Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
introduction for argumentative essay
Indispensables
Donde ...
Guia
CHARLA COLOQUIO SOBRE OS RECORTES EN SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS29-01-2012
Haz click para ampliar Charla coloquio sobre os recortes en sanidade e servizos sociais

Os recortes en persoal interino, a falla de material, as privatizacións, a non reposición de funcionarios (só do 10% en determinados casos) ou as políticas de recortes das distintas administracións, están a provocar un deterioro intencionado, que xa estamos padecendo, dos servizos públicos.
A isto hai que lle sumar as constantes subas de impostos, taxas e outros tributos que nos cobran as administracións sen ter en conta os niveis de renda e a perda de poder adquisitivo dos/as traballadores/as.

Cada día nótanse máis as consecuencias destes recortes na calidade dos servizos públicos. Así, se imos a un centro de saúde ou hospital faltarán médicos/as, enfermeiros/as e persoal administrativo que non están a ser substituídos incrementándose, xa que logo, o tempo de espera para ser atendido/a e en peores condicións.

Nos centros de ensino público a diminución e non substitución do profesorado está conlevando unha masificación das aulas e á eliminación das actividades extraescolares. E, mentres isto acontece no ensino público, os centros concertados e privados, seguen a recibir subvencións.
Tamén e recentemente a Xunta anunciou a privatización dos novos centros de ensino infantil, construídos cos nosos impostos, e un incremento do 20% das taxas.

Os servizos sociais son privatizados e á atención ás persoas sen recursos é asumida polas organizacións relixiosas. Os concellos prescinden dos profesionais e da atención ás persoas con problemas sociais, de drogas, etc.

A taxa de reposición cero do persoal que se xubila na administración, ou do 10% en determinados sectores públicos, vai provocar a diminución constante de funcionarios/as, facendo inviábel a prestación do servizo público. Se de 100 médicos que se xubilan só repoñen 10, quen vai atender aos/ás enfermos/as? Se acontece o mesmo co profesorado, quen vai dar as aulas?

Estamos ante unha situación de recorte total promocionada pola continua repetición por parte dos políticos da cantinela da crise, que serve de coartada para implantar un estado de alarma permanente no que a poboación asume sen levantar a voz os recortes de dereitos sociais. As conquistas de moitos anos van desaparecer en breve trasladándonos a unhas relacións laborais propias do século XIX.

Todo isto coa complicidade dos dous grandes sindicatos que unha vez máis e de costas aos traballadores/as pactan coa patronal a aplicación da política neoliberal máis contundente.

Nós queremos levantar a nosa voz e facer chegar outra visión das cousas contraria a reformas laborais, privatizacións e recortes sociais. A saída da crise económica non vai vir afogando aos/ás que menos teñen, virá dun maior reparto do traballo e da riqueza, de ter un sistema público forte e que preste servizos de calidade e ampare aos/ás desfavorecidos/as. A crise véncese cun sistema educativo público e de calidade ao nivel dos países escandinavos que forme aos nosos fillos e fillas para traballar no seu país e non ter que emigrar.

Por todo o anteriormente exposto é polo que as organizacións Colectivo Nacionalista e Frente Popular Galega organizamos o próximo xoves 2 de febreiro en Marín unha charla-coloquio co título “Os recortes na sanidade e os servizos sociais”. Terá lugar ás 20 horas na biblioteca municipal de Marin e contará coa participación de Xiana López, traballadora social, e de Diego Leal, da Oficina de Dereitos Sociais de Vigo.

En Marín, 27 de xaneiro de 2012
>> Ampliar datos colectivo nacionalista de marín


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados