Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A DECONSTRUCIóN DO FEíSMO17-05-2012
Haz click para ampliar O afamado arquitecto Cesar Por Tela está a avanzar cada día máis cara a sublimación do feísmo galego. O seu trato das texturas, dos volumes, da harmonía conceptual chega a extremos sublimes neste proxecto de rehabilitación das naves de Ojea. Admiramos o seu dominio do trazo, a delicadeza coa que uns volumes lixeiros como o ar superpóñense sobre a solidez telúrica da pedra do Morrazo, aquela que o poeta cantou e que agora o insigne arquitecto, poeta tamén el coroa cal peineta en día de procesión dos Dolores, cal patela grácil sobre o molido das eternas peixeiras de Cangas, en harmonía con todas as rexas medianeiras que mostra a creatividade mariñeira e a falta de control municipal.

Extasiémonos coa altura a que ten chegado a nosa arquitectura popular, merecedora sen dúbida de honorarios comparables aos de outros arquitectos ibéricos que soamente saben facer ridículas pontes e auditorios con teitos picudos.

Animemos a Sotelo e os seu equipo de auténticos obreiros da Nova Cangas a combinar os seus saberes ancestrais coa loseta pétrea coas ambiciosas propostas deste xenio galego, tan achegado a nosa alma, a noso xeito de comprender o mundo que estamos seguros que rematará esta obra cun canto final ao valado de somier reciclado. Longa vida á xenialidade.
>> Ampliar datos por tela


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A DECONSTRUCIóN DO FEíSMO18-05-2012
Eso
Retorico I
RE: A DECONSTRUCIóN DO FEíSMO18-05-2012
Para a "nova Cangas" xa pusera a primeira pedra, perdón, loseta, a anterior mandarica Millán Primeira, no eirado do Señal, cunhas abraiantes farolas de deseño e un chan de loseta de complicadas pendentes para recoller a auga e que xa está totalmente roto.
marreta
RE: A DECONSTRUCIóN DO FEíSMO18-05-2012
Outra nova barbaridade das obras no casco vello e o levantado da beirarúa que tiña o edificio do Bar Celta, de indubidable valor arquitectónico e patrimonial, e que pode mesmo afectar á estrutura do edificio. Sotelo no poder en Cangas é como o cabalo de Atila, pretende deixar unha vila enlosetada, anodina e sen patrimonio.
valdepeñas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados