Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://kathleencooperfinepapers.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
O URBANISMO EN MOAñA18-07-2006
En Moaña acosaron na rúa e nos seus postos de traballo e ameazaron con listas negras contra dos alegantes ó porto deportivo desta localidade. O daquela presidente do club social que promovía este porto deportivo foi apresado pola xustiza por narcotráfico e outra das persoas detidas, tamén de Moaña, estaba vinculada con negocios inmobiliarios na Costa do Sol. En fronte queren facer torres de edificios na Finca da Marquesa do Real e no outro lado Promalar especula con construír na Finca de Concepción Arenal, as dúas zonas verdes de entidade que lle quedan a esta zona destrozada hai anos por unha urbanización, precisamente cando gobernaba tamén este municipio o BNG. En Albariños, na Xeira, en Broullón, Domaio queren construír onde ata o de agora é chan agrícola e a despensa natural deste municipio. Queren montar un parque industrial na Cruz da maceira preto da cabeceira do río da Fraga e dentro dun espacio natural protexiodo dos Montes do Morrazo. Queren montar unha urbanización no monte do Ramil, dentro da protección dos 200 metros de solo rústico de protección de Costas. Dez convenios urbanísticos superan os actuais niveis de edificabilidade das actuais normas subsidiarias e da propia LOUG. Non se teñen en conta ou están mal ubicados a maioría dos xacementos arqueolóxicos. Moaña prevé duplicar a capacidade edificatoria actual de cara o futuro onde a economía estará baseada no turismo , instalacións náutico deportivas e no ocio afín. isto é o que promove e apoia o actual goberno BNG-PSOE-Inmo para Moaña no futuro.
Un de Moaña


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O URBANISMO EN MOAñA18-07-2006
seguro que todo e mellorable...pero o plan xeral de moaña non ten moito traballo feito de por si , se non que se adaptaron a lei do solo que sacou o partido popular na xunta......iso por un lado ,por outra banda non estou dacordo contigo no do porto deportivo,porque a pesar de eu non ter barco pareceme dun atractivo importante o futuro das instalacion deportivas -nauticas, e dame a sensacion que a maioria do pobo tamen.
Todo o mundo ten dereito a alegar ,pero debese respetar a todo o mundo ,o que lle gusta op proxecto tamen, aqui parece que temos que estar todos anclados no pasado .....seguro que ti eras dos que non querian o paseo do con...etc,etc, e ahora pasea todo o pobo por el que da gusto, hasta se empeza a ver xente dos pobos limitrofes por moaña a pasear....anda estarvos calkado s e non joder mais......en canto os convenios seguro que se poden mellorarv moito, e espremos que a xunta llem dea un bo corte , especialmente na zona de tiran....
bueno xa esta ben ,veña un saudo
outro de moaña
RE: O URBANISMO EN MOAñA18-07-2006
Todo é mellorable se hai alguén que controla o tema, se tí confias en que o van a facer ben por eles mesmos vas de cú, van ollar todo liso e llano e tirar por onde mellor lles pete, que a xusticia funciona moi ben cando te teñen que tirar un muro de cincoenta centímetros de mais a tí, pero dúrmese cando se trata de tirar unha torre ilegal dos cimentos o teito a eles. E a maneira que tes de xustificar o plan coa lei do solo cheira mal ou é non ter puta idea.
basta xa de ladrillos
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
Así que en Moaña non se poderá vivir nin do turismo, nin da industria, nin da construcción... Pois vaia Plan de vida: plantar coles na Gándara, sacar croques da ribeira, de funcionairo no concello, cobrar unha pensión ou unha invalidez, ou traballar no BBVA. A min, si me deixades pedir, pido taballar no BBVA, que é o máis descansado... ou no concello, que tampouco deben rascar muito.
outro mais
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
O que xa está fora de lugar é o de arrasar con todo o que é natural ou ten pinchos. O Carrefour e as ITT non son as únicas opcións posibles, aínda que para pasar de ahí fai falla cultura, ou ter mirado un pouco de mundo, ou ter os ollos un pouco abertos.
Tiveron os veciños de Moaña oportunidade de falar, e digo falar, xa non discutir, co señor Freijeiro sobre o tipo de pobo que querían? En Galicia pásase o rodillo sobre o persoal dende o século XV, e é triste que gobernantes que se din de esquerdas apúntense ao mesmo carreiro, e que conste que eu os sigo preferindo ós outros.
parque no Real
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
Estou de acordo en que Moaña debe progresar, que debemos mirar cara o futuro. Temos unha moi boa oportunidade para lle dar un pulo a nosa vila e facer cousas moi importantes, que de seguro marcaran a nosa prosperidade e a dos nosos fillos. O que non vexo claro é que non temos persoas preparadas para poder afrontar todo o que se nos ven encima. En Moaña están tentando de entrar constructores, especuladores, etc... con uñas e dentes, con tal de facer o seu Agosto. Penso que no Concello de Moaña non hai xente preparada para poderlle parar os pes a toda esta xente, e colocar a cada un no seu sitio. E mais, para este tipo de cousas hai que ter a cabeza moi fria e pensar ben o que se vai facer. O problema vai ser cando comenze a moverse millons e millons de euros. A ver si a mais de un non se lle perde a cabeza.

Agora mesmo en Moaña hai moitos frentes abertos no que a construccion se refire, moita urbanización para facer. No momento que comencen a construir non vai ser nada facil controlar a todos.

O meu parecer, dende o Concello se debería promover un grupo de persoas "que realmente entendan de urbanismo", e cando me refiro a que entendan, e que sexan profesionais, para que se controle todo o que se vai facer en Moaña. Mais que nada por non hipotecar o futuro da nosa Vila.

Moaña e unha vila que poder dar moito de sí, que se poden facer muitas cousas, sempre que se fangan con sentido. Temos que aproveitar o tiron, e facer unha vila prospera e grande... sobre todo para os Moañases, que somos en realidade quen disfrutamos dela dia a dia.
Outro de Moaña
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
o capullo este de moaña que vai de listillo, dicindo que non temos puta idea de urbanismo.....por suposto,,, probablemente ningun dos que andamos por estes foros teñamos puta idea, pero a pesar deso creo que ti ainda non entendeche a frase "lei de solo", nos terminos que eu me referia non eran outros de que todolos plans vanse adaptar a esa lei e poden estar traballados ou pouco trasballados , o meu entender o de moaña non vai deslunbrar a ninguen , ou sexa que esta pouco traballado, pouco atrevimento etc,etc, moito criterio politico e pouco artistico-tecnico.
veña machote ponte o dia.
outro de moaña
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
Como lles molesta a algúns falar de urbanismo e ademáis se poñen histéricos. Hai outra cousa que non dixen anteriormente, que este tipo de urbanismo non só o promove e apoia o goberno municipal actual senón que tamén o secunda a oposición de dereitas (PP-APOM) o cal é bastante sintomático, onde están as dereitas e donde están as esquerdas, Por outra parte a empresa que elaborou o PXOM de Moaña, Arteplan, a cal quedou encantada cos políticos de Moaña, como non, é a mesma que elaborou o PXOM de Cangas, onde polo contrario foi rexeitada polo pobo, acusada de venderse ós intereses privados das empresas inmobiliarias e partidistas do goberno municipal do PP. Por non dicir o caso do PXOM de Vigo e dos intereses compartidos PP-BNG, senón que llo digan ós miles de veciños/as alegantes e afectados/as.
Un de Moaña
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
Eso, eso, eso... Cangas debe ser o modelo para nos...Si en Cangas se cargaron o Plan por non ssaber facer ben as cousas, nin uns nin outros, (máis uns que outros) en Moaña vamos facer o mismo. ¡Pero vamos ser menos nós que os de Cangas, Nigrán, Bueu....! Si eles van ter o Plan Xeral no 2020, noos no 2030! ¡A ver quen nos ghana a vatir recors! ¡A trainera de Meira! Eso, nin plan nin leches, vivienda unifamiliar a tutiplé a un sincuenta do eixe do camiño, e os solares de licencia directa a 200.000 pelas o metro cuadrado, que é o que mola. ¡Viva a especualasión! E os chabales que queran comprar un piso, pois a Canarias, que alí o chan está máis barato. ¡Ah, e que se jodan os especuladores promotores que se queren faser pisos en Moaña van ter que comprar o metro cuadrado a 200.000 pelas e despois venderlle os pisos os nosos fillos a 450.000 mil. Todos ecologistas, e o que queira un piso que paghe 35.000.000 en Ramón Cabanillas, que será o único sitio donde se poida edificar. Ah, e quen queira zonas verdes, pois a saltar a tapia da finca do Real e da de Promalar. Zonas verdes, okupación!, que vai diante ca vandeira o o moañés ese, e todos detrás. ¿Paln Xeral pa que, se nin Cangas, nin Bueu, nin Marín, nin Redondela, nin Vilaboa, nin Nigrán o teñen! ¡Pa que vamos nos a ser orixinales! Nos de últimos, os últimos de filipinas, coma sempre.
outro mais
RE: O URBANISMO EN MOAñA19-07-2006
O do atrevimento e o criterio artístico-técnico sóame de un arquitecto de Cangas que traballa arreo por xustificar as accións de Sotelo
O Ramil reserva do paisaxe
RE: O URBANISMO EN MOAñA20-07-2006
Moito falar da "lei do solo" e de boverias, para que despois "se la pasen por el forro de los coj...."
O que hai e moito corrupto neste pais, e o que queren e que veñan moitos a construir.
Sempre se dixo " a rio revolto ganancia de pescadores". Mais de un si poidera facer unha Marbella no Morrazo nin o dudaba.
O que queremos son profesionais que sepan o que fan e coa cabeza ben fria, e non especuladores con ganas de encher os bolsillos e facer unha porqueria do noso pobo....
UN DE MOAÑA
RE: O URBANISMO EN MOAñA22-07-2006
En toda esta historia do urbanismo de moaña alguien debialle explicarlle a quen representan o trio palito malvido e javier abal porque eu non entendo esta union ou e que teñen algo que amañar alguien sabe algo de histo pra que se formou ese trio faran unha coalicion pras municipales ou hay ladrillo
RE: O URBANISMO EN MOAñA23-07-2006

dECHES NO CLAVO SIN NOME ESES TRES QUE TI NOMBRAS ESTANCHE A ENCHER A SACA QUE XA LLES QUEDA POUCO PRA FACELO
MOAÑES
RE: O URBANISMO EN MOAñA24-07-2006

ESES QUE TI NOMEAS O UNICO QUE PODEN LEVAR OU NEGOCIAR SO AS MIGALLAS PORQUE O PASTEL XA O REPARTIRON OUTROS SI ELES SACAN ALGO EXTRA TEÑEN TODO DEREITO DO MUNDO
MOAÑES
RE: O URBANISMO EN MOAñA24-07-2006

Nome e de estrañar que malvido queira ahora repañar algo eu creo que non ten que ser bobo si ahora o que manda no psoe de moaña e un asalariiado de un construtor e vai ser quen corte o bacalao el algo tendra que decir pra tomarlle o pelo xa llo tomaron mais de unha vez esta lexislatura dos outros dous e mellor no opinar
outro de moaña
RE: O URBANISMO EN MOAñA25-07-2006

Ahora si que me cuadran cousas por hixo este trio ten tanto interes pra que o campo de futbol se faga no rosal e malvido saia na prensa anunciando sua negativa a donde quere facer o governo o campo porque sera estas coicidencias entre estes tres quen e dos tres o ideologo de esta trama porque non e normal que un menbro do governo a maioria das veces vote afirvatavamente coa opsicion nas cuestions do plan xeral
outro de moaña
RE: O URBANISMO EN MOAñA30-07-2006
Eu o k dijo é k moaña nestes últimos anos no cambiou nada. Seguimos edificando nas únicas dúas avenidas. O mellor se o concello fixera rúas novas baixaban os prezos da vivenda e todo, pork ond vai a nosa circunvalación, akela avenida k iban a facer coa vía rápida fai xa catro anos??
E a piscina??
O k hai e moito canguismo no morrazo.
Xavier
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados