Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
click here
Indispensables
Donde ...
Guia
TRATADOS COMA DELINCUENTES19-07-2006
Os colectivos abaixo subliñados, queremos denuncialo trato de delincuentes que recibimos por parte da AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, cando o lúns iamos a entregar as alegacións contra o recheo que a empresa TRANVIAS ELECTRICOS DE VIGO S.A. quere realizar no estreito de Rande.

Os feitos se produciron cando iamos a entrar no edificio para entregar no rexistro as mencionadas alegacións, se nos pechou a porta exterior do mesmo as 12.40 horas, cando se trata dun edificio público e en horario de oficinas. Un cámara da Televisión de Galicia grabou os feitos, que non se incluíron despois na edición das noticias locais cando emitiron a reportaxe. Foi necesaria unha chamada á policía para que abriran de novo as portas.

Unha vez entregadas as alegacións, dúas persoas dos que acudimos a exercelo noso dereito cidadá, entrevistámonos cun responsable da APV esixindo unha aclaración polo trato que nos dispensaron. A súa resposta foi de que eramos moitos e estabamos alborotando.

Señores, si 15 persoas se poden considerar moitas e si extender unha pancarta e exercer a liberdade de expresión se chama agora alborotar, que alguén nolo explique. De tódolos xeitos, insistimos: As imaxes da nosa entrada ó edificio da AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO están grabadas por un cámara da TVG. Nos non temos nada que esconder. Si alguén quere preocuparse por saber quen di a verdade, que pida a cinta e as mire. Non mais oscurantismos, queremos institucións transparentes e ao servizo do cidadán.

Saúdos.

Confrarías de Pescadores de Cangas, Arcade e Redondela

Coordinadora Pola Defensa do Litoral do Morrazo

Voces Polo Litoral de Teis

Foro Social de Cangas

Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo – Cies

Agrupación de Naseiros Alvedosa

Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón



Foro Social


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES19-07-2006
Se está clarísimo,vivimos nunha dictadura encuberta,na que os de "arriba" fan de nós un pandeiro,mangoneannos como queren,pechar as portas dun edificio publico na cara dos contribuintes é un acto gravísimo,que se chega a ocurrir en calquera pais europeo,rodan cabezas ou mesmo hai dimisións,aqui non,aqui seguimos coa politica caciquil de antaño,onde a administración fai o que quere,claro que eu pregunto que curioso,que cando a facenda van a pagar mais de 15 persoas non lle pechan as portas nos morros,pero claro neste pais pa pagar si,todo vale,pero cando se trata de reclamar,protestar,exixir etc,entón aparece o trato caciquil de antaño.E logo dikn que somos europeos,si europeos pa jodernos con impostos,ou con puntitos do carne,en dereitos e trato burocratico inda estamos a altura deses paises caribeños,onde un selo nun papel podeche levar dias de espera,.asi que soio decirvos,que non vos amedrente a Autoiridade Portuaria,nin Facenda nin nadie,TODOS eles viven dos nosos impostos,e por outra banda Franco xa morreu...ou quizais non???
lois
RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES19-07-2006
Pois o millor Franco non morreu e ainda anda a dar a brasa por ahí. Queixamonos dos da dereita pero estes da esquerda sonche ainda mais fachas que os peperos ¿ será que o poder saca neles a cara mais fascista e caciquil ? Que asco dan todos os politicos da cor que sexan dame igual, todos van o mesmo e todos miran polos seus intereses e foden sin piedad o que se interpon no seu camiño .
marixa
RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES20-07-2006
Que da igual do color que sexan. Unha vez no poder son todos iguais, non hai distincions son mais fachas que os fachas....
¿E pensar que somos nos os que lles pagamos cos nosos impostos?. A mais de un que esta detrás dunha ventanilla, habia que sacalo polo pescozo e dicirlle catro realidades... Sobre todo colocalo no outro lado da ventanilla, a ver se ten a mesma disposición.... Unha vergoña!
Vivan los politicos
RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES22-07-2006
hOME E ENTON QUE ESPERADES, SI ALA ONDE VADES SEMPRE CON FOLLON POLO MEDIO, EU NON SO VOS PECHABA A PORTA, EU TRAIA OS ANTIDISTURBIOS PRA QUE VOS BREASEN, PA LEVAR UNHAS ALEGACIONS PODE FACELO UNHA PERSOA A TODO-LO MAIS DUAS, PERO NON QUINCE ASI QUE NON VEÑADES A FACERVOS OS SANTOS QUE VEN SABEMOS CON QUENES TRATAMOS. ADEMAIS SE NON VOTARON NADA NA TVG FOI PORQUE DABAN ALGO MAIS INTERESANTE E IMPORTANTE QUE TODA ESA BROZA A QUE ESTADES ACOSTUMADOS
EU QUERO RECHEIO
RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES22-07-2006
E digo eu, que lle importa os de cangas que veñan a rechear en rande, metedevos no voso carallo
RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES24-07-2006
A ría é de todos, mamón!
Paulo
RE: TRATADOS COMA DELINCUENTES24-07-2006
O que tiñades que facer cando non vos deixaron entrar eses papacodias da autoridade portuaria é botarlle a porta abaixo a eses delincuentes.
E xa me dixeron que cando fostes a Autoridade Portuaria xusto entraba Abel Caballero e lle chamastes delincuente. Fixestes ben, a pena foi que non tiverades unhas botellas de vidro, queroxeno e un trapiño. Abel Caballero é un dos máximos delincuentes que hai. É unha vergonza que o presidente de Autoridade Portuaria se deixe subornar por uns millóns a conta do noso entorno e dos que viven del.
NON ÓS RECHEOS!
SALVEMOS MASSÓ!
Lenin returns
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados