Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Para los que siguen pensando que el desdoblamiento no es necesario. ¿ Cuando se le va a poner remedio a esto ?
>> Ampliar datos race


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Que eu sepa o 95% das estradas do noso país son de doble sentido de circulación. ¿desdobramos todas?
vaia vaia
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Vaia vaia, ¿e cantas foron desdobradas por soportar o nivel de saturación viária que soporta o noso corredor?

Xa che contexto eu home, TODAS, e moitas máis que nin chegaban a metade que esta.

Parece que a xente non lle importa que se produzan accidentes mortais, con tal que non lle toquen a leira.

Vergonza de veciños.
Jajajaja
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Pero imos ver un par de cousas jajajja!!!!
Por que non naceu desdoblado o este corredor cando xa se estaban a desdobla-los corredores do Salnés e do Barbanza antes de construirse este? Non tiñan a experiencia das mortes producidas naqueles? ou é que había que facelo dúas veces para cobraren comisións dúas veces?
Pólíticos do PP: INÚTILES
Por outro lado, non sería máis barato colocar unha barreira de formigón, coma na autopista, entre os dous carrís (total non se pode adiantar), xa que cse tódolos accidentes son de fronte. Así os coches non invadirían o carril contrario
undaldan
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Undaldan eu non estou en contra do que tí dis. É máis, tería que ser como dis. Pero xa que non o é, o que eu digo, é que temos uns veciños, que ante tales acontecementos, prefiren as leiras, antes cas perxoas.

E o da barreira de formigón non serve, polo mesmo motivo, que de producirese un accidente, toda a xente quedaría atrapada nel. E na foto do sinistro, podese ollar aos coches seguir o seu camiño sen grandes dificultades.

O exemplo máis grande foi cando as primeiras victimas, có peche da vía, e o caos viário no resto de carretéiras.

En fin, DEP a rapaza.
Jajajaja
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Que os feridos se recuperen canto antes. O meu mais sentido pésame os familiares e amigos da rapaza. Oxala non se produzan mais mortes no corredor.
DEP
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
En primeiro lugar o meu pésame á familia da víctima, e o meu ánimo os feridos e familiares.

Aquí o temos... aproveitanse as desgracias alleas, e os "progresistas do sí", do todo vale (os mesmos que nos meteron nesta crise económica-social-ecolóxica), xa están "especulando", lévanno facendo dende ó ano 1998, pero nunca pensei que especularían ata cos MORTOS... Utilizan os corpos, aínda quentes, para xustificar a privatización encuberta dunha infraestructura, a todas luces, MAL FEITA, MAL XESTIONADA e aínda activa...

EXISTEN fórmulas para EVITAR os accidentes mortais nesa vía da MORTE (xa o discutimos neste foro, ata a saciedade...), pero a clase política non quere solucionalo... iso sí, prefire agardar a unha licitación dunha obra a cambio da privatización encuberta da mesma... semella, que a empresa que "gañou" a anterior licitación, non é "empresa amiga"...

Por certo, para o amigo "jajajaja", decirlle que A MAIORÍA do trazado de desbobramento, XA ESTÁ expropiado... por favor, non utilices os veciños, que non teñen culpa de nada, como cortina de fume...

Un saúdo.
Aclara`dor
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
meus mais sentido pesame a familia da rapaza, e deseos de pronta recuperacion pa os feridos,

algun foreiro xa explicou todo ó que teñia pensado decir eu, ainda non empezaran esta via e xa estaban desdobrando a do salnes e barbanza, tamen por os mesmos motivos , alta siniestralidad con mortos e feridos,
e sigo convencido que si fan otra via en calquer rincucho de galiza, ó volveran a facer igual, via de doble sentido e nuns anos a desdobrar,,,, ahi saca tajada todo dios, estudio , impacto medioambiental, expropiacions etc etc etc, quedanse moitas comisions po-lo camiño e ixi e o que vale pa os politicos...........
sobre a oposicion dos veciños, MENTIRA, claro que hay rechazo a que non fagan bem as cousas, 1º deberian facer tuneles subterraneos, e non escabar o monte como fixeron, 2º eu fun un afectado , me expropiaron e me querian pagar menos do que a propia hacienda me valorara o terreno e me cobrara unha plusvalia, ma v aloraran en 6 euros o metro cuadrado, e na expropiacion ma querian pagar a 3 euros, por certo despois de tantos anos ainda non me pagaron o 50% ,,,,e xa me queren expropiar mais para ampliacion, con estos chourizos como non vai aver rechazo dos veciños, de todas maneiras por miña parte si mañan me dicen necesitamos teus terrenos pq cos 300 metros que che quedaron( tiña 3800) podese salvar unha vida, mañan mesmo os cedo, un saudo , falar e moi facil sin saber a realidade dos problemas
una pena
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Coma sempre, utilizando os mortos para seguir xustificando barbaridades. Veña, máis grande, que o volume parece que tapa todo!!

É unha barbaridade pretender desdobrar dándolle a obra a unha empresa privada, para que a financie ela e salga ó dobre de prezo que se fora a administración a que investira. A obra custaría 42 millóns de euros, pero co sistema que propoñen acabaría custando máis de 300.

E outra barbaridade é que eximiran á obra de facer a declaración de impacto ambiental. Iso é pura prevaricación, pois na lexislación ambiental está ben claro que deberán realizala “Actuaciones que modifiquen el trazado de autopistas, autovías, vías rápidas y carreteras convencionales preexistentes en una longitud continuada de más de 10 kilómetros.” E aínda se recochinean dicindo que non o cumprimenta porque a vía rápida xa pasou ese trámite, cando o único que presentaran fora un estudo de impacto ambiental dun “estudo informativo” e non do proxecto da obra, e despois variaron trazado e incumpriron canto quixeron, afectando por poñer uns exemplos ó Castro de Montalegre, ós muíños do río da Freixa, o val de Broullón, eliminando falsos túneles e viadutos, destruíndo os petroglifos de Gondarán, etc, etc...

Calquera que vaia polo corredor que imaxine a canteira que terían que facer para meter outros dous carrís POLO LADO DO MONTE, fervenzas da Moura ó carallo, castro de Montalegre ó carallo, e canteira de dimensións bestiais no Caeiro, onde está a recta longa, no desvío de Cangas, A PEDRA PENA Ó CARALLO...

E para qué? Para que cheguen máis coches ó Morrazo e para que os atascos do verán sexan espectaculares, porque as carreteiriñas que temos serían as mesmas.

E o que habería que pedir en primeiro lugar é un estudo serio do estado actual da vía rápida. Están ben os peraltes?, os radios das curvas son constantes?, o agarre do asfalto é suficiente?...pode que unha parte importante da culpa dos accidentes estea na calidade da execución da obra (lembrádevos da velocidade a que a fixeron?), e teñan solución sen chegar a medidas tan drásticas como a da mediana de formigón, que seguro que sería efectiva.
borna
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR22-11-2011
Todo iso esta ben, pero se nos durmimos na estrada o conducir ou vamos bébedos, ou como frechas, ou atendemos o movil, ou vamos coas rodas desgastadas, ou demasiado cansos, todas as medidas e inversions realizadas non valen para nada.
tralará
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR23-11-2011
Pois tamen e verdad :)
prudencia
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR23-11-2011
"A quién madruga dios le ayuda"
f&r
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR23-11-2011
¿E non sairía máis barato meterlle unha mediana sepradora? ¿ou do que se trata é de cobrar as multimillonarias comisións que traen debaixo do brazo as obras faraónicas?
obras faraónicas
RE: UN MUERTO Y DOS HERIDOS EN UN ACCIDENTE EN EL CORREDOR24-11-2011
¿E poñer unha rede de transporte público decente para non ter que ir choiar medio durmido?
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados