|
COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA
|
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 05-03-2012 | Moi boa nova!!!
Pero alguén debería decirlle a Juan Calvo, que segundo unha sentenza en firme, NUNCA se pretendeu construir en Massó-O Salgueirón un porto deportivo, polo tanto, inculpar a unha serie de veciños por impedir a construción de algo que NON se pretendía construir, segundo sentenza xudicial, é nulo de pleno dereito... Polo cal non existe "presunción" de culpabilidade algunha... todo foi unha treta de NOCAGA, Puentes y Calzadas e Manuelito...
Un saúdo | Acla´dor |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 05-03-2012 | Boa nova para a liberdade de expresión e para o respecto ó dereito constitucional a protestar ante abusos e ilegalidades como a do proxecto de especulación no Salgueirón.
Como sempre a redacción da nova ten un fedor parcial que da medo. O propio dato dos 34 xuízos é de procedencia descoñecida. No sumario de nove tomos e miles de folios figuraban soamente 21, aínda que varios están duplicados en tomos diferentes e probablemente é o orixe do erro. Entre estes estaba tamén o xuízo polas actuacións policiais do 21 de xullo, que corresponden á foto que encabeza esta denuncia, que, parece ser, foi separada do sumario arquivado e dependerá da fiscalía o seu arquivo ou celebración (neste xuízo crúzanse denuncias de desobediencia á autoridade e atentados con outras de detención ilegal, infracción contra os dereitos fundamentais, lesións e torturas). E teñen que buscar no longo historial xudicial do caso Massó unha condena na que se condene a algún membro do Foro, referencia que non ven ó caso en absoluto, como non o ten o comentario final de que este arquivo “reforce” ó Foro.
E o comentario anterior ven ó caso do xeito no que fuxiron nun xuízo anterior da confraría contra o concello os corruptos da autoridade portuaria dicindo que non estaban facendo un porto, que soamente estaban reparando uns molles...e a xuíza acreditounos!!
| cangas non se vende |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 05-03-2012 | Incrible reflexión final e personal do amigo Juan Calvo... éste non cambiará mais, penso que alguén debería avisarlle que o Faro de Vigo sae publicado! | veciña |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 05-03-2012 | "Ni que decir tiene que el hecho de que Puentes y Calzadas desista de actuar judicialmente contra las personas acusadas de impedir las obras de Massó fortalece al Foro."
Veciña : ¿ E que ten de malo o comentario final de Juan Calvo ? ¿ Acaso non e certo que lle da a victoria final O Foro e recoñece as movilizacións que se fixeron no seu día ?? | digo eu |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 06-03-2012 | Para min, que Puentes y Calzadas non queira seguir co xuízo ten que ver cos cartos que lle custaba traer un equipo de avogados dende Madrí cada vez que había declaracións ou calquera outro trámite xudicial. E demostra que esta foi sempre unha manobra especulativa na que os cartos eran o único que movían aos agardaban tirarlle algo ó tema, políticos incluídos.
Para o Foro será un alivio, como o foi librarse dos xuízos pola paralización das obras nos anos 2005 e 2006, pero nin o fortalece nin o debilita, porque imaxino que despois de tantos anos de loita o funcionamento da xustiza non lles sorprenderá moito. Como en calquera loita veciñal a xustiza é un inimigo máis, poucas veces vai ir contra os poderosos, e se veñen contra ti terás que pagar multas e avogados.
E de vitoria final nada, quedan multas e xuízos pendentes e en todo caso a vitoria final sería a declaración de O Salgueirón como parque público municipal e o hotel na Lama para os especuladores.
| donarmindo morreu |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 06-03-2012 | Non é o momento de iniciar nin porto, nin na de na, cambiamos de logotipo. | a tixeira |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 06-03-2012 | Gustaríame indicar que o meu primeiro comentario foi TOTALMENTE irónico... Salvo onde indicaba que é MOI BOA NOVA!!
Claro está, como comentan os compañeiros anteriores, esta loita aínda non rematou, é máis, quédanlle aínda inumerables episodios, pero, ahí estaremos, sen ocultarnos, POÑENDO A CARA, para loitar contra a especulación económico-política que nos levou onde estamos agora... na CRISE SOCIAL-ECOLÓXICA que empobrece a maioría da sociedade...
Non quería finalizar este comentario, sen agradecerlle a tódolos veciños, e resto de compañeiros desta nosa Terra o seu apoio persoal (incluso arriscando a súa integridade física e psicolóxica) para deter a desfeita que uns poucos tiñan planeado en O Salgueirón... MOITAS GRAZAS!! e unha aperta enorme!!
Un saúdo. | Aclara`dor |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 06-03-2012 | ... Un recordo e agradecemento especial a Xosé Reigosa, grazas amigo!! | Aclara`dor |
RE: EL JUEZ ARCHIVA LA CAUSA POR LOS CONFLICTOS DE MASSó | 07-03-2012 | Gracias, gracias a vos que destes superado o medo do poder. | un de cangas |
|