Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS03-08-2011
El otro día salía aquí una queja de Persianas Morrazo. Yo añado a Cocos y la Fiorentina. Los primeros por vender ropa de mala calidad y no devolver el dinero y los segundo por los precios de las consumiciones. No me extraña que tiemblen cuando se habla de un centro comercial, no les iría nadie, excepto la gente mayor que por costumbre va a estos locales.
Yo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Os centros comerciais xa os tes en Vigo e en Tirán e son negocios especulativos que se apoian nunha situación de desigualdade e competencia inxusta.

No casco de Cangas hai centos de comercios, e hainos malos e bós, dan centos de postos de traballo e crean indirectamente moitos máis. Fai anos había que ir a mercar todo a Vigo e agora hai multitude de comercios aquí, será que non son tan malos como queres mostrar.

Nun centro comercial páganse soldos-lixo con condicións de traballo escravistas, e venden productos globalizados e uniformizados feitos en condicións muitas veces inhumanas que están a matar a nosa propia indusatria. O seu prezo é artificialmente baixo porque a súa política é afogar a competencia para monopolizar (ou chegar a un reducido número de empresas que pactan prezos) o mercado e dominalo totalmente, parte do seu xogo baséase en economía puramente especulativa.

O pequeno é fermoso, o achegado a nós da traballo aos nosos achegados, se non queres ser un escravo uniformizado, non colabores cos escravistas.
consumeconsume
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Pois o pequeno comercio creo que é un dos sectores con máis precariedade laboral. Sobre todo na hostelería.

Habería que cntrastar cifras antes de dicir nada a lixeira
f&r
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Estou totalmente dacordo con f&r. Ademáis, abusivos son tamén os alugueres dos baixos en Cangas, de tal xeito que moitos pequenos negocios teñen que pechar por non poder facer fronte a eses alugueres. Ao final, os altos precios dos baixos frean o desenrolo económico da vila.
Archibaldo
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Consumeconsume, en tus sueños dan cientos de trabajos y bien pagados, que los productos que venden son made in spain y que las condiciones son laborales son excelentes. Imagino que eres un comerciante de esos que piensa que pagando 600€ al mes y con una jornada de 10 horas laborales de lunes a sábado se cree generoso.

Y si yo compro algo en un centro comercial y por los que sea llego a casa y no me gusta o le encuentro un defecto, lo devuelvo y punto, sin tener que dar explicaciones.

Sinceramente prefiero ser un trabajador uniformado (eso de esclavizado habría que verlo) que puteado por el vecino y aún por encima tener que darle gracias.



Yo
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Os alugueres do pequeno comercio os recibe alguén da vila, os dun centro comercial un banco ou ninguén.
come e cala
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Según ti, os centros comerciales no pagan alquiler se non son donos do local? K eu sepa os bancos non son donos de eses locais. En k mundo vives?

De todas maneiras eso non ten que ver que un comercio pekeno non dea a calidade ou un prezo máis ou menos razoable.

Hai certos locais en Cangas k os ken os rexentan dan moito que desexar.
Etideondesaiches
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
A Ikea, Alcampo, Carrefour, a maior parte das veces lles regala o terreo o concello en cuestión, e se non, o mercan, mira Amancio Ortega o tinglado inmobiliario especulativo que ten cos locais de Inditex.

O xogo con moitos cartos detrás sempre ten premio, e as consecuencias para a poboación son desastrosas.

Ou o casco vello de Vigo está abandoado por casualidade? e onde están os cartos: en Francia, espabilade un pouco, que o tobogán non sempre leva a unha piscina rodeada de garotas.
gu gu ta ta
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
eso de esclavizado habría que verlo

Pregúntalle ás rapazas do Froiz canto cobran e cantas horas fan
non hai máis cego que o que non quere ver
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
sen entrar en nomes, hai centos de comercios en cangas e por extension no morrazo que son excelentes, con produtos de boa calidade e con dereito a devolucion sen coste, e hai outros que semella que debes pedir perdon para poder pisalo seu chan...en canto as cadeas de tendas comentar que as condicions laborais ás veces non son as mellores, pero non creo que sexan perxudiciais para o comercio local, por exemplo, hai unha cadea de roupa en cangas que leva anos asentada, vende máis ca súa sucursal en vigo, SEINO, e non por iso produciu o afundimiento do comercio cangués...ó revés a xente do morrazo ven mercar a esta cadea e logo pica nas outras tendas do pobo.
lalala
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Pois sí. hai alguns sitios que parece que tes que pedir permiso pra entrar e darlle as grazas por deixarte comprar neles. A min eso me pasa na farmacia da avenida de ourense ou en Iris, ke te ven entrar e te poñen un cara de superioridade que no vexas. E isto é un dos maiores inconvenientes deles, que te consideran ignorante. E chamarlle tinglado a Inditex... hai que ter collons. que da máis traballo que ninguen. En cambio o pequeno comercio por norma só da pra ser familiar e a maioria das veces defrauda a facenda (e isto non o digo eu, xaíu o outro día un informe de que declaraban máis os traballadores que os empleadores).
vaiavaia
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Inditex da traballo sí, pero precario.

E o de que os pequeno comerciante estafa a facenda... non che é nada novo, tanto estes preas coma os autónomos.
f&r
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS04-08-2011
Nese sentido me temo que son todos iguais. Pero aqui o que se está a falar e do trato dos comercianters ós consumidores e a pouca confianza que xeneran a hora de comprar.
vaiavaia
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS05-08-2011
Inditex xera moito traballo en Taiwan e Thailandia, e ademáis explota a cantidade de pequenos "empresarios" na mariña coruñesa
agolfo domínguez
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS06-08-2011
Está moi ben o de comprar no Morrazo, pero as veces non se pode. Poño un exemplo fun comprar un xoguete (era unha rata de Ratatouille que fala e se move), mirei nunha xogueteria de Moaña, e custaba 40 euros. Compreina no Carrefour por 18. Outro exemplo, unha Barbie que me pediron para un regalo do Nadal, en Moaña 30 euros e en Centroxogo 20. Mais: unha crema da marca Clarins de 35 euros pedianme por ela case 50 en Moaña... e así moitos mais exemplos. Eu prefiro mercar en Moaña ou en Cangas, pola cercanía, pero moitas veces non se pode. E respecto o traballo precario, coñezo unha rapaza que traballa nunha tenda de roupa de pequeno comercio 4 horas ó día de luns a sabado, cotiza por 2 horas diarias e gana pouco mais de 300 euros. Hai para todos en todos lados.
Elvez
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS07-08-2011
Penso que a maioria dos comentarios q facedes carecen de fundamento. Eu traballo para INDITEX dende o ano 1994,e nunca deixe de traballar nin de cobrar, non sei o q lle chamades un soldo digno, pero eu teño un Atico no Pobo e un carro mais non debvo un pataco a nadie,salvo o q queda de hipoteca do atico (me faltan menos de tres anos) podome queisar como calquera por rutina pero a realidade vivo relativamente ben, eu non sou inxeñeira ni nada polo estilo q iso pasa moito, queremos cobrar como o que mais cobra, si queres iso estudia ou monta unha empresa, E Q CHE VAIA BEN, sinon joderas a todos os q tq avalaron
Empregada
RE: EL TIMO DE LOS COMERCIANTES DE CANGAS08-08-2011
Eu coñezo a xente tamén que traballa ahí e non se queixan. Non sei o que credes que e precario. A menos que os refirades o que saiu o outro día de que se queixaban algunhas empregadas de inditex de que os contratos eran de media xornada. E a iso lle chaman precario. Pero non escoitaron as protestas de duas fabricas de Springfield, porque nunha cobraban 1400€ e noutra 1600€. Isto nin o mencionan. E as horas extras as pagan e no pequeno comercio nin a mencionan non existen na nómina.
pensoomesmo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados