Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Report
Indispensables
Donde ...
Guia
MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....01-08-2011
Despois do fracaso do Intercéltico (foron os que pasaban por alí), despois da chapuza (el diría ilegalidade) da contratación directa do espectáculo, despois de cargarse todo o orzamento de Cultura para 2010 (el diría despilfarro),despois de negarse a dala información no Pleno (el diría oscurantisto e dictadura), despois de mentir na prensa ao dicir que non lle deixara nada feito o goberno anterior( só tivo que contratar a Uxía. Roi Casal e o outro grupo xa estaban comprometidos no programa Camiño de Santiago...ou algo así da Xunta, dende fai meses), despois de dar o lamentable espectáculo da presentación deste evento en castelán...agora se superan e montan un verdadeiro esperpento onte a noite co gallo da actuación da Orquesta Filarmónica de Galicia na Igresa do Carme de Moaña....
Esta actuación (TAMÉN) estaba comprometida dende hai meses no mesmo programa, aparece na páxina web do Concello e nos dípticos. Pois os espectadores e membros da orquestra atopáronse coa porta pechada...Ninguén sabía da actuación. O cura dicía que, efectivamente, o Goberno anterior lle pidira permiso...pero que agora do novo ninguén llo confirmara...A Concelleira de Cultura /DIMISION/ NO SABIA NADA DEL ASUNTO:..menos mal que chegou Fervenza e pidiulle as chaves ao Cura...
Esperpéntico, bochornoso...Ademais de mentir e improvisar non son quen de "garantizar" o traballo que lle deixan feito.
Por certo, tivemos a ocasión de escoitar ao Director da orquesta, un importante músico estranxeiro, desculparse pola sua "deficiente" utilización do galego...Esa debe ser a explicación dos esquezementos da Concelleira de Cultura,...de esquecer a súa língoa, esquécese ata das súas responsabilidades máis simples...
O que nos queda por sufrir...se alguen non o remedia. Moción de censura...XA.
EU


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....02-08-2011
O pior de todos estes desvergonzados xa non é que odien á cultura galega, ou que a neguen, o pior de todo é que non teñen sentido do ridículo e non se dan conta do dano que están a facer.
Xa o dixen noutro post deste foro, para o ano que ven montan unha "novillada".
¡¡¡Mira que presentar un festival "Intercético" en castelán!!!, hai que ser burro
raposiña
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....02-08-2011
Todo o que estades a ver e oir, e a herencia que deixaron os beneguais. Sí, asi como o escoitades. Fixeron e ainda estan a fazer o posible por dificultar e obstaculizar o funcionamento do concello de Moaña, poñendo trabas e zancadillas para que todo parezca un descontrol. Disto que estou a falar saben moito os que van de "guais" e todo o fixeron ben, pero resulta que non queren que saia a luz todas as falcatruadas destes anos. O traspaso de poderes esta deixando moito que desexar, espero que aljun dia lle toque a eles
Zancadillas
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....02-08-2011
Si home si, todo culpa do BNG, jajaja. Se botades 4 anos ides decir ata o ultimo día o mesmo conto.
Un desastre¡¡¡ Esa señora non ten nin idea, coma o alcalde. Pero a onde pensaban ir? levan 2 meses recoñecendo que son un desastre de goberno pero sempre por culpa do BNG. Quero recordarlle o PP que eu si que vin boicotear a programacion cultural con mentiras, decindo que non se facian eventos, arrincando cartelería e decindo que se suspendía, facendo desaparecer dos locais os dípticos todos... a xente vinculada o PP, iso si é boicotear. Debedes querer que vos axuden os do bloque a facer o que xa tiñades que ter feito antes das elccións, pero como non tedes nin idea... agardabades que estivese todo feito. DIMISIÓN DA CONCELLEIRA XA o da orquestra xa foi de traca, nunca pasau iso na anterior lexislatura NUNCA.
Respeto
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....02-08-2011
O que fai o Sr. Fervenza dende que chegou o Axuntamento e tapar os buratos e arrumar todos despilfarros que deixaron os do bng. O único que aparecen son "pufos" por todos os lados.
Gustaríanos saber a todos veciños de Moaña cal e a deuda real do Concello, que se vaciaran os caixons e que se puseran todas as contas enriba da mesa. Estou seguro que nos iamos sorprender moito, pois estes últimos anos os gobernantes de Moaña viviron a "corpo de rei", so hai que sumar a conta de salarios destes ultimos anos.
¡Ah!, e gostaríame ver a descripcion dos gastos que se fixeron no "Xantar de Mónica" = Unha verdadeira vergoña e unha verdadeira tomadura de pelo para todos os veciños.
Biluso
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....02-08-2011
Home, aqui o falar non ten cancelas...e está ben. Agora que xa non se pode falar no pleno...pero aportemos algo de rigor: Segundo teño lido nalgun sitio (se non que alguen mo aclare) as débedas do Concello (reconocidas e nos papeles) andaban nos 7 millóns de euros...? Na campaña o PP fartouse de dicir que os pufos eran 20 millóns...? Das débedas que cada día se filtran a prensa...que si Fenosa, ...que esta empresa ...a outra, non se dí que sexan facturas sen contabilizar que aparezan da nada ou perdidas nos caixóns (como en Castilla-La Mncha)..supoño que son as que estan recoñecidas e as empresas tentan presionar ao novo goberno para cobrar "canto antes"...
Se Fervenza fartouse de dicir nos altavoces que recorreron Moaña, que iba a resolver o paro e as débedas de 20 millóns en canto chegara a Alcaldía (como tamén ía a salir o de Albariños se gañaba..eh¡ amijiños de Tirán )...como é que agora se laian e din que non poden facer nada con débedas de 7 millóns e o paro baixando?
eu
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....02-08-2011
AVER.fervenza que lle pasa os bngais que estan que trinan vas a telos que deixar governar pa que volba o sr, caudilliño co aguardia municipal e nos poña atodos firmes.
eu oyo de todo por interceltico que po ano que fagamos uha novillada pos e voa idea si os reuimos a todos eses nun corral podemos torealos.
coyote
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....03-08-2011
Un incompetente, iso pasa cando se compra os votos para chegar o concello , coma cans famelicos , non queren traballar , so fan queixarse , e deixando o nome de Moaña , a altura da merda , vaianse para a casa , que xa demostraron o que son capaces de facer NADA .
Moaña
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....03-08-2011
Tes razón Moaña, e isto só é o principio , o único que saben facer e votarlle as culpas o anterior goberno e non buscar solucións , están nas mismas circunstancias co anterior goberno.Ou pobriños e que cando eran oposición no sabían nada das contas , enteráronse agora? veña , veña , queremos solucións e menos chorar, e se non saben gobernar que se retiren.
Un deiquí
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....03-08-2011
Durante 8 anos limpastes os petos do Axuntamento e agora queredes que os que veñen fagan milagres.
Sodes uns irresponsables e o unico que vos interesa e chupar do bote.
Biluso
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....03-08-2011
Deixade de criticar o anterior goberno e porse a facer as cousas ben ...sen que os moañeses pasemos medo de quen temos no concello.
un deiquí
RE: MáIS DIFíCIL AíNDA...FERVI XA SE SUPERA ....04-08-2011
aqui o unico do que temos medo e de que sigan aparecendo mais contas sen pagar nos caixons. En 8 anos vivistes a corpo de rei, non vos preocupou se o Axuntamento quedaba empeñado, o que vos interesaba e encher os bolsos e canto mais melhor.
mais facturas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados