Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
¿QUé PASA COS BACHES EN CANGAS?05-01-2012
Desde este foro quero denunciar formalmente ó Concello de Cangas polo estado das estradas do pobo. Os tapacubos do meu 306 do ano 93 non soportan tanto bache. Xa perdín dous. E como pago os meus impostos relixiosamente, gustaríame saber en que se emprega imposto de rodaxe, que digo eu que ten que estar para arranxar as estradas e non soamente para que nos sintamos atracados a man armada cada vez que o recaudan.
Non me refiro a nengún partido en concreto, porque nos últimos oito anos, todolos partidos desfilaron polo Concello en ninguén fixo nada. Non é unha cuestión partidaria, senón de sentido común. O cruce de diante da Casa da Bola é una vergoña. Igual que é vergonzante que se poñan a pintar isletas amarelas por todos lados, enriba dun chan que é evidente que vai haber que levantalo en pouco tempo (ou iso, ou o concello nos subvenciona a todos uns bos todo-terreno, para poder circular sen perigo ) Hay un bache na entrada de Masso, a alcantarilla esa que xa coñeceremos todos, que mete medo. A rúa de Vigo está feita un cristo, e suma e segue. Cangas é un lugar no que un conductor con pouca experiencia aprende a base de ostias no coche os lugares onde ten que ter coidado. A maioría evitamos os baches porque sabemos onde están, e non porque os mirásemos, senón porque os sentimos.
Vergonzante total. ¿Qué medidas vai a tomar o concello a este respecto? ¿Algunha que non sexa pintar enriba?
Conductora


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados