Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Article
Indispensables
Donde ...
Guia
A COVA DE ALI-BABá07-03-2012
Haz click para ampliar O que estamos lendo do sumario da operación Campeón mostra simplemente o que muitas imaxinábamos que era o funcionamento normal da Xunta.

Pero os detalles son tan noxentos que superan bastante unha imaxinación digamos que normal. Temos a conselleiros facendo negocios en África, festas cons prostis, cocaína e o xogo do "impasibel", temos a Fernando Blanco, man dereita de SuperQuin entregando unha bolsa con 300.000 euros para participar en empresas do xefe da trama...

E por suposto hai para todos, PP, PSdeG PSOE...Pero doe especialmente ver ós representantes da esquerda nacionalista, da esperanza nacionalista diría eu.

E a xente non é parva. Ten alguén dúbidas das razóns da permanente caída electoral do BNG dende que Quintana chegou ó poder?
>> Ampliar datos I+D+I+300.000


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A COVA DE ALI-BABá07-03-2012
Este debeu ser o inicio do famoso xiro á esquerda do BNG... Unha verdadeira mágoa...

Un saúdo.
Aclara`dor
RE: A COVA DE ALI-BABá07-03-2012
De onde saca un conselleiro 300.000 euros (cincoenta millóns de pelas) en negro e en billetes para investir nas empresas dun golfo como Dorribo?

Sería de non meterse o máis mínimo con Ence ni con Elnosa, e aínda por riba darlles a avaliación ambiental integrada, ou por non meterse con Reganosa, ou en aprobar unha lei de minería que permite facer canteiras a ceo aberto en chan de protección agrícola, ou...

E ninguén no BNG dixo nin mu, curioso, cando menos curioso
golfo's power
RE: A COVA DE ALI-BABá07-03-2012
PP, PSOE e BNG = Jolfos. Non merecen o voto de ningen, son todos uns trepas sen escepcions.
Mussolini
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
Dende logo moito dano fan declaraciòns como estas por parte dun elemento como Dorribo , que teñen sô o obxectivo de emporcar a xente de esquerdas.
Non me quero himaxinar o que faria antes de que saltara o caso campeon con xentes de dereitas -
De todolos xeitos , individuos como Blanco fixeron perder a fe nunha formaciòn historica como o BNG , xa que xestionou mais do 80% do I+D+I deste pais en hipotecarnos con Citroen , e o outro 20% en grandes empresas que non aportaron nen desarrollo nen innovaciòn . So hai que mirar para o presente para darse conta delo , xa que desas inversiòns non existe proxecto algùn que faborecera o desembolvemento industrial efectibo do pais.
Menos mal que as xentes nacionalistas estanse a mover cara outros camiños , e haber se desta se fan as cousas mellor.
lanzòs
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
De primeiras, falar de 'esquerdas' neste pais e unha mostra de analfabetismo total, pero o de tentar misturar a esquerda con nacionalismo... e incluso mais delirante que un guion dos Python. En fin, tamen semella que aqui a democracia e compatible co franquismo
f&r
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
Non é bon tirarse tan axiña á piscina que poida que non teña suficiente auga.... É recomendabel esperar a que a investigación avance e clarifique todo iste noxento asunto.
Aparecen múltiples versións interesadas do tema segundo o medio de comunicación que o trate e dando por boas declaracións dun presunto estafador e delincuente coma Dorribo.
Tempo ao tempo...
Xustiza chosca
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
Si, pero o Fernando Blanco xa dimitíu como primeira medida. Non vos escudedes en que non está probado aínda. Todos sabemos ou imaxinamos como funciona a Xunta e este sumario soamente o mostra directamente, con palabras e feitos. E a magoa foi que o BNG non trocara ese xeito de funcionamento senón que o utilizara simplemente para proveito propio. Non ten perdón.
traizón
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
f&r, o nacionalismo de esquerdas ten perfecto encaixe nunha nacionalidade reprimida e colonizada como a galega. Cando a identidade propia está a piques de desaparecer é preciso reivindicala. Pensa global e actúa local. Non tería sentido, para defender os dereitos da clase proletaria, esquecer as túas circunstancias e problemáticas particulares e poñerte a falar en ruso. Pero esta denuncia penso que non vai diso, vai de corrupción sistemática , de traizón aos principios polos que se pide o voto e de silencio posterior do aparato enteiro dos partidos, concretamente do BNG que penso que é o que máis doe.
nendós
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
Certo que nunca me caiu ben o quintana , pero que creo que tiña mais personalidade que o que quedou no seu sitio , que so busca de xeito rastreiro seguir enganado a xente e se proclama que el ainda que lle boten auga quente sigue a rirlle as grazas o bloque . O señor blanco conselleiro do bloque na anterior xunta , esta mais acusado que eu e ten que demostrar a sua insencia . Outra cousa e a postura do bloque en este axunto que da a calada por resposta . A purga en este partido ten moito en esas fontes no que todo vale , e nos , nos , e mais nos , somos mellor que naide , e non e asi . Quedou demostrado que non e asi todo aquel que discrepe ou opine doutra maneira , no bloque , pasa coma en outros partidos , va a por el/ ela , e pasa de ser unha persoa normal a ser un acabado e defenestrado . O que se viu estes dias no bloque foi significativo e puxo a cada autor na sua pelicula , a cada paiaso no seu teatro , e aqueles que pensan e se cren mais que os mais , man polo lombo e papus amen xesus . Cada can e quen e , e para min todos os partidos no fondo son iguais e desprecian a xente da mesma maneira a todos os niveis , gaivotas , buitres e salamandras , cando seran humanos .
galego
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
É moi interesante o que di galego. No BNG todo o que se fai, se fixo e se fará está sempre ben. Cando estaba Clara Millán en Cangas actuando como unha ditadora, pechando o diálogo con todo o mundo, traizoando o seu propio programa electoral, permitindo un proxecto de porto deportivo ao que ela mesma se opuxera e fora a manis canda estaba na oposición...
E ninguén no BNG a criticou, nin de arriba nin de abaixo.

E co BNG de Moaña igual, aínda que cun modo de facer totalmente distinto, ante calquera crítica tirábanse en prancha cinco ou seis a defender que a actuación fora impecable, impoluta, inmellorable, incriticable..Non é así, non pode ser así, calquera organización está composta por persoas, e as persoas equivócanse as veces, é normal, pero si pretendes que non hai equivocacións nunca moi probablemente estás agochando cousas.
designio divino
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
Bueno, tampouco mintas, por que a Clarita caironlle de todas partes, incluso do seu partido. Algo que por outra parte aínda non se deu no pp por exemplo, os cales nin sequera condearon aínda o xenocidio e limpeza étnica feita por franco.
f&r
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
"Designio Divino"... MOI BEN FALADO!!!
Aclara`dor
RE: A COVA DE ALI-BABá08-03-2012
Sigo opinando, que a meirande parte dos politicos (por non decir todos) cando chegan a oa novos postos (alcaldias,concellerias etc.) chegan con unha man diante e outra atras, e cando se van ou os botan, marchan co a saca a rebosar, ben sexa de cartos ou de influencias; como se esta a demostrar en calesqueraparte de este paìs. TREPAS QUE SODES UNS TREPAS.
Mussolini
RE: A COVA DE ALI-BABá09-03-2012
Non atoparás nin unha soa crítica do BNG á Clara Millán na hemeroteca nin en calquera outra fonte. Incluso viñeron Bieito Lobeira, Teresa Taboas e Serxio o da APDR-Cíes a unha manifestación por mar que houbo contra o porto de Massó e viñeron a apoiar á mesma cantinela da Millán, que tooooda a culpa era da autoridade portuaria
dime onde
RE: A COVA DE ALI-BABá09-03-2012
Vivimos nun Estado democrático de dereito, e a presunción de inocencia é un dos seus principios básicos.
O que está probado é que o personaxe que denuncia estes feitos é un estafador e un mentireiro. Se a iso lle engadimos que o único que teñen é a testemuña do estafador e mentireiro, eu fágome as seguintes preguntas:
¿teño que crer a este persoeiro ou ó reitor da Universidade de Vigo? ¿ten máis credibilidade este estafador ca un ministro? ¿e máis cun conselleiro? Eu cría que xa vira moitas cousas na vida, mais o dos peperos non ten comparación. ¿Non vos sona a teima do 11-m e ETA?
Esta brigada de demolición non parará ata enmerdar a tódolos partidos políticos para espandila cortina de fume que lles libre de falar dos que non queren falar.
E coma o caso Palma Arena. O que comeza como a investigación de irregularidades que fan triplicar o prezo dun Velódromo, convírtese no caso Inaki Urdangarín e ¿quén se acorda da corrupción do PP en Baleares? Ninguén.
Sentidiño e deixade o Bloque tranquilo que por desgraza bastante teñen cos Irmandiños para que veñan os de ACE a enmerdar.
Marianito el corto
RE: A COVA DE ALI-BABá10-03-2012
Si machiño si, o vello conto da autoridade, dos ilustrísimos e dos honorables, todos sabemos como funciona a Xunta, soamente que esta vez aparece coas consversas transcritas. Que Dorribo é un golfo parece que o tedes claro, non, pois o Fernandito foi a Camerún con él nun aerotaxi, e moi probablemente todo o que se sospeita será certo. E 80.000 euros de lotería premiada no seu patrimonio, como Fabra. Agora sodes vos os que vos agochades detrás de mamá xustiza. Disolvédevos dunha vez, borralla.
1998
RE: A COVA DE ALI-BABá11-03-2012
Con persoas como "Marianito el corto" o BNG está condenado a convertirse no EU (Esquerda Unida de Galicia) dos anos 80-90...
Aclara`dor
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados