Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
is there any completely free dating sites
Indispensables
Donde ...
Guia
25 DE XULLO DIA DA PáTRIA19-07-2006
Haz click para ampliar
Un 25 de Xullo pola autodeterminación
Construíndo A Nación Desde A Esquerda. Polo Noso Dereito A Decidir

Se o ano pasado no Día da Patria celebrabamos, aínda que con reservas, a derrota eleitoral de Fraga e a entrada dun novo governo con “tintes progresistas” na Xunta, este ano non temos nada que celebrar posto que a socialdemocracia española e o autonomismo galego que hoxe rexentan o governo galego en pouco ou en nada mudaron a situación de Galiza.
A rexeneración democrática da administración, a grave situación na que se atopa a nosa lingua, a emigración na procura de emprego da nosa mocidade, o envellecemento e despovoamento no rural, a imposibilidade de acceso a unha vivenda digna para gran parte da povoación galega, uns servizos públicos deficitarios, a especulación do solo e a destrución do noso litoral en beneficio das grandes empresas construtoras e os bancos, son algúns dos problemas que non se estan resolvendo e que estan sendo ocultados baixo o paraugas mediático da reforma estatutaria.
Así, o debate actual sobre a reforma estatutaria non vai máis alá da discusión sobre a cesión dalgunhas poucas competencias ou presupostos. O problema non é que Galiza teña máis ou menos grao de autonomía, senón a falla de liberdade para decidir o seu proprio futuro. Porén, calquera proposta que non vaia a raiz do problema, ou sexa, o recoñecemento do lexítimo direito de autodeterminación do povo galego, non fará máis que manter a nosa situación de dependéncia.
Fronte ao nacional-catolicismo do Partido Popular, a socialdemocracia do PSOE e o autonomismo do BNG que, mediante a reforma estatutaria, intentan impor-nos un modelo de estado que nos explota e oprime como clase traballadora e como povo, existe unha alternativa de esquerdas que ademais de reivindicar e traballar para que Galiza poda decidir o seu futuro libremente, denuncia os efectos do capitalismo na clase traballadora, a destrución do meio ambiente ou a privatización dos servizos públicos.
A construción desta alternativa, acadar a unidade de acción, debe converter-se nunha realidade. Mais esta non pode ser virtual, debe facer-se desde abaixo e tendo como base o traballo en común nos distintos concellos que forman o noso país. Existen unha serie de organizacións e colectivos dispersos que teñen a obriga de sumar esforzos e traballar por Galiza. Temos que nos deixar da comoda política de comunicados e foros de internet e sair ás rúas, deixar de buscar defectos no outro e atopar os pontos en común.
Hai que achegar a nosa mensaxe ao povo, traballando sobre os problemas reais, aportando solucións e facilitando esta comunicación chamando-lle as cousas polo seu nome pero cunha linguaxe clara.
Non podemos nin debemos esquecer, agora que se cumpren 70 anos do comezo da Guerra Civil, a todas aquelas persoas que foron perseguidas, torturadas e asasinadas por defender o direito da nosa terra a viver en liberdade. Recuperar a dignidade destas persoas reparando os danos morais, como se pretende proclamando este ano como o da memoria historica, sen recuperar os ideais de liberdade e democracia polos que morreron é un acto hipocrita e demostra que a memoria deste governo é selectiva.
Tampouco podemos esquecer-nos doutros povos coma o palestino, o kurdo e o saharaui que na súa luita pola liberación nacional sufren a represión máis feroz por parte dos estados opresores co beneplacito de institucións como a Unión Europea. Nin tampouco daquelas nacións como a cubana que resisten dun xeito exemplar e heroico o acoso do imperialismo americano. Hoxe o povo galego debe solidarizar-se con estas nacións reclamando o cesamento dos ataques sobre o seu territorio, e reivindicando ademais de para si mesma o direito de autodeterminación tamén para estas nacións.
Polo noso direito a decidir o futuro de Galiza dende o Colectivo Nacionalista animamos á cidadania galega a asistir á manifestación convocada por diversas persoas, colectivos e organizacións que terá saída na alameda de Compostela o martes 25 de xullo ás 12:30 da mañán.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA19-07-2006
a verdade que tes razón,a min dame igual ter a fragua que a estes dou elementos,o que máis me defrauda é o bloque,sempre có seu rolliño guay e despois son tan fachas como os demáis.
Aquí en pontevedra governa o bloque,e como non estés dacordo con eles xa che chaman as que non hai,ou sexa sempre a misma merda pintada de distinta cor
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA19-07-2006
merda para a patria e santiago xa estamos fartos de escitar falar de patrias,fronteiras e demais merdadas,os homes son do mundo e as fronteiras e as patrias son delirios dos que queren mandar sobre as demais persoas,solo queremos vivir o pouco tempo que estamos aquí en paz,e non oir falar de estatutos,españas,nacionalismos e porcalladas,que os cataláns xa nos hincharon os juevos bastante que non se pode non comer e mirar o telexornal sin que che fodan a comida
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA22-07-2006
Estoy totalmente de acuerdo con el ultimo comentario.

Barreras para quien las quiera, yo no, por que yo libre soy. (Concha Buika)
Ciudadano del mundo
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA23-07-2006
¡¡¡¡¡QUE VIVA ESPAÑA!!!!!
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA24-07-2006
Moito estar en contra das patrias pero despois só hai que vervos con plantexementos máis españoleiros ca ninguén e cunha concepción nacional hispánica moi marcada.
ANTI-HIPPIES
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA24-07-2006
Estou dacordo con anti-hippys, moito hippi de pacotilla que vai de guay.
VIVA GALICIA CEIBE E SOCIALISTA!!!
Ferrín Boys
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA26-07-2006
Como os gustaria si pudierais, si tuvierais el poder, hacer un escarmiento con los hipis, ¿Verdad?. Esa mala gente que solo pregona la amistad y la paz entre los pueblos y denuncia todas las dictaduras incluidas las socialistas-prosovieticas.

LOS MANDARIAIS ESTERMINAR............

O LOS ESPULSARIAIS DE VUESTRA "PATRIA"

O LOS INFLARIAIS A HOSTIAS.

como os relameis de solo pensarlo.

Tanto odiais que os convierte en lo que mas detestais .

EUROPA ES UN MUNDO LIBRE DE NACIONALISMOS SOCIALISTAS.

PAZ Y BUEN ROLLO HERMANOS...................
UNO QUE LE GUSTARIA SER HIPI
RE: 25 DE XULLO DIA DA PáTRIA28-07-2006
Que va eu a un hippy o trataría con cariño e con amor... hahahahahah
INDEPENDENCIA E SOCIALISMO
Stalin
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados