Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA28-07-2011
Haz click para ampliar "En conclusión, e de forma coherente, a Alternativa Canguesa de Esquerdas pechou a reunión reclamando a necesidade de rescindi-lo contrato con Consultora Galega pois o Concello de Cangas aforraría tempo e diñeiro partindo da elaboración deste traballo cos técnicos e medios xurídicos propios e co necesario asesoramento externo. O contrario sería ou será caer nas mans dos depredadores do solo e do medio natural que sempre actúan en perxuizo dos intereses xerais de Cangas. "

Máis e mellor en Ampliar Datos
>> Ampliar datos Líster


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA28-07-2011
Se teñen medios proprios, TAMÉN tiñan antes ises mesmos medios, como é que non fixeron esa proposta estando gobernando, ou dende febreiro de 2009 que deixaron o equipo de goberno,,,???...
pregunton
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA28-07-2011
Imos ler ben, camaradiña. Dise que é o CONCELLO quen ten medios propios por se quere facer ese traballo sin que lle sangren as arcas municipais como fai esta empresa redactora que ademais ten chanchullos coas grandes promotoras, como é máis do q evidente...
Sauron
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA28-07-2011
Sauron ti afirmas, eu pregunto, pero as túas afirmacións non contestan as miñas preguntas.
pregunton
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA28-07-2011
Responde ti a esta: porque se denunciou a esta empresa por querer cola-los convenios cando mandaba o Bloque? Que ninguén se sinta discriminado ou favorecido, vai haber pra todos, agora ben os convenios non os ides ver plasmados no proxecto definitivo nin vós nin os que estaban antes. Espero que che abonde.
Sauron
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA28-07-2011
Cinco anos perdidos con Arteplán e agora outros cinco con Consultora Galega. E eles cobran, do concello, e dos promotores que reciben pola porta de atrás. Cadea para estes delincuentes e os políticos que os manteñen no sitio.
mercado na de vilerma
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA30-07-2011
Estades flipando se pensades que en Cangas se vai aprobar nunca, e digo nunca, un Plan Xeral. Todas estas movidas dan a apariencia de que vai ser así, de que se está a traballar nelo, uns cobran, outros cobran, outros aparentan traballar e tamén cobran... É así, a filosofía da apariencia, a triste realidade que fai mover mundo: a apariencia e os cartos, que é o que máis nos gusta a todos. Pero olvidádevos de que Cangas vaia ter Plan Xeral. Incautos. Nos toman o pelo nas nosas caras.
Xelmírez
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA30-07-2011
Está claro que hai unha confrontación de forzas que cómpre distinguírmo-las ben pra non caer nos infundios da manipulación mediática. Por un lado a mafia especuladora efectuada a través de entidades bancarias e que é quen de controla-las vontades da maior parte dos partidos. Da outra banda, a resistencia popular que quere un urbanismo sustentábel e a defensa dos nosos recursos naturais, paixasísticos e patrimoniais. É fundamental saber en que lado está cara un pra que o pobo poida tomar con claridade cartas no asunto. E a súa intervención é vital na resolución deste duro conflito.
Furr
RE: ACE PIDE QUE SE RESCINDA O CONTRATO CON CONSULTORA GALEGA01-08-2011
Saurón na páxina da Xunta onde está colgado este PXOM non sae a zoa de masso como estaba nos convenios de Sotelo, ¿porqué mentir? polo que mirei está dibuxado outra calificación, así que analiza ben o documento e non mentir, que iso xa non cola. Qué tiña que estar dibuxado? ou deixalo en branco? por algo hai que partir para negociar, a rebaixar hai tempo e o que non se pode é presentar un documento a xunta con zoas en branco. Pero claro, vos seguides coa vosa lideira, os malos e vendidos son os outros, vos sodes puros e castos!!!!
Que vendidos que son os outros porque nos somos puros
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados