Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
OS DO BLOQUE28-07-2011
Hola, éu son un Moañes que lle quero moito a miña terra.
Bueno, Direi que estou asombrado do que leo nesta páxina.
Vamos a ver parece que o bloque xa non estaba acostumbrado a estar na oposición, pois éu penso que é no campo onde mellor se defende.
Porque penso que o Goberno, perdeu O Norte.
Como me acordo e añoro aquel Bloque que defendia ideales a os veciños. Agora Todo Cambiou agora solo defende os intereses de catro jalupins que solo buscan a poltrona e encher os bolsillos.
Adrian.
Adrian


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
seguro que mentras o bloque pelexaba polos intereses dos veciños , ti mirabas desde a ventana . As veces amigo e mellor estar calado antes de dicir estas parvadas , ou acaso o bloque non sabe gobernar , recordoche que repases os gobernos en moaña , e despois opina con propiedade , si non di que o pp para ti e o mellor e deixate de ipocresias . Que teñas un bo veran e non te comas mais a cabeza , que volveremos a gobernar , ainda que non queiras .
moaha
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
Adrian , xa che teño dito que pola semana non tomes cousas raras , agarda o finde semana e despois desmadraste cos amigos das novas xeracions peperas .
A bacaloura
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
Adrian ten toda a razon do mundo, o bloque xa hai anos que perdeu os seus sinais de identidade.
O bloque era o Sr. Beiras, o Sr. Abalo en Moaña que sentía e loitaba polas suas cores e polas suas ideas. A decadencia escomenzou polo Sr. Quintana, que dinamitou o partido, desapareceu e cada quen polo seu lado, e en Moaña non hai nada mais que ollar esta pandilla de "aficcionados a politica", que ultimamente o unico que pensan e como encher os bolsos eles primeiro e despois despilfarrar os cartos de todos os veciños. Asi foi, que levaron nos fuziños, e mais que levaran.
Isto xa non e o que era
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
Si si os gobernos do bng i excepto 4 anos durante a democracia, que sempre gobernou a esquerda, sumiron o concello de moaña na bancarrota máis lamentable, iso si é gobernar. Pero sempre se poden negociar plans de pagos para incumplilos claro.
Aparte do eido económico fai tempo que a chulería, prepotencia i enchufismo foron os eixos do bng de moaña, aparte de reaccionarios e intolerantes con quen non pensa coma eles, o bloque despois dos resultados obtidos nas últimas eleccións e si non cambian, como partido está abocado a desparición, tempo o tempo....
si si
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
si si , ten coidado contigo que cando ti e mais eu xa non esteamos aqui , o bloque seguira para diante ainda que che doia , ati e mais alguns mais que demostran ter poucas luces , cando menos en este foro .
moaha
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
Direiche Moanha que non sabes ni o que dis cando dis que eu miraba pola ventana, direiche que eu me movia en muitos eidos amigo é vouche decir, por exemplo, cando o BNG entrou por primeira vez na plaza da quintana en Santiago u estaba no medio dos meus colegas levando porrazos e ostias da policía española e acudindo que ti non creo que o fixeras a marcha anti-otan andando dende A Poboa do Caramiñal ata Redeira.
Adrian
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
enton , amigo adrian que foi daquel guerreiro celta que dices fuches , eu non sei quen eres , e ti , acaso non te recoñeces ti mesmo , calma que viran tempos mellores , ainda que non queiran , por que eu ainda creo que esta terra e nosa .
moaha
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
Bloque era o que habia antigamente. Quen via o Sr. Abalo ir polos barrios e mediar nas pelexas entre veciños, iso vinno cos meus ollos. Canda habia algun problema, nin policia local nin nada, erguiase da poltrona e ia interesarse polo que acontecia.
Hoxe o que temos en Moaña e un "sucedaneo", e ainda por riba dos malos, daqueles señores comprometidos co pobo e coa nosa bandeira. Cando iamos pola beiramar, ala polo Con e viamos aquelas ventanas do Sr. Abalo coas cores de Galiza, iso e ter sentimento.
Agora alguns adicanse a fazer coma os capitalistas, a moverse unicamente polo dinheiro, incluos xa fan chalés coma eles. Mirade que dexenerou todo isto.
Lembranzas
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
Tes razón Adrían e isto non é o que era.
Quintana deixa a política para adicarse ao mundo empresarial e por casualidade á empresa na que vai traballar ten accións o constructor Jacinto Rey, o dono do barco da famosa foto de Quintana coa bandeira española ao vento. O Aznar e o Felipe, parece que fixeron o mesmo, irse a privada.
E si iso fose pouco Quintana continuará de deputado ata setembro.
menudo favor lle fixeron aljúns ao BNG
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
A ver moaha, o BNG tal como o coñecemos agora fundóuse no 82 a partir de 8 forzas políticas de esquerdas e o seu teito electoral conseiuno no 97 con beiras coma cabeza de cartel, de ahí ata agora foi sempre decrecendo en número de votos e nas derradeiras eleccións salvo casos contados (bueu entre eles) os resultados foron un fiasco, pero o problema do bloque é que non é máis que unha xaula de grilos ou un galiñeiro alporizado como prefiras, o que non digo e que desapareza a esquerda nin moito menos que son cousas distintas eu refírome o bng como o seu nome indica, porque agora máis que un bloque de partidos é un ladrillo furado.
si si
RE: OS DO BLOQUE28-07-2011
moaha. mira o bng de ahora parece ua zeta que lle comedes a mente a xente.
mera que bos doi deixar a chupona ten pasencia moaha e tranquilisate que podeche dar un infarto.
coyote
RE: OS DO BLOQUE29-07-2011
Eu que pensei que esta trancallada era de broma , pero xa vexo que non que aqui , vai en serio . Bueno penso que ainda quie volveran a nacer , os do pp nunca traballarian por Galicia , nin a mitade do que leva traballado e pelexado o bloque e ainda sigue imparable . Iso non agocha as diferencias , e maneiras de entender a politica dentro do bng , polas distintas correntes que o conforman . O deterioro no seu seno ten nome e apelidos , fantasmas na upg que non queren marchar , e fantasmiñas en +g , que sempre rematan comendo o bocadillo dos primeiros . Ese e o verdadeiro problema , falta valentia nas forzas , para deixar a upg sola . Eu creo que hai campo para un novo proxecto nacionalista sen complexos nin ataduras , non lles parece .
A bacaloura
RE: OS DO BLOQUE29-07-2011
pois si bacaloura xusto por ahí van os tiros, e bo recoñecelo, o carallo é facelo
si si
RE: OS DO BLOQUE29-07-2011
... o lobo podera cambiar de pelo, pero non de condicion.
Refranero
RE: OS DO BLOQUE29-07-2011
Tes toda a razón Adrián, o Bloque en Moaña con Abalo e o Bloque destes últimos anos é como a esquerda e a dereita. Abalo e os seus concelleiros visitaban os barrios, ganábanse os votos de esquerdas e dereitas e agora é o revés. Millán e Valentín covocaban as asociacións que consideraban amigas e despreciaban as que consideraban enemigas, o que facían era desprestixiar ó Bloque.
Ai que cambiar de rumbo, gañarse a confianza de todos e falar co pobo, de esquerdas e dereitas e visitar os barrios.
Labrego
RE: OS DO BLOQUE29-07-2011
o mais comodo e estar sentado no sillon, o socairo, que fora ou fai moito frio no inverno ou moito calor no vran. En resumo, esta clase politca e de segunda.
Biluso
RE: OS DO BLOQUE30-07-2011
Con Xabier abalo de Alcalde tubemos varias xuntansas no barrio da fraga,na casa de sabino,cos últimos gobernantes nunca os vin por a fraga,varias asociacións veciñales se costituíron no gob erno de Abalo e plaudían as decisións do concello,últimamente non aplauden nin as consideradas amigas, aunque vivamos noutros tempos hai formas pra non cambiar,e falar con todos e escuitar atodos en xeral,a min e a moitos veciños nunca estubemos da cordo con que se celebraran os plenos escoltados por a policía local e para solicitar a palabra ubera que fasela por escrito dous días antes do pleno, en fin ,foi un goberno de Millan e doutros pero non do bloque
Desilusionado
RE: OS DO BLOQUE03-08-2011
Agora xa que comprastes o voto para estar no concello , demostrar que sabedes facer algo , que en dous meses so facedes queixarvos , caos e inoperancia total , so pensan no ladrillo , coma buitres agardan , so lles interesa iso .
Moaña
RE: OS DO BLOQUE03-08-2011
A ver Moaña, non fas mais que "repetirte" en todas as denuncias. Podías discurrir un pouco mais e dizir algo novo, pois pares que hoxe comemos chouriso no cosido e non fai mais ca repetirnos...
El choriso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados