Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
Gustaríame aproveitar este espazo para chama-la atención sobre a acumulación de coches na estrada diante do bar de Puri, na Magdalena. Parece mentira ter que dicir isto, pero deixa-lo coche en dobre fila cosa catro intermitentes postos, non é aparcar. Así que a todo ese listo que o fixo algunha vez, que saiban que na costa do institito hai sitio dabondo para aparcar eses coches correctamente. O que non se pode ser é un vago que lle coste camiñar 20 metros. Á policía de Cangas pregúntolle se é que descoñece esta situación ou sixelamente pasan de todo. Tanto coche en dobre fila áo saída dunha curva non é boa idea. Calqueira día pasa unha desgracia, ou pasa un listo e van todos os coches ó carallo polo desnivel abaixo. E se non, tempo.
A estrada é de todos, e unha situación coma esta non se debería permitir mais tempo.
Canguesa


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
o problema e que a xente e moi comoda, e teñen que deixan o coche na mismisima porta porque se non caeselle o mundo enrriba se teñen que andar 30 metros, estan demasiado acomodados.
O que tiña e que pasar algo para que a xente se conciencie de que somos un irresponsables con coches e mais nese tipo de carreteiras que non tes marxen pra maniobrar.
por no variar
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
Tes toda a razón, ahí debe avisarse a garda civil, posto q e competencia deles, non da policia local, que en este caso non te culpa, o triste e que xa vin a Garda civil ali, aparcados igual de mal que o resto.. Asique resignación, hasta que morra alguen nun golpe nadie fai nada.
pinal do rei
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
iso oi de toda a vida que eu recorde os coches sempre estiveron hay, e si non fixeron nada antes agora tampouco o faran
outro
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
A garda civil esta todolos dias ali,iso si,a consumir,e pasande todo,cheira moi raro...os veciños estamos fartos de que nos atranquen entradas,garaxes,cruces e demais...pero bueno,estou dacordo co ultimo comentario,e todo seguirá igual...
pssss
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
Iso, que saquen os coches de ahí que se non teño que aminorar, co ben que se pasaría por ahí a 100 por hora
f&r
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
pois é mais perigoso atrancarse na curva e no medio obrigando aos peóns a invadir a calzada para poder avanzar que ir a 80,100 se non houbese nadie atravesado...
Cangues
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.07-04-2012
Sí claro, todos sabemos a calidade das beirarúas da zona.
f&r
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.08-04-2012
Para f&r: Que terá que ver o touciño coa velocidade? Para coller esa curva a 110 xa tes que vir pillando carrerilla dende Darbo. De todalas maneiras, estou dacordo, os excesos de velocidade deberían ser penados. Pero non sei en qué artigo do código de circulación dí que o procedemento para controlar o exceso de velocidade sexa atrancar a estrada con coches. Se é de ese modo, tamén poderían atrancar a vía rápida e fin dos fitilaldis, non? E en canto ás beirarúas da zona, é certo que nese tramo non hay, porque é estreito. Pero a subida ó instituto está a dous pasos. e sempre hai sitio. Por favor, un pouco de sentido común, que xustificar que eu o fago mal porque o outro o fai peor é unha merda de resposta como sociedade civilizada que se supón que somos.
Canguesa
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.08-04-2012
O que digo, e que polo menos, estando atarncada a estrada nese punto obrigas a moito discapacitado mental a pisar o freno.

E se pasas por ahí a velocidade que tes que pasar, eu polo menos nunca tiven problema algún para pasar
f&r
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.08-04-2012
Para F&r: que tí poidas pasar non quere dicir que eses coches estén ben aparcados. Que se baixe a velocidade por culpa deles non quere dicir que eses coches estén ben aparcados. Un coche mal aparcado debería levalo a grúa. Así que non me aporta nada a defensa que fas de algo que claramente é ilegal e perigoso. E senón, ó tempo.
Canguesa
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.10-04-2012
Creo que van a colocar un radar fijo en esa carretera, esos excesos de velocidad son muy malos
tururú
RE: APARCAMENTO DO BAR DE PURI.10-04-2012
Dende logo sería moito máis coherente un radar ahí que en Rande
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados