Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Report
Indispensables
Donde ...
Guia
MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX12-10-2011
Haz click para ampliar Os mariñeiros de Cangas están a pedi-la máxima asistencia e solidariedade á convocatoria de mobilización para este sábado día 15 ás 11 da mañá en Bouzas. Como sabedes, o Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional Marítimo e Terrestres das Illas Atlánticas contempla unhas actuacións sen sentido que repercuten moi negativamente e de forma desmesurada na captura dos recursos dun sector estratéxico pra nosa comarca como é o da pesca de baixura.

Comunicar tamén que haberá autobuses que saíran dende Cangas pra podermos acudir masivamente a esta xusta reivindicación. Como expomos no enlace, tanto o concello como tódolos grupos políticos xa manifestaron o acordo de apoiar incondicionalmente estas mobilizacións e mesmo de efectuar un desembolso para garanti-lo éxito das medidas que se tomen alomenos dende o noso municipio.

Non podes faltar.
Cangas máis unha vez necesítate.
Apoia a loita mariñeira!
>> Ampliar datos Manifa


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX12-10-2011
Sen sentido é pescar ilegalmente o lado das praias da illa o Bou-boliche,mentres non se empece por ser legal mal asunto!!!!
O SINIOR AFRANIO
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX12-10-2011
Señor: a pesca, ainda que poida parecer outra cousa, é unha empresa pública na que a administración decide quén pesca, qué pesca, onde o pesca e qué fai para que todo iso se cumpra.

Desgrazadamente á administración o único que lle interesa son as obras que lle pode encargar ás empresas amigas, a compra de votos que poda realizar coa súa xestión e, falando claro, arrimar o lombo para desmantelar a pesca e poder contaminar e privatizar libremente o litoral
falando claro
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX12-10-2011
Sr Afranio, de momento as artes de "Bou de vara e Boliche" (que son duas artes diferentes) son duas artes LEGAIS (por se non o sabe) e que estan reguladas por a ley de pesca de Galiza. Que pesquen cerca das praias ou non ,tamen esta regularizado por dita ley; non sexamos demagoxicos e enteremonos antes de botar a lingua a pastar. P.D O sector da pesca de baixura e un dos poucos que non destruie emprego,e mais esta acollendo a parados de outras profesions.
O Señor Manolo
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX12-10-2011
A Xente do mar, sexannos simpaticos ou non, estan defendendo os seus dereitos y o que lle prometeron dende as administraciòns. (Que cando se constituira o parque Nacional, se lles respetarian os usos è costumbres da pesca artesanal.) Pensemos que non solo estan loitando por os seus postos de traballo, senon que como pobos mariñeiros estan defendendo o benestar de todos nos. ( pois a maior parte de bares, comercios, etc, vivimoa arredor deles) TODOS A BOUZAS O SABADO 15 A DEFENDER OS INTERESES DOS POBOS DO MARIÑEIROS.
toñito de poi
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX12-10-2011
Pero que caso queredes que vos faga a xente de a pe, cando nin vos mesmos intentades por remedio a desfeita que levades feito no mar durante moitísimos anos. Non me diredes que as especies desaparecen por iniciativa propia, a culpa sempre e de todo menos dos mariñeiros (entre comillas mariñeiros), e iso non é "demagoxia" e a realidade que non queredes ver. Ou acaso é mentira que moitos non cometen ilegalidades no dia a dia da pesca???? Cuotas, tamaños, artes ilegais, etc etc etc, e vos ben sabedes do que falo......
O SINIOR AFRANIO
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX13-10-2011
rancio, e con orelleiras como as que usan os mulos.. ninguén di que non se incumpran muitas regras, nin que non haxa muitos ós que o nome de mariñeiros quédalle grande. O que se está a dicir é que os que TEÑEN a obriga de facer respectalas normas non o fan, é máis, dictan normas que van contra a propia pesca como o de deixar comercializar a centola e a nécora no verán, cando están en tempada de reproducción, ou o de deixar as nasas os 365 días do ano no mar, co que é imposible controlar o número de nasas por barco...

Hai mariñeiros culpables da situación actual, pero os principais responsables están na administración, como son responsables de que as depuradoras non funcionen, que as pluviais e as industriais non estén separadas das fecais, dos recheos na costa, de que Samertolameu xa non sexa unha illa, de que os mexiloeiros non estean obrigados a limpar os detritos de debaixo das bateas, etc, etc...
as neuronas están para usalas
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX13-10-2011
Sr Afranio, en primeiro lugar, para falar de un tema, alo menos hai que saber un pouco de el; è vostede demostrame que è un ignorante no tema, cando non sabe nin o que è un "bou" nin un "boliche" nen sè se pode traballar cerca das praias (nas cales se traballou dende sempre) Ê e vostede un demagoxico culpando solo os "mariñeiros" de todos os problemas do mar. (Non digo que todos os que traballan e viven do mar sexan irmanciñas da caridade) Que de todo hai na vila do Sr. Ê recomendolle que se documente un pouquiño como fixo o da seguinte opiniòn.
O Señor Manolo
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX13-10-2011
Non sexades hipócritas, ben sabedes que dende fai moitos anos vense arrasando con todo en Cies, ou é que o polvo marchou de vacacións para as Bermudas???? e asi outras tantas especies, e vos ben o sabedes. Se queremos un parque nacional haberá que telo con todas as suas consecuencias, pero a larga iso vai supor maior riqueza pra todalas rias, pero claro,vos so mirades a curto prazo, a medio-largo non vos importa unha merda,ata que acabedes con todo non parades. E un exemplo o tendes estes días coa ameixa na ria de Vigo, decídeme vos que é o que pasou coa ameixa, xa sei, a culpa sempre a ten a natureza que é caprichosa, pero nos non ,nos no temos a culpa de nada, mentres sigades con esa mentalidade primitiva nunca se podera ter unha pesca sustentable, pan para hoxe e fame para mañan!!!
O SINIOR AFRANIO
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX13-10-2011
Sr Afranio, a culpa non a ten a natureza, a culpa teñena os politicos demagogos que teñen as rias feitas unha merda i alguns baballosos coma ti que vos creedes o omblijo do mundo i non sabedes do que falades.
O Señor Manolo
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX14-10-2011
Na lei que creou o parque estatal das illas atlánticas aparecía ben claro que non se ía prohibir a pesca artesanal. Estaba nunha lei e pretenden modificalo agora nun simple plan de xestión.

A Xunta quere quedar ben dicindo que protexe a natureza prohibindo pescar nas illas, pero permite a contaminación e a artificialización da costa nas praias da ría, que é onde realmente cría o peixe.
brughal
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX14-10-2011
Ese é o problema señor Manolo, que catro ignorantiños coma ti que so sabedes da rentabilidade que da o peixe pero non das consecuencias que pode ter a sua excesiva explotacion intentan e por desgracia conseguen manexar o mundillo dos mariñeiros, si, non te enganes, un bo mariñeiro é o que non colle peixe fora da súa talla,un bo mariñeiro é o que non colle mais do permitido, un bo mariñeiro é o que non usa artes ilegais e ouras legais que arrasan con todo, un bo mariñeiro é o que non se dedica a tirar os desperdicios o mar, en definitiva, un bo mariñeiro é o que ama o seu traballo e a natureza que o rodea,e iso é o que che falta ser a tí, aparte de persoa con quen poder razoar,por exemplo convencendome do apropiado que son artes que usades pra facer unha pesca sostible etc etc etc.Pero iso para ti sería pedir demasiado, polo de pronto deberian darvos cursos de respeto polo medio natural e polas persoas que non pensan coma vos.
O SINIOR AFRANIO
RE: MANIFESTACIóN CONTRA O PRUX14-10-2011
Vamos a ver Sr Afranio, en primeiro lugar non son mariñeiro,ainda que coñezo ben o mundo do mar. Non se trata de se os mariñeiros son vos ou malos; (Para o meu entender coñezo vos profesionais) Se esquilman os recursos, algo teran que ver os que fan as leis i non as fan cumplir. Pero o tema da denuncia è que queren defender uns dereitos consolidados sobre a pesca en ditos arquipelagos i a promesa das administracions de que a inplantaciòn do Parque Natural non repercutiria no seu modo de traballo en dito Parque. Dito isto gostariame que fixeras coma min e foras a Bouzas manan as 11 da maña. Sobre a pesca sostible, non se arrancha con pechar uns cachos de mar,seria moito mais eficaz que os responsables da conselleria do mar,fixeran cumprir a lei de pesca vixente, facendo cumprir esa lei, encheriase o mar de peixes e mariscos.
O Señor Manolo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados