Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A CENSURA DOS DE SEMPRE27-09-2011
Haz click para ampliar O Fora de Vigho (Chapela-Redondela) continúa coa súa política de participación transparente (por inexistente) e impide efectuar comentarios na súa sección dixital do Morrazo ou nas novas que considera "escabrosas" como poden ser as relacionadas co parque eólico do Morrazo ou en xeral cando hai algunha empresa potente detrás que se poda mirar prexudicada.

As eleccións están cerca, e na edición impresa do fin de semana podemos atopar páxinas e páxinas enteiras (máis de 6.000 €) de publicidade institucional (paghada por todos/as) e publicidade camuflada (novas de NoCaGa, panexíricos das excelencias da protección da natureza en Galicia e cousas polo estílo..).

Outros xornais teñen que pechar, e este, utilizado a saco no lavado cerebral masivo, sobrevive cal mercenario ou prostituta ao mellor postor, con perdón de tan tradicionais e honorables profesións.

Coida a túa dieta informativa, non consumas lixo
slow food


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE27-09-2011
Conmigo ya hace algún tiempo que perdieron un comprador de Faros, por sibilinos y manipuladores. Por ver, no les veo ni en internet, así se vayan a tomar por allí.
de acuerdo 100%
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE27-09-2011
Suponse que "no mundo libre" non hai censura.

E a realidade e que é certo, non a precisan, xa teñen o paro.

f&r
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE27-09-2011
A culpa é de Juan Calvo. Valiente manipulador. Cañaaa!
JOHN BALD
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE27-09-2011
isto xa pasaba con franco e desgraciadamnente case que cuarenta anos despois sigue , pero este e un mal non so do decano , por que os ai peores , moito peores .
moaha
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE27-09-2011
A min dame a risa cando estes informadores escriben MOLINOS de viento, como se dedicaran a moer fariña coma nalghún tempo. Son exactamente aeroxeneradores o generadores eólicos, que parecedes unha pandilla de incultos canda redactades as noticias. E por outro lado que eu sepa, se non cambiaron a normativa, só se permiten parques eólicos cún mínimo de 25 torres, ollo o dato.
Vale
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE28-09-2011
A cualificación urbanística de Montes do Morrazo é de chan rústico de protección de espazos naturais, e se non se pode facer o parque industrial de Cruz da Maceira tampouco se poden poñer ventoíños deses.

Galicia produce electricidade destinada á exportación, e os beneficios non se quedan aquí, soamente sufrimos as intalacións. Que produzan a electricidade onde a consumen.
colonialismo século XXI
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE28-09-2011
Eu o que non comprendo é, sabendo o que queren facer,e a importancia do que aquí se está a denunciar,como alguén se pode parar a pensar si o de arriba escribe muiños de vento ou aeroxeneradores,así nos vai...dende logo...
veciña
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE28-09-2011
Pois o carallo é que se trata dunha barbaridade q a Xunta leva con absoluto secretismo. Haberá que aproveitar que alguén por fin conta algo disto para saír a protestar, en vez de botar merda amparándose no suposto anonimato da internet. E por certo, ten razón o que di que se trata do novo colonialismo...en Galicia hai un excedente e producción eléctrica. A nós destrózannos os montes e a riqueza vai para empresas de Madrid ou Barcelona.
canjés
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE28-09-2011
Tamén os nosos impostos van a Madrid
f&r
RE: A CENSURA DOS DE SEMPRE29-09-2011
E iso xustifica algo?, non, é colonialismo igual, o estado recauda, gasta no que lle peta (invasións de Libia, Afganistan, Aves con comisións astronómicas, colexios e hospitais concertados, negocios varios..) e mándache despois unhas migallas para que o aparello administrativo dos concellos non desapareza ou para que teñas que andarlle a pedichar ás deputacións ou a xunta inversións na túa vila
muxindo a vaca
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados