Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
PRAIAS PARA TOD@S29-05-2012
Boas, quería facer publico o que está a acontecer en Aldan, entre a praia de Menduiña e a de Francon, existe unha caliña Sartaxens. Pois ben, dende fai decadas, a esa "praia" accedese por un camiño, e dende fai preto de un ano, unha serie de persoas donos dun terreo q linda coa praia están a arranxar o terreo de tal maneira que o acceso qeda pechado, cando a lei de costas di q a menos de 6 metros do mar non se pode nin tan sequera cambiar a fauna que ali esta, pois estes personaxes estan facendo un muro cunhas pedras, allanando todo o terreo, e como se lles deixe acabaran pechando todo. E por lei creo q non se pode edificar nin construir a menos de 100 metros (non estou seguro dos metros) pero vamos, o que eles fan non está nin a 2 metros do propio mar. Gustariame que isto se dera a coñecer, gracias! un saudo
moises1990


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PRAIAS PARA TOD@S30-05-2012
Vaille falra de leis a charrúa alí na praia dos alemáns, ou os cazurros do "camping" que hay en pinténs.

A mafiada de Punta Couso, o caradura da de Temperáns, os de San Xián...
f&r
RE: PRAIAS PARA TOD@S30-05-2012
Eu son ti e denuncio,non esperes a que o fagan outros.
Non o creo
PRAIAS PARA TOD@S30-05-2012
o do charrua xa está feito, pero isto podemolo evitar, creo que andar a protestar por cosas xa feitas, xa e algo sen retorno, pero isto podemolo evitar. ademais isto é un terreo q non chega nin os 50 metros, e como unha parcela na q non cave nin un galpon, pero e polo simple feito de q estan a variar o caminho e fan q a xente tenha que andar polas pedras, cando unha eprsoa maior q vai ahi ou unha nai cus rapaces pequenos non poderá pasar.
moises1990
RE: PRAIAS PARA TOD@S30-05-2012
Nos vinte primeiros metros dende o límite superior da ribeira do mar, que é onde chegan as olas dos máis grandes temporais coñecidos e que está marcada polos pivotes de cemento de costas, non se poden levar a cabo peches nin cerramentos sen autorización de Costas. Os seis primeiros metros deberán manterse permanentemente expeditos, no caso de zonas de tránsito dificil ou perigoso ampliarase ese marxe o que sexa necesario ata un máximo de 20 m. (Regulamento de Costas RD 1471/1989 art. 44)

Se están a facer agora mesmo a obra o mellor sería chamar inmediatamente ao 112, que van gravar a incidencia e teñen a obriga de informar a autoridade competente, Garda Civil, policía local ou concello.
cativa
RE: PRAIAS PARA TOD@S30-05-2012
pois a verdade e que o pivote ese, esta a menos de 1 metro do suposto terreo, xa fun hoxe a mañan a cerciorarme e o segundo pivote tamen que esta a 10 metros do outro pivote, de todas formas xa fun o ayuntamento, e esa parcela xa ten aberto un expediente por pechar o terreo con 2 cadeas...
moises1990
RE: PRAIAS PARA TOD@S30-05-2012
Como sexa amigho de Sotelo vai dar traballo botarlle abaixo o peche
denosiña
RE: PRAIAS PARA TOD@S31-05-2012
Olvidarse si ixo e dun politico ó amigo , as leyes pa eles non sirven, eles viven en otra dimension superior os demais humanos, son uns carroñeros, piratas, defraudados, especuladores,corruptos, ladrons, e un largo etc etc, remitome a todos casos de corrupcion, especulacion,trafico de influencias que todos coñocemos, e vanse de rositas todos¿ cantos politicos corruptos hay na carcere? fan o que lles da a gana e sobralle tempo , e isto mesmo e para os banqueiros, multinacionales etc etc
olvidarse
RE: PRAIAS PARA TOD@S01-06-2012
Unha proba deses métodos é a obra de ampliación da baixada de Menduíña:
-Non facía falta para nada, porque aínda que aparques máis coches, na praia non cabe máis xente
-non tiña proxecto, nin estaba en ningunha planificación nin contaba con ningunha licenza
-o presuposto que figuraba no letreiro de obra non tiña nada que ver co que estaba concedido no BOP
-levan tres anos coa carreteira escarallada facendo as cousas por favor, por amigueo e por presións a quen se opón a que lle leven o terreo
-a este paso tardarán outros tres anos, pero as molestias que produce deben darlle igual mentres metan os cartos dos contribuíntes no seu peto
lorcha
RE: PRAIAS PARA TOD@S02-06-2012
Pregunto: ¿Están xa denunciados estes feitos:
no Concello de Cangas?
no servizo de proteción da natureza da Garda Civil?
no servizo provincial de Costas?

Por favor, contestade para ver o que podemos facer.
Un interesado
PRAIAS PARA TOD@S18-06-2012
xa esta avisado a todo iso! de feito xa teñen amonestacion por teer unha cadea cortando o paso xa fai 2 anos, e agora xa están baixo vixilancia
moises1990an
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados