Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
essay about imaginary journey
Indispensables
Donde ...
Guia
A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 08-12-2011
Hai que ver que xeneroso se nos volveu Jorge “O Chicho”, o noso ínclito Concelleiro de deportes, non lle cobra nada por utiliza-lo pabillón municipal de Domaio a unha “Liga de Organismos Oficiaies de fútbol sala”.
Esta liga de Organismos Oficiais viña celebrando os seus encontros no pabellón de Sárdoma (Vigo) e parece ser que lle subiron as tasas, si,si, non é que lle empezaran a cobrar agora é que llas subiron. Entón o xeneroso “Chicho” permítelles xogar DE BALDE no pabellón de Domaio sin que paguen os 10 euros por hora que están estipulados na “Ordenanza de usos das Instalacións Deportivas que se aprobou, precisamente, para eliminar actitudes discriminatorias e impedir que ligas ou equipos de outros Concellos desembocaran en Moaña”.

10 euros por hora a equipas formadas por afortunados traballadores funcionarios, que é de supoñer que teñen unha nómina mensual para poder facer frente a un pago de, supoñamos, 1 euro por cabeza, ou como máximo 2 euros.

Por suposto que na Ordenanza se estipula que as equipas de Moaña xogan gratis, para iso pagan os impostos en Moaña.

¿Qué pasou cos famosos “pufos” que temos con Aqualia e con Fenosa?, ou é que agora xa non se
pagan os gastos de auga, luz, e resto de mantenimento dos pabellóns?

Para máis xenerosidade, tampouco lle cobra á “Escola de fútbol La Moañesa” por facer uso do
campo MUNICIPAL do Casal, a pesares de que esta “escola” é privada e cóbralle entre 35 e 50 euros ós pais dos rapaces.
Xa se pode ser xeneroso cos MEUS cartos e cos cartos dos veciños de Moaña, ainda que non lle guste o fútbol.

Claro que, en caso de precisar cartos para mantenemento das infraestructuras deportivas de Moaña sempre se pode pedir un préstamo de 600.000 euros a un 7% ó ICO.

Todo sexa polo “ben do deporte”
>> Ampliar datos O Hemerotecario


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 08-12-2011
Pódese chamar “milagre Fervenza, milagre Feijóo ou milagre Rajoy”, pero a fonte do Paseo da Plaia leva varios meses botando auga por todos os tubos e a todas horas, sin ningún gasto adicional. A auga sale disparada en chafarises.
E como é Nadal, faltaría máis, podemos gastar 13.000 euros en luz ornamental, tan necesaria en tempos de fame.
Todo sexa por darlle alegría ós comerciantes, que verán aumentar as súas ventas “exponencialmente”. Xa se sabe: “máis watios, máis ventas”, e si ademáis poñemos un “Belén” no concello, conseguiremos que os ateos vaian a comulgar na misa do galo.
Este si que che é un verdadeiro milagre de Nadal, Fenosa xa non nos vai a cortar a luz por falta de pago porque “xa non hai nada que pagar, todo é gratis para o “Concello amigo”.
Tira-puxa
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 08-12-2011
nada é gratis , se non o poñen eles do seu bolsillo, eses cartos saldrán doutro lado, o mantemento dunha instalación costa cartos..aparte de discriminación para os equipos foráneos.
O trovador
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 08-12-2011
A ver hemerotecario a túa denuncia e un pouco demagóxica e simplista baixo o meu punto de vista, entre outras cousas por:
- comenzando polo último que dices, o préstamo ico non é para labores de mantemento nin suministros periódicos, senon para pagar débedas a proveedores de fai molito tempo, polo tanto non confunfas.
- Si o mantemento das infraestructuras deportivas do concello de moaña salise do que poidan pagar colectivos foráneos polo seu uso, íbamos bos, simplemente non habería mantemento xa que son casos puntuais, ademáis sempre teñen prioridade os colectivos de moaña e debes saber que nos orzamentos están as partidas correspondentes para mantemento, e referente os pagos de suministros, pois efectivamente, estaban a ser incumplidos os pagos con fenosa por parte do anterior goberno, e non vai salir gratis agora, non home non, pero si se negociou un prezo máis competitivo e ademáis é posible que se cumpla co plan de pagos negociado.
- No caso da escola de fútbol que mencionas, por moi privada que sexa, teñen o mesmo dereito que calqueira outro colectivo deportivo a utilizar as instalacións, dando prioridade os clubs non privados primeiro, claro está.
E por certo a jorge santomé si lle interesa o deporte e creo que máis que o anterior responsable de deportes, que non foi nin capaz de chegar a un acordo con cd moaña polo uso das instalacións nin en canto a horarios, nin en canto as necesidades do clube que representa a unha boa parte de moaña, polo menos no que a un deporte se refire.
E xa remato recordándoche que o campo do casal e un "campo de futbol".
Videira
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 08-12-2011
A verdade e que o santomé e todo un personaje, digamos que como concejal deixa moito que desexar, primeiro, non ten organización sobre as cousas, da igual q teñas o pabellon resrvado d meses pra ese dia que como ten as cousas apuntadas nunha libretiña de merd.. pois non se entera, despois pra dar pabellón pra entrenar madree de dios casi tes q pedir instancia, e o pabellón de reibon vacio todos os sabados, resumen pra min e un verdadeiro incompente, non sei que fai nese posto se ademas tes q ir o seu traballo pra falar con el, ou se esta o que e esta ou que collar a uns q fagan o seu traballo ben, e o rocha outro q tal baila, menos bar e chiclaje e mais estar o que ahi q estar, q para eso se lles paga, non pra estar no bar de chiquitas
HastaAsNaricesDoSantomé
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 08-12-2011
Veciño Videira:

- O do préstamo de 6.000 euros era un “sarcasmo”, que xa vexo que che sobrepasou.

- Si dúas equipas “foráneas” de fútbol sala pagan, supoñamos, 20 euros por usar as instalacións deportivas de Moaña durante 2 horas, estarían pagando a luz, a auga quente e o mantenimento e non tería que pagarllo eu, nin o meus veciños de Moaña, porque a xenerosidade mal entendida é estupidez.

- A escola de fútbol, como ti recoñeces, É PRIVADA, i está a desenrolar un negocio PRIVADO, polo que “debe pagar” polo uso dos bens comúns dos moañeses. (non entro en que sexa un negocio rentable ou ruinoso, é problema deles)

- E non me fales do interés de Jorge O Chicho polo deporte porque o coñezo desde pequeno, a él e a Suso, e son dos poucos que os distingue, polo que podo decir que o único que lle importaba do deporte era o FÚTBOL, nunca me falou de política, nin de cultura, nin de outro deporte nin de nada de nada, soio fútbol. Polo que sospeito que o seu interés repentino pola “política” e polo deporte en xeral é interesada.

- En canto a que o anterior concellal de deportes “non foi capaz de chegar a un acordo” co CD Moaña, supoño que te refires que non lle REGALOU o campo de fútbol de TODOS OS MOAÑESES a unha sociedade PRIVADA, chámese Moaña ou chámese como se chame.

Saúdos.
O Hemerotecario
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 09-12-2011
a os do BNG e o que vos quedas decir tonterias nos foros dia tras dia
jaime
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 09-12-2011
e ós do PP a ver si aprendedes a administrar os cartos dos veciños, cos vosos capitais podedes facer o que vos dea a gana, xenerosos
aprendede a administrar
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 09-12-2011
APRENDEDE A ADMINISTRAR . te refieres como fixo millan que administrou mui ben, gastou os cartos e non pagou a nadie, iso e administrar.
coyote o rach...
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 09-12-2011
Que maneira de facer politica mais rastrera e o que mais me reventa de todo e que cos impostos que pagamos parace que da para todo, deporte, cultura, pagar os funcionarios, pagar os politicos,pagar a fenosa, aqualia etc, etc etc, que equivocados estamos e como enchemos a boca, non sei si muitos que enchen tanto a boca hasta pagaran eses impuestos.
As persoas que estan representandonos son as persoas elexidas polo pueblo, guste ou non guste, sexan do color que sexan, eles supoño seran os mais interesados que as cousas vaian ben.
Moitos dos que escriben aqui que se creen tan listos deberian pasar uns aniños por estes postos e mirar como e, creo que mais de un teria que escapar de Moaña.Isto e como o do futbol, os arbitros son sempre os culpables das derrotas e descensos dos equipos, pero non miramos mais ala do que temos nos nosos clubs.
Para falar da xente e da sua labor haberia que ter un pouco mais de respeto e estar ben informados e non solo por oidas ou por leer a prensa sacar conclusions e falsas faladurias.Cada un fala da feira según lle vai e mira as cousas segun as queira mirar.
un de moaña
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 09-12-2011
Hemerotecario:
Eu tamén coñezo "os chichos" dende fai moito tempo, está claro que os coñecemos de distinta forma, ademáis supoñer que alguén entra en política soio por interés é bastante supoñer, sobre todo porque é entrar nas inquedanzas de cada quen, calquera é libre de entrar en política, calquera, incluído algún traballador de servizos sen estudios ningúns, (nota: isto é sarcasmo) e para rematar, insisto, o casal é UN CAMPO DE FUTBOL,
polo tanto é lóxico que o utilicen os diversos clubes deste deporte do noco concello.
Videira
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 10-12-2011
Estou asustado parese que os do BNG beulle o sentido comun ahora que non gobernan, ahora se dispilfarra en luz na fonte sivernectica en todo.
E cando eles gobernaron fundiron o concello ai non teñen nada que decir mira que son ruins que tropa señor.
coyote o rach...
10-12-2011
Sr hemerotecario:
mentira mentira mentira

Atlantico diario, extracto"
"'Cóllese antes a un mintireiro ca un coxo"
"se trata una competición organizada por la asocición Dolmen, 'que está inscrita no rexistro de asociacións do Concello de Moaña, polo que ten todo o dereito a xogar gratis dacordo coa ordenanza, de feito o fixo nestes anos con concelleiros do BNG ao fronte de Deportes, polo que chegado o caso habería que reclamarlle ao Bloque o que o Concello deixou de cobrar en 7 anos'.


alonso
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 12-12-2011
TIRA E PUXA mira dices que a fonte cibernetica vota agua por todos tuvos pos e normal por que cando gobernabades vos votaba follas en ves de agua eu penso que esta mellor asi que como a tiñades vos.
coyote o rach...
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 13-12-2011
o unico claro e que a moaña veñen a xogar e desfrutar todo dios invitados polo pp gratis , para pagar a auga , lux , e servicios xa estamos nos os veciños , e fan moi ben , nas proximas darlle mais votos . sinverguenzas con titulo .
moaha
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 13-12-2011
A verdade que non sei que ten que a poltrona lle gusta a todos.Nestes tempos tan malos que non hai un duro no Concello, ni na Xunta, ni no Goberno Central, pero por ocupar a poltrona todo vale.Non sei que pensan os do PSOE, pero a verdade que deron no cravo, tanto os menospreciou o seu compañeiro de goberno anterior que agora lle estan pagando coa sua propia mediciña.Deberian ser mais humildes e para gobernar conseguir os seus propios votos e non depender doutros que despois ningunean.Que ben fixo Arturo, bueno digo Aturo pq foi realmente quen desenmascarou todo eu penso que foi consensuado e non cousa solo de Arturo.para as proximas eleccions poñerse as pilas e poñerse a traballar de verdade que non sexa solo por interes duns pouco ou de un e sinon polo interese do pobo.O final os que padecemos as consecuencias somos os de Moaña, deixemonos de partidismos e de intereses personales e cada un o seu sitio, e como diria unha persoa moi popular de Moaña, A TRABALLAR
q duro non poder gobernar
RE: A XENEROSIDADE DO “CHICHO” 14-12-2011
Este chicho cando vendia coches non era tan esplendido...........
Collote o rata...
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados