Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS09-12-2011
Hoxe 9 de decembro cúmprese o 394 aniversario do asalto da vila de Cangas de man dos piratas turco berberiscos, un feito histórico no que cómpre destacar o exército popular improvisado de canguesas e cangueses que lle plantaron cara, arriscando a súa vida para defender a nosa vila.
É unha mágoa que na nosa vila non se conmemore este feito histórico cunha festa de época ou algún tipo de conmemoración.
En 2005 e 2006 fíxose un intento de conmemoración, aínda que penso que mal enfocado, xa que se lle daba máis valor ao feito do asalto pirata que ao dos heroes cangueses, amais de que o mercadillo o montaba unha empresa foránea de mercadillos medievais, e máis tarde se fixo unha recreación da vida de María Soliño, que representaba tamén o asalto, pero que se fixo en setembro, fóra das data real.
Dende aquí gustaríame propoñer facer algo, pero no que poidan participar activamente os veciños e colectivos de Cangas, na organización dunha festa propia que podería enmarcar multitude de actos coma un mercadillo, representacións, charlas e unha conmemoración, máis cando se achega a data do 400 aniversario, en 2017.
cgs


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS09-12-2011
E destacar que cangas foi abandoada a súa sorte por parte da clase social da que se esperaba protección, por ter armas e cobrar impostos.
f&r
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS09-12-2011
alguns deses piratas ainda andan por cangas, tocando os guevos sempre que poden, e perjudicando o pobo.
enfermeira
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS09-12-2011
Si enfermeira, seguro que te refires a uns piratas que levan na sua bandeira unha ghavota.Ppreparate que xa están pensando en cobrar nos hospitales por comer e ducharse e isto para empezar. Espabilate anchoa.
Turco
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS10-12-2011
A iniciativa paréceme acertadisma, non podemos renegar do historicismo e é un deber cultural, moral e patriótico levar adiante a empresa que propós... Quizáis non sexa a mellor época pola crise e polo endebedado que está o concello, pero dende logo haberá que retomar este asunto. Se funciona ben traerá benecios pero pra polo a andar fai falta investimento.
Bolxevique
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS10-12-2011
por usar os hospitales non deberian cobrar, pero eliminar todas as subvencions a sindicatos, cine, titiriteiros e demais ralea, en iso estaria totalmente dacordo. os sindicatos a vivir dos seus afiliados, o cine do seu traballo como todos nos. reducion dastrica de politicuchos.
enfermeira
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS10-12-2011
Buenoooo agora si que a fodemos, "patriotismo" jajajajaj, si é cada vez somos máis catetos.

E outra vez, os que din que os sindicatos vivan dos afiliados... gustaríame velos pagar un cuarto de nómina por asesoramento xurídico laboral.
f&r
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS10-12-2011
nun pais que subvencionan os sindicatos que podemos esperar que pasa que agora que gañou o PP hai que sair a rua que estiveron facendo estes ultimos catro anos os amigos chupons sindicalistas cando neste pais producironse os maiores recortes sociales e non foi Rajoy foi ZP cada dia que pasa dadesme mais noxo y espero que alos artistitas y demas titiriteiros que ainda por riba de vivir de subvencios protestan eses cortarlle o grifo que vivan do seu traballo coma todos
hoy es el futuro
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS11-12-2011
sobre todo que os partidos vivan tamen dos seus afiliados que xa esta ben de pagarlles campañas e liberados chupons a mansalva
erexe
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS11-12-2011
po turco. non te olvides quen provocou este desaguisado, un delincuente que gobenou 7 anos con axuda de moitos que os protestan neste foro, e foron a madrid a darlle o apoyo que necesitaba a cambio de 50 millons de euros que nunca chegaron. aquel era o momento pa botalo a puta calle e seguramente non estariamos asi. ai que darse de conta que iso de "todo gratis" como facia o delincuente non e gobernar, e despilfarrar.
enfermeira
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS12-12-2011
O primeiro que habería que facer, "enfermeira" (se é que realmente o es) era quitarche o soldo a ti tamén. Ao fin e ao cabo vives das enfermedades dos demais.
Vai traballar ti tamén! (Se tes onde, e senón que che busque un cholliño Rajoy)
VAI TRABALLAR TI, QUE OS DEMAIS XA TRABALLAN SE PODEN
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS13-12-2011
cgs, anímo e adiante, conta coa miña parciticipación.
un de cangas
RE: FESTA DOS HEROES DE 1617 ANTE O ASALTO DOS PIRATAS TURCO BERBERISCOS14-12-2011
parese que vos estorba todo , politicos , sindicatos ..... Como se nota que non preguntastes nin vivistes , nin queredes saber como foi cando non habia nada do que dicides que sobra , cando so mandaba o dictador con miles de asasinatos as espaldas , pobres inorantes , acaso queredes que pase o mesmo , creo que aparte da inorancia tamen ai moito vicio .
moaha
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados