o que lle veña en gaña , señores da oposición , estas cousas non van o pleno , non ai que aprobalas , a caso estan de acordo con esa merda na entrada de moaña .
no por dios
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
No entiendo tanto alboroto por ese chiringo, ¿o acaso el de Samertolameu es un prodigio de imagen?, es un negocio para la época estival y después se quita, no hay que darle más vueltas al asunto, porque de la misma manera sería igual de estorbo y adefesio el que está a la derecha de las pistas de atletismo, y éstas también son feísimas como antesala de un complejo dunar que se está recuperando poco a poco.
Creo que nos estamos volviendo tan "chic" que nos quejamos por todo.
RC
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA05-06-2012
tes toda razon cr
eu
RE: CHIRINGUITO NOVO DA XUNQUEIRA06-06-2012
A min persoalmente, chamoume a atención, pero pode ser pola novidade... Non me gustou o "estilo" da edificación, pero iso é unha interpretación moi persoal (que varía segundo o observador). O que sí me gustaría é que estas instalacións, os "chiringuitos", as colocasen noutro lugar que non foxe enrriba da area, pero a lei de Costas non obriga, aínda que indica que se deben colocar preferiblemente fora do dominio público... Tamén é verdade que o areal de A xunqueira está nun ámbito urbano...

Aclara d'or
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados