Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
click to read more
Indispensables
Donde ...
Guia
"DEMASIADO GALLEGOS"09-08-2011
XORNAL.COM 09/08/2011
O Concello da Coruña di que os eventos culturais da cidade "eran demasiado gallegos"
>> "Hasta ahora se estuvieron programando cosas demasiado gallegas", di a concelleira de Cultura, Ana Fernández

>> "La cultura tiene que estar en un idioma que entiendas", asegura

A concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Ana Fernández, asegurou nunha entrevista a El Ideal Gallego que o anterior goberno bipartito programou eventos culturais "demasiado gallegos" na cidade e aposta por un cambio. "Hasta ahora se estuvieron programando cosas demasiado gallegas", chegou a dicir.
Fernández, que debuta en política da man do PP na Coruña, asegura incluso que a cultura "debe estar en un idioma que entiendas". "Creo que se deben ofertar cosas de aquí, evidentemente, pero también programar otras cosas. Lo importante es que para que te interese la cultura tienes que entenderla y tiene que estar en un idioma que entiendas", aclara. Ao mesmo tempo, a concelleira di non estar en contra da Feira Taurina "porque tiene mucha gente que le gusta, que la sigue y que tiene derecho a verla".

Así mismo aparece hoxe no Xornal.com, e como é un artículo corto preferín poñérvolo enteiro.
O que non aclara o artículo do Xornal.com é si a Ilustrísima Concelleira de Cultura de “La Curuña” (alabada sexa) é si fixo estas declaracións antes de coller o coche (xa sabemos que os cargos do PP teñen tendencia ó positivo nos controles de alcoolismo) ou si as fixo despois de pegarse unha hostia co coche e andaba medio "alusinada", noticia que ainda non aparece na prensa.

NOTA: no xornal tamén aparece unha foto da ínclita concelleira, pero non me pareceu apropiado fastidiarvos (con”J”) as vacacións.
>> Ampliar datos Hemerotecario


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: 09-08-2011
Eu pregunto si os galegos temos un xen ou algunha neurona ou molécula ou calquer outro becho miúdo que nos diferencia do resto dos pobos do mundo. ¿non haberá ningunha concelleira de “cultura” en Castela ou en Murcia, ou en Andalucía que se queixe de que os eventos culturais desas comunidades son demasiado casteláns, ou murcianos ou andaluces?
¿E no Congo ou en Guinea Papúa ou en Tailandia ¿non haberá algún ministro, conselleiro, concellal, cacique, encargado, chamán, capataz ou contramaestre que se queixe de que os seu eventos culturais son demasiado “enxebres”?
¡Non, por suposto!, ¿e porqué?, porque somos distintos, diferentes, diversos, variados e divertidos
Diso xa se encarga o PP
¿Cäntos anos levamos os nacionalistas decindo que somos unha nación diferente?
Así se entende que teñamos especies tan "raras" pouco evolucionadas como a Concelleira de “cultura” en "La Curuña"
O Vello Rosmón
RE: 09-08-2011

Pois eiqui para non ser menos que LOS DE LA CURUÑA temos unha concellala de INCULTURA que presenta o FESTIVAL INTERCELTICO en castellano.
QUE MAIS DA
RE: 09-08-2011
Ten razón a concelleira,a quen se lle ocurre facer eventos galegos en Galicia,o normal sería un tablao flamenco un chotis etc,algo mais propio da nosa cultura...o fascismo dando outro pasiño mais.
lois
RE: 09-08-2011
Ou unha misa cantada no idioma do imperio pola copa do mundo.
f&r
RE: 09-08-2011
O da misa cantada é cuestión de pouco tempo, soio están duvidando de si vai ser en español ou en latín, parece ser que os máis ortodoxos están gañando posicións.
O Vello Rosmón
RE: 09-08-2011
Estes son os concellales da "incultura"... Isto o comenta ben Pérez Reverte nun artigo semanal do suplemento da Voz "XL semanal"...
Como comenta un anteriormente, os galegos somos doutra pasta distinta, porque mira que desprezamos o noso e así nos vai...
Maruchi
RE: 10-08-2011
o das novas xeracions de fachas e de panico , e de pinico, xa pensamos que o fascismo estaba dormido , pero a nova fornada do pp , ven por inorancia , ou querendo , despertouno e de que maneira , hai que ir afilando as fouciñas que desta van facer falta .
moaha
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados