Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/professional-term-paper-writing-services/
Indispensables
Donde ...
Guia
O TWEETER BOTA FUME: "COSAS DEMASIADO GALLEGAS"10-08-2011
Artículo de hoxe, 10 de agosto no Xornal.com

A edil coruñesa de Cultura fai ferver a rede... #cosasdemasiadogallegas
As controvertidas declaracións da responsable da área cultural do Concello da Coruña provocan unha marea de retranca en Internet e un hastag de seu na rede social Twitter.
"Chamarlle cativos a los niños"
"botar drogha no Colacao"
"apelidarse Negreira".
Son algunhas das "cousas demasiado galegas" que os usuarios de Twitter están a suxerir tras as controvertidas declaracións da concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, que nunha entrevista no diario El Ideal Gallego considerou que a súa predecesora, do BNG, promoveu unha programación "demasiado gallega", ademais de afirmar que
"la cultura tiene que estar en un idioma que entiendas", como contraposición á lingua galega.
Baixo o hastag #cosasdemasiadogallegas, unha morea de usuarios de Twitter están a propoñer actitudes, eventos ou frases que poderían entrar baixo esa peculiar consideración da edil coruñesa. Así, por exemplo, ironizan coa posibilidade de que beber unha determinada marca de cervexa poida "demostrar a túa ideoloxía nacionalista" ou coa necesidade de
"ir aos touros" para evitar "intoxicación do gallego".
Do mesmo xeito, entre as #cosasdemasiadogallegas figuran propostas como
"darlle un posto no concello a xente que non serve para outra cousa",
"yo no hablo gallego por respeto, por no hablarlo mal",
ou referencias implícitas ao presidente da Xunta con frases como
"por que son femininos todos os nomes das vacas?"
Ao tempo, na mesma rede social xurdiron xa tweets dirixidos ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, quen tamén ten perfil de seu en Twitter e que, polo momento, critican, permanece "silente" ante as palabras de Ana Fernández. Ademais, as consideracións da popular deron lugar tamén a creacións retranqueiras en sitios webs como Sei o que nos figestes..., que vén de anunciar un "control de exposición a galleguidad" como "novo proxecto de Carlos Negreira, Ana Fernández e Anxo Lorenzo".

Con toda esta maraña de disparates un pódese perder e tratar de buscar unha explicación sensata, pero ahí está o truco: NON EXISTE NADA DE SENSATEZ OU SENTIDO COMÚN, todo é pura brutalidade canibal.
¿qué clase de animal se come a si mismo ou á súa familia?, pois iso, non lle busquedes lóxica, poñédevos a salvo… os que poidades.
>> Ampliar datos Hemerotecario


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
A explicación está ben clara: “li pusierun drogha en el Culacao”
enghanchao al colacao
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
O ca Coruña non é unha anecdota aillada. E a política do PP...
No primeiro pleno de Moaña, a número 2 e portavoz do PP de Fervenza encetou o seu discurso en galego...cando levaba duas ou tres frases ditas ( e sen que naide dixera nin pio)...parou, levantou a cara desafiante cara o público...e dixo...-mais ou menos-..."voy a hablar en castellano, a mi nadie me obliga a hablar en gallego.." e continuou en español"...para siempre y liberada del yugo y la imposición...", quedando todos pensando en quen lle estaría obrigando a falar galego...o seu subconsciente, o seu autoodio,...o seu xefe Sr. Fervenza... Exemplo que seguen as demáis concelleiras -queda más bonito- ...Fervi sí fala galego e os outros non se sabe en que falan...De momento estan mudos.
Eu
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
o que esta caindo todo dios no paro e moitos sin ter que levar a boca.... e alguns entreteñense nestas tonterias, isto e perfecto para que salten a facer politica os do BNG
mais traballo e menos boberias
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
Si home si, todo son tonterías. Rirse e despreciar ao idioma propio é unha tontería, agora, ghastar unha millonada en lamberlle o cú ao Papa iso é algo importantísimo...anda, ide a rañala. Se nin sequera queren ao idioma galego como carallo van querer a Galicia e que haia traballo aquí? eles mentres poidan bailar o waka-waka que máis da? o resto o califican de tonterías.
de Canjas
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
Qué eu saiba a nº 2 de Moaña non estuvo naquela "huelga de hambre a la moañesa", como lle chamaron os periódicos, cando o tema do catastrazo. ¿en qué consistía a folga de fame "a la moañesa?, pois unha especie de Ramadán a la católica, de dia non comían, pero de noite atiborrábanse de donuts con Colacao, por iso pregunto eu ¿onde carallo lle puseron a drogha a esta ilustradísima Sra?, porque algo droghada ten que estar para andar tan "despistada"
Tira-puxa
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
A esta non lle puseron a drogha no colacao, metéronlla de pequena na catequesis e nunca máis se recuperou.
droga no catecismo
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
A última vez que fun á catequesisi collín un peido que nin miraba, sempre dixen que aquela auga bendita tiña un sabor raro, e unha cor verde sospeitosa, pasei unha semana a rir.
ajua ó bidón
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
Pois debe ser iso o que lle pasa á concelleira de cultura española, que tragou moita aunga bendita
químico
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
Tamén isto é "demasiado gallego": tomarse a chirigota as autoagresións á nosa cultura e á nosa lingua. A xente de fóra abre a boca cando se lle explica que na Galiza son as propias autoridades galegas as que están atacando con verdadeira saña e encono á lingua e á cultura dos seus pais e os seus abós, como si quiseran esquecer de onde veñen.
A xente de fóra alucina, como alucinan as concelleiras de incultura de A coruña, a de Moaña e as que non salen aquí por falta de espacio
O Vello Rosmón
RE: O TWEETER BOTA FUME: 10-08-2011
Se se drojara aínda tería algo mais na testa.
f&r
RE: O TWEETER BOTA FUME: 11-08-2011
A escea da nº 2 do PP de Moaña, cando cambia do galego ó castelán de repente decindo:
-¡A mi nadie me obliga a hablar en gallego! recordoume o chiste do gato:
- ¡Meta o ghato nos collóns!...i é que xa o levaba grabado no "chip" (non me atrevo a chamarlle cerébro)

Supoño que sabedes o chiste do ghato ¿non?
O Vello Rosmón
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados