Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS27-09-2011
Haz click para ampliar Coido que vai ser de grande interese acudir ó pleno do 7 de outubro polo tratamento de problemáticas de tanta magnitude como a Lei de Augas. O que queres facer os nosos gobernantes con esta lei é inaudito. Xa non por que haxa que pagar unha taxa de 10 euros mes aproximadamente e segundo o consumo a maiores do que se vén pagando polo saneamento e suministro. O realmente grave é que se privatiza un ben común como é a auga. Nin aquí nin en ningures debemos deixar que se comercialice un recurso que é vital pra tódolos seres vivos.
Convén entón acudir ó pleno a esixir que os nosos representantes fagan o necesario para que se derrogue esta lei nas altas esferas e pra que, en todo caso, non se aplique no noso concello.
A mirar que din os nosos gobernantes.

>> Ampliar datos Müller


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS28-09-2011
En Italia botaron abaixo unha lei similar de privatización da auga nos mesmos referendums nos que rexeitaron as centrais nucleares.

Acabar con esta eterna privatización da vida é posible, é necesario e se non o facemos acabaremos outra vez nos tempos en que as vidas humanas mercábanse e vendíanse.
canon do ar
RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS28-09-2011
El agua es de todos, no tiene dueño. El estado la "administra", imponiendo impuestos sobre ella, en ningun caso puede privatizarse lo que no tiene dueño.


Ramon
RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS28-09-2011
Home,pois tendo en conta como "administra" esos impostos o Estado...non sei,aínda ten mais sentido que se denuncie esta situación.
Chegará o día que nos cobren polo aire que respiramos, que sempre se dixo de broma,pero xa se sabe,de broma de broma...
veciña
RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS28-09-2011
¿O estado a administra? ¿Seragua ou aqualia é o estado?

E certo que a auga e un ben común, o de pagar por o seu uso ten sentido, sempre e cando eses cartos vaian as arcas públicas. Cando esa suposta cuota cae en mans dunha empresa privada... estamos ante unha palícula dos Monty Python
f&r
RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS29-09-2011
aqualia cambia contadores en todo el edificio, aunque reconoce que funcionaban bien los que estaban, a comprar por 48e, o alquiler por 2e, hay que hacer caja, dicen que cada 10 años, los que estaban tenian 18a
pld
RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS29-09-2011
A encargada de cobrar o canon da auga sería Augas de Galiza, que é un ente público de dereito privado, ou sexa, un chiringuito con dereito a cobrar unha tasa pola túa auga aínda que non che preste servizo algún, e despois facer con eses cartos o que lle pete: soldos, inversións para os amigachos, convenios con empresas privadas, etc...

Hai peor privatización que a de crear empresas con capacidade de cobrar impostos?
Ley 9/2010, de 4 de noviembre, de aguas de Galicia
RE: LEI DE AUGAS FóRA DE CANGAS30-09-2011
Coa nova Lei de Augas a Comunidade Autónoma de Galiza cede tódalas súas competencias sobre a auga do territorio galego á empresa Augas de Galicia. TODA A AUGA (doce e salgada) que era de xestión pública (a dos ríos, regatos, fontes, e a do mar do noso tramo de costa) pasa a mans privadas e a que non o era tamén (a auga subterránea e a dos idoiros que se forman cando chove). Esta última parte da lei é ilegal e vaise levar ós Tribunais xa que non pode ceder algo que non é da súa competencia nin ten propiedade.

o Se fas un rego para que cando chova corra o idoiro e regar unha zona da leira máis seca, PAGAS UN CANON A ESTA EMPRESA.

o Se tes un pozo privado dos de toda a vida, pagas o canon.

o Se tes auga da traída municipal pagas, a maiores do servizo de traída (a infraestructura era o que se pagaba ata o momento), a auga en sí mesma. Esto quere dicir que a auga deixa de ser un ben público universal e gratuíto.

o Se tes auga de traída comunitaria feita entre os veciñ@s ca auga da choiva ou subterránea, pagas o canon.

o Non sei aínda se ós barcos e chalanas se lles vai cobrar un canon por pasar por auga de propiedade privada.


A empresa está lexitimada para:

o Facer negocio ca PLANIFICACIÓN HIDROLÓXICA. As decisións sobre a planificación hidrolóxica (onde e cantas hidroeléctricas se fan) pasan a mans de Augas de Galicia. As concesións para facer ou non un negocio hidroeléctrico ou calquera outra industria nun río ou extraendo a súa auga, pasan a mans PRIVADAS.

o Augas de Galicia pode VENDER ou ALUGAR un río se quere.

o Augas de Galicia pode VENDER ou ALUGAR a auga do mar de "ex-competencia pública" (os metros que haxa desde a costa ata onde sexa o límite) para o seu uso industrial ou para o que sexa. Para construír as industrias ou o que se tercie a pé de costa e chupar a auga hai que pedir a concesión en Madrid, a Xunta devolviulle as competencias ca nova Lei de Costas.

o Augas de Galicia pode vender unha fonte “ex-pública” (as que fan os Concellos, a Deputación) a un señor moi rico que lle apetece ter unha fonte, ou cobrarlles un canon a quen se arrime a beber ou a encher unha botella.

o Pode pactar cun Goberno doutra Comunidade e VENDERLLES ou ALUGARLLES parte da auga dos nosos río ou do noso mar, facer TRANSVASES, ou ben venderlla ou alugarlla a outra empresa de augas doutra Comunidade para que seque un río noso e abastecer traídas doutros lugares de España.

É algo parecido ó que se quixo aplicar nos territorios indíxenas en Bolivia no ano 2000 cando foi a Guerra da Auga de Cochabamba (filme También la Lluvia de Icíar Bollaín). E aquí acaba de aprobarse en Xaneiro. Tou lendo a lei e é completamente surrealista, como nos pode estar a pasar isto?
Nena
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados