Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
Haz click para ampliar "O propio Mariano Abalo vén de presentar unha moción plenaria en nome da Alternativa Canguesa de Esquerdas para esixir, sen miramentos, que o Concello de Cangas lle reclame á Autoridade Portuaria de Vigo (en diante APV) a recuperación dos terreos de Massó e as zonas de afectación marítimo-terrestres no Salgueirón."

A moción íntegra en Ampliar Datos.
>> Ampliar datos Liv


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
que pesados sodes, ese é o voso tema e non tedes outro.
tazitos
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
É unha pasada mirar a cantidade de xente que pasea un día de sol polo Salgueirón, punta Balea e Areamilla. E é unha dor mirar a cantidade de lixo e entullos que hai na zona. O concello tiña que limpar a zona ou esixirlle ós propietarios que o fixeran. Non se pode estar todo o tempo mirando para outro lado nunha zona situada a menos dun quilómetro do centro da vila.
adela
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
Vou ser breve...

Despois de 5 anos, aínda non entendo porque existen persoas que lle moleste que se solicite o uso público para esta zona de Balea, Darbo... Ademais, no programa electoral de varios partidos políticos desta vila, indicábase a promoción da utilidade pública para a zona da lagoa de Punta Balea (hoxe en mans privadas), incluso coa creación dunha aula da natureza...

Un saúdo.
Aclara d`or
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
tacitos, e non agradaces que aínda queda xente que defende o interes xeral.
pepe
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
A Autoridade Portuaria de Vigo é soamente unha xestora dun ben público como é o litoral e as instalacións portuarias. Intentou especular con ese ben público, e agora o ten nun estado de abandono que resulta perigoso, as escaleiras dos molles están desfeitas, hai ferros punzantes por todos lados, entullos, lixo, amianto, nunha zona que utilizan mariñeiros, xente que pasea e xente que vai á praia...Paréceme moi ben que se reclame á recuperación deste litoral para o pobo de Cangas.
recuperemos O Salgueirón
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
Claro que a esquerda tén moitos mais temas: sanidade pública e universal, emprego e vivenda para tod@s, ensino público e gratuito..banqueiros ao caldeiro...e o Salgueirón para os cangues@s.
Hanibal.
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS19-03-2012
Pois o do caldeiro para os banqueiros está ben, pero primeiro é posible que fixera falla cambiar radicalmente o modo de emitir novo diñeiro, que, como sabedes, está nin máis nin menos que nas mans dos bancos: no momento de dar un crédito fan un apunte contable que empeza en ese momento a ser diñeiro (baseado na capacidade do que o pide para pagalo en cuotas durante x anos). Ese diñeiro non o tiñan, nin sequera están obrigados a telo, e así atopamos as fantasiosas contabilidades que manexan os bancos, un burato que non hai cartos públicos que o tapen.
Dan unha idea moi boa de como debera ser a emisión de diñeiro en http://fiarecyl.wordpress.com/2012/02/04/cambiemos-el-dinero-cambiemos-el-mundo/, que sexa o goberno o que decida os cartos novos que se van crear cada ano e que se decida EN QUÉ se van investir, e fora o poder desmesurado dos banqueiros
á Lama
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS20-03-2012
O tal haníbal parecelle pouco
f&r
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS20-03-2012
todos os que se opoñen o progreso dun povo como Cangas teñen que ter unha vida moi facil, se non non falarian as tonterias que falan.
Se tivesen que sair fora a traballar para manter as suas familias non pararian o progreso de un povo prospero coma o noso.
un de aqui
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS20-03-2012
Primeiro, tazitos, cando un se compromete a defender unha causa faino ata o final... quizais ti estás acostumbrado a outro tipo de partidos (en descomposición) que cambian de opinión segundo lles dé o vento.

Segundo, un de aquí, a ver se aprendemos a manexar o idioma... ¿ou ti non ves diferenza entre Benidorm e o Levante español e Dinamarca, Suecia ou Finlandia?

progreso s.m. 1. Evolución cara a un estado mellor, máis avanzado, ou cara a un mellor coñecemento de algo.

sostenible.
1. adj. Dicho de un proceso: Que puede mantenerse por sí mismo, como lo hace, p. ej., un desarrollo económico sin ayuda exterior ni merma de los recursos existentes.

desarrollismo.
1. m. Econ. Ideología que propugna el desarrollo meramente económico como objetivo prioritario.
Véxase burbulla inmobiliaria e crise actual...

http://www.youtube.com/watch?v=N7P2ExRF3GQ
Burbulla inmobiliaria
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS20-03-2012
En nome do progreso matáronse moitas galiñas que antes daban ovos. Ó do cuchilo aproveitoulle para comer un día, e para todos os que comían os ovos xa non houbo máis tortillas.

Pasou coa terra, está a pasar co mar, para que nos deixen soamente pedras para comer imos ter que tomalas cousas moi en serio.
ollo
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS21-03-2012
Jarrai connection erre que erre. Mulas ide a tomar vento a farola.
Manito ilumíname
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS21-03-2012
Uff que comentario tan sesudo... ¿quen che axudou?
Ai la LELO
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS21-03-2012
Déixao que desfogue, se non utilizan o insulto (aínda que en realidade é dificil que podan ofender a ninguén) non saben vivir
intelixentes animais
RE: MASSó PARA OS CANGUEIROS22-03-2012
Comparto os comentarios de "Burbulla inmobiliaria" e "ollo".

E supoño, que ninguén quere ver emigrar a ningún veciño, por iso moitos de nós buscamos unha economía sustentable e racional, porque co sistema "especulador" actual cando se remate de esquilmar TODO, o único camiño, para todos, vai ser a emigración... E que eu lembre, da promesa ós traballadores de Massó de promover unha planta conserveira en O Salgueirón... NADA de NADA
Aclara d`or
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados