Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
IRMáN QUIXOTE13-02-2012
Querido Irmao Quixote: Unha vez máis disnos que o pobo galego necesita da túa luz para que nos guies e nos fagas comprender que neste momento de profunda crise, de desmantelamento do aforro galego, de peche do que queda da nosa industria...Faise necesaria a refundación dunha nova alternativa, precisamos concentrarnos en nós mesmos, nun novo proxecto centrado na esquerda verdadeira.
Nestes momentos crucias para a supervivencia como pobo, como realidade diferenciada,! que lucidez¡, que gran respecto a todas-os aquelesmilitantes que traballamos para elevarte sobre os homiños e que figurases na historia como “ nacionalista”. 30 anos construíndo un proxecto colectivo chamado “Galicia”, e ti sempre por riba. E de novo, volves a iluminarnos, como cando decidiches pola túa conta quedar a xantar con Fraga. ¡Que nova gran aportación ao proxecto colectivo¡
!Gracias iluminado irmán Quixote¡ Sen ti, os camiños son escuros e dereitosos .
Desencontro Irmandiño


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: IRMáN QUIXOTE13-02-2012
E como nos ilumina coas súas clases de “democracia”, soio fai unha semana que unha maioría asamblearia votou por un proxecto determiñado (bon ou malo, pero votado pola maioría) e xa nos está iluminando o camiño e reganándonos por non saber votar i elixir con propiedade e, comos somos demasiado obtusos, catíganos marchándose ás trincheiras verdadeiras.
¡Qué soíños nos deixas, mestre e cánto te imos a extrañar!
...a tí e á túa privilexiada minoría
Tira-puxa
RE: IRMáN QUIXOTE13-02-2012
é que se home ten un xenio que lle deixa facer nada
moito xenio
RE: IRMáN QUIXOTE13-02-2012
O BNG é unha secta, e marchar a tempo é de sabios (aínda que se tardou moito, o meu entender...). Dende agora, que cada pau aguante a súa vela, xa está ben de experimentos, a política conservadora da UPG, de facer o mesmo que o PP e o PSOE pero ondeando a bandeira nacionalista, xa non convence a unha parte da cidadanía, estamos fartos de Claras Milláns e outros personaxes máis dereitosos que esta ex-alcaldesa...

E poden ser unha minoría, pero unha minoría dentro doutra minoría, nunca formarán unha maioría social, a partir de agora, o mellor, a UPG consegue aglutinar ó voto conservador galego, e o futuro frente de esquerdas aglutina ó voto conservacionista...

Un saúdo.
Aclara`dor
RE: IRMáN QUIXOTE13-02-2012
Un partido que non foi quen de poñer no seu sitio a Clara Millán. E non foi porque está demasiado collido polos poderes económicos, Caixanova, Construtora San José, Reganosa...
Desde nque se foi o "Quixote", perdeuse o rumop, a valentía e a integridade, o que queda agora mellor que desapareza o antes posible e deixe sitio de novo a xente con dignidade e valentía
Kaput
RE: IRMáN QUIXOTE14-02-2012
Haberá que velo, haberá que ver cal é o espacio que Beiras dí que está baleiro porque cando queira asentarse comprobará que xa está ocupado pola FPG.
A teoría está ben, pero a única maneira de evitar que a dereita asalte o poder e se poña a parir leises, como esta do desmantelamento do mundo laboral, é con acordos e pactos con outras forzas, ainda que a veces haxa que taparse o nariz.
Teño bastantes anos para saber como funciona o mundo da política. Son bastante normales as escisións nos partidos que baixan, en cambio ós que suben sempre sobran trepas que lle monten no carro.
A dereita é capaz de unir esforzos para conseguir o que quere pero a esquerda...a esquerda soio se une cando xa casi non queda remedio.
Estas escisións, lonxe de ser negativas, acostuman a ser positivas, porque se arría lastre polo camiño.
A veces un pasiño atrás fai falta para arrancar con máis forza.
O Bloque non vai a desaparecer e os nacionalistas que agora saltan do carro xa volverán, si non é con estas siglas será con outras, pero os camiños dos "bós e xenerosos" levan ó mismo sitio.
O que máis me gusta do nacionalismo de esquerdas, en xeral, é que non adora "ídolos".
Seguimos no camiño
RE: IRMáN QUIXOTE14-02-2012
Non existe o nacionalismo de esquerdas á dereita do marxismo da FPG, falas do nacionalismo de esquerdas referíndote ó BNG, e iso é simplemente un insulto á intelixencia, a UPG realiza unha política conservadora cando está nas institucións, a única vena "esquerdosa" asoma cando están en períodos electorais, para acceder as institucións, e nos representantes en Madrid... pero en Galicia, a UPG é "dereitosiña", e sobran exemplos...
Aclara`dor
RE: IRMáN QUIXOTE14-02-2012
Aclara´dor, a ver si baixas do monte, amigo, e ponte ó día. A ver si vas a pensar que a verdade é túa e os demáis non nos enteramos.
Como eu son de Moaña póñoche a Moaña de exemplo de auténtico cambio positivo nos derradeiros 30 anos.
¿ou tí tamén vas a ser tan fanático comos os "rachadores" que andan por aquí repetindo unha e outra vez o mantra de que non se fixo nada?
¿Vós tendes a franquicia da esquerda?, a base de repetilo acabastes por crelo.
E a ver sivos enterades do poder dos medios e o difícil que é gobernar contra corriente da dereita.
Pregúntallo a Mariano, a ver si él pudo facer todo o que quería para Cangas
O Vello Rosmón
RE: IRMáN QUIXOTE15-02-2012
Con tódolos meus respetos para a xente que "ESTÁ" "no monte", e sendo unha filosofía de vida digna e tan válida coma calquer outra... Decirte, que eu non argumento dende a verdade absoluta, senón dende a dignidade persoal, que por múltiples razóns falta na vida política...

Se por "auténtico cambio positivo nos derradeiros 30 anos", te refires á Moaña actual, está claro que temos diferentes definicións do termo "cambio positivo". Eu só quero que me contestes a unha cuestión ¿Que diferencia habería, no resultado final das políticas levadas ata hoxe polo BNG, se en vez de gobernar este partido político, gobernase ó PP ou PSOE? Direiche a diferenza, NINGUNHA.

Se por "facer", te refires a tódalas desfeitas urbanísticas baseadas na economía productiva do Ladrillo, e dirixidas a facer de Moaña a segunda rexidencia dos "ourensanos" e vigueses, pois "olé" para tí, saca a túa bandeira nacionalista e lévana con orgullo patriótico...

Desgraciadamente, oxalá non se fixera a metade da desfeita que se realizou, para facer unha cuarta parte do que NON se fixo...

A franquicia da esquerda non se "ten", demóstrase coas actitudes políticas diariamente... por iso o BNG leva perdendo votos e apoio social nos últimos 10 anos, e por iso é a 3ª forza, en minoría absoluta, do panorama político galego, iso sí, por diante dos comunistas de Esquerda Unida e da FPG...

En tódolos meus anos de conciencia política non observei a ningún partido "ir contra corriente da dereita", o revés, vin a varios partidos facendo o MESMO que a dereita, pero con outras siglas, con outros collares... simplemente para chegar o mesmo punto de partida, como exemplo, ó despropósito do goberno bipartito PSOE-BNG...

Un saudiño
Aclara`dor
RE: IRMáN QUIXOTE16-02-2012
http://blogs.lavanguardia.com/carta-de-galicia/2012/02/16/costuras-jorquera/
Digno de ler
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados