Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
NON AOS RECORTES NA SANIDADE24-08-2011
Haz click para ampliar NOTA DE PRENSA
A Voz do Paciente de Bueu e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña queremos expresar a nosa oposición á supresión dunha das ambulancias de O Morrazo no turno de noite, en concreto a que ten a base en Marín, segundo a comunicación da Consellería de Sanidade ás empresas concesionarias do transporte sanitario para que esta medida se poña en práctica a partir do día 10, do próximo setembro.

Este importante recorte repercutirá en toda a comarca, pois, en caso de necesidade, os servizos suprimidos terán que ser substituídos polas ambulancias de Bueu, Cangas ou Moaña, cos graves riscos que isto podería supoñer ao quedar desatendidos os veciños e veciñas deses concellos. É especialmente lamentable que cando aínda se estaba a pedir un incremento no servizo do transporte sanitario nunha comarca como a nosa, na que especialmente en épocas estivais prodúcese un enorme incremento da poboación pola presenza de turistas e forasteiros, se produzan recortes que nos fan retroceder décadas na calidade da atención sanitaria.

Esta parece ser a primeira tanda de medidas contra o transporte sanitario utilizando como excusa a crise económica, pois como quedou reflectido no decreto aprobado hai uns meses a Xunta de Galicia pretende ademáis:
• Proseguir coa supresión de bases do 061 comezando polo turno de noite, como no caso de Marín.
• Converter o uso das ambulancias nun servizo de pago, para o que se fixo desaparecer no decreto citado a alusión expresa a que o SERGAS se debe facer cargo desta obriga.
• Deixar as ambulancias medicalizadas e as 4x4, de nova creación, sen técnico-axudante.
• Facer servicios sanitarios (dialise, por exemplo) nos autobuses do 065, que non están acondicionados nin o persoal formado para esa función.

Finalmente, A Voz do Paciente de Bueu e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, queremos expresar o noso apoio á concentración de profesionais do sector e veciños e veciñas que o comité de empresa da concesionaria ten convocado para o próximo venres, día 26, ás 20,30h. diante do Concello de Marín.

O Morrazo, 24 de agosto de 2.011

A Voz do Paciente de Bueu. Asdo.: Fernando Otero
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas. Asdo.: Carmen Nores Maqueira Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña. Asdo.: María Boubeta Pena

SOS SANIDADE PÚBLICA


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NON AOS RECORTES NA SANIDADE24-08-2011
Todos alí, que se enteren de que non imos quedar cos brazos cruzados.
Nin un paso atrás
RE: NON AOS RECORTES NA SANIDADE24-08-2011
Yo creo que esto aún es poco, mas bien nada, sino ya vereis el mogollón de votos PP/PSOE que van a llenar las urnas, procedentes de los trabajadores masoquistas.
Privatizador
RE: NON AOS RECORTES NA SANIDADE25-08-2011
pois eu solo por mirar si me topo con oscar graña voy ir
eu
RE: NON AOS RECORTES NA SANIDADE26-08-2011
Seguro que se llo pides, hasta che dará un bico. Hai que ser imbecil para seguir co rollo de Oscar Graña cun asunto tan grave coma este. Ti seguro que nunca precisarás unha ambulancia.
No es amor, es obsesión
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados