Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
SUBESTACION EN TRIGAS, SI OU...XA VEREMOS14-09-2011
Hoxe o Faro publica unha nota da Chamusca que pide garantías da NON ubicación da Subestación en Trigás,...que segun Fervenza "ten garantías" de que se faría por encima do corredor...Será coma a que tiña de Pilar Fargas de que o CAR iba ir no Broullón?
A información do Faro fáltalle o escrito que xa vai para dous meses ten a Consellería de Industria no seu poder e que resulta de interese:
Moaña, 26 xullo 2011

ASUNTO: SUBESTACIÓN DE UNION FENOSA EN MOAÑA

Con data 17/01/2011, vostede asinou a Autorización Administrativa, Declaración de Utilidade Pública e a urxente ocupación dos terreos en Trigás (Moaña) para unha Subestación eléctrica de Unión Fenosa (IN407A 2010/148-4).
O 24/02/2011 a Federación A CHAMUSCA presentou ante o Conselleiro recurso de alzada en contra da devandita resolución e o 25/03/2011. vostede nos informa de que “con obxecto de protocolizar as actuacións acordadas entre esta Consellería e Unión Fenosa, estase a redactar un novo plan de desenvolvemento integral das infraestruturas eléctricas da península do Morrazo”.
Ao día de hoxe non se ten producido resposta formal ao noso recurso nin temos información algunha sobre “o protocolo do novo plan eléctrico do Morrazo”.
Sen embargo o día 17/07/2011 rematou o prazo de 6 MESES para a solicitude do proxecto de execución que Unión Fenosa dispuña en razón dos termos da resolución de xaneiro e que, de non facelo, produciría a CADUCIDADE da autorización a non ser que U. Fenosa, por razóns xustificadas, solicitara PRÓRROGAS do prazo establecido.
A Federación A CHAMUSCA, como parte interesada e actora no procedemento, ante a falla de contestación ao recurso de alzada , catro meses despois da súa presentación, e de información sobre as novas infraestruturas,

SOLICITA

1º.- Se nos informe da situación de “CADUCIDADE” da Autorización a Unión Fenosa para a instalación dunha Subestación en Trigás –Moaña, en relación co prazo de solicitude do proxecto de execución establecido na resolución de 17-01-2011.
2º.- Se proceda a revogación da declaración de Utilidade Pública e urxente ocupación dos terreos afectados, informando aos propietarios da liberación dos mesmos.
3º.- Se resolva o recurso de Alzada presentado pola Federación, recollendo as circunstancias citadas nos puntos 1 e 2 deste escrito.







Moañes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SUBESTACION EN TRIGAS, SI OU...XA VEREMOS14-09-2011
y que pasa con san pedro, los vecinos de t.... no quieren subestacion ni arriba de la via rapida, pero la energia si, tambien se hablo de cambiarla al poligono de castiñeiras, transformadores en zonas despobladas y ya, cada uno que aguante el suyo
pld
RE: SUBESTACION EN TRIGAS, SI OU...XA VEREMOS17-09-2011
sabado, confirman que subestacion va para portela, enfrente de la estacion de servicio, en la carretera a bueu, en principio con el servicio a cangas y moaña
pld
RE: SUBESTACION EN TRIGAS, SI OU...XA VEREMOS18-09-2011
Cojonudo, pero esperamos pola confirmación POR ESCRITO dende Moaña de que Trigás está descartado en todlolos sentidos
Pues vale...
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados