Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read more
Indispensables
Donde ...
Guia
QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Somos moitos os que non entendemos por que razón xa non se ilumina a fachada do consistorio cangués, cando as luces que se utilizaban son propiedade do concello e as instalaban os electricistas municipais, polo que o coste era prácticamente cero, e a verdade que era un elemento de decoración importante na nosa vila, que xunto aos beléns que se poñían na pranta baixa daban un toque moi navideño. É mais, o concello ten varias bombillas en propiedade coas que se iluminaban tamén outros edificios, árbores e farolas.
cgs


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Unha opción para aforrar podería ser cada ano ir facéndose con arcos de alumeado led e instalalos directamente o concello, enchufándoos ao alumeado público (dado o seu baixo consumo, e evitando costosas instalacións de cableados, programadores, etc.), como se fai noutros concellos coma a cidade de Palma de Mallorca, onde son os propios traballadores municipais os encargados de colocalos pouco a pouco dende o mes de outubro, aforrando o custe de aluguer e mantemento, e posibilitando que cada ano se poida ir ampliando o número de rúas a decorar ao invertir en novos arcos, á vez que aforrar cartos para outras actividades ou inversións.
cgs
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Bueno, xa que te puxeches, ¿por qué non fas un cálculo de cántos LEDs farían falta?, e por favor, non llo preguntes ós de Mallorca, non vaia a ser que che cobren a comisión de 150.000 euros de Urdangarín por "asesoramento"
Tira-puxa
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
En Cangas non serìa posible,porque os electricistas do concello se non hai nada a cambio poderianse cansar.
pombo
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Non, se che parece van ir traballar de valde, manda carallo.

E o do título máis lle valdría falar por él soíño, que eu son de cangas e as luceciñas do carallo traenme sen coidado.

E que nunha institución laica é pública se expoña un "belén" debería estar penado con cadea.

Ala vaille pedir a penosa que che poña luceciñas pailán
f&r
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
F&R como che doen esa panda de lacazans ¿sera que es un deles? xa cobran un soldo bastanta cuantioso por o pouco trabalo que fan.
antonio maria rouco varela
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
É unha proposta coma outra calquera, de maneira constructiva, suxeita a críticas, pero alomenos xente coma f&r, poderiades criticar ou aportar outra opinión con respeto, e non insultando aos que non pensan coma vós, así nos vai neste país...
cgs
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Se todas as opinións teñen cabida, o de "queremos", así en plural, sobra.

E non, non vexo que ten de respetable facer unha festa en honra dunha mentira.

E o que di rouco... non hai nin por onde collelo, os traballos debense retribuir sí ou sí, non hai nada que discutir o respecto. Vamos, penso eu eh.
f&r
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Totalmente de acordo de que todos os traballos deben de ser retribuidos sì ou sì, pero os traballadores debemos de responder no traballo para poder exixir, non como ALGUNS traballadores das administraciòns è a maioria da clase politica que temos en este paìs,que parece que nos estan a facer un favor por estar en onde estan.
antonio maria rouco varela
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
Que supon gasto cero é mentira, inda que o custo de montaxe sexa nulo hai que pagar a factura da luz. Se por min fora non bareía nin unha soa luz a cargo da factura do concello. Se alguén quere que a poña e pague do seu bolsillo. Se os comerciantes as queren que a paguen eles ou Fecimo.
Totalmente dacordo con F&R, nada que celebrar e menos unha mentira como esa.
Outra vaca no millo
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS09-12-2011
A ver, cgs, non te distraias en liortas polo camiño e faille o cálculo á cantidade de LEDs que serían preciso para poñervos un alumeado óvoso gusto. Igual te levas unha sorpresa coa "baratura".
Ten en conta que cada LED consume mui cerquiña de 1 watio. Si crees que con alumeado de LEDs xa temos O Nadal de balde estamos apañados.
En canto ó "Belén"...a ver cando deixaredes de impoñenos, ós "descreídos", a vosa sumisión a unha xerarquía fanatizada polo poder de séculos.
Non hai nada divino nun Nadal cheo de fame e miserias humanas
Tira-puxa
RE: QUEREMOS QUE A ILUMINACIóN DE NADAL VOLVA á FACHADA DO CONCELLO DE CANGAS12-12-2011
San Franciso de Asís inventou o Belén
O Papá Noel naceu no século XiX e a súa imaxe débesa a Coca-cola.
As panxoliñas proceden de poemas amorosos cortesanos.
a loteria, creouse para financiar a guerra da indenpendencia
Os reis magos non sempre forón trés e o Baltasar non foi negro ata o século XVI.
Un por creencias e outros por cartos o invento da NAVIDAD, e todos a pagar...
de ter que pagar, celebremos o solsticio de inverno
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados