Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Report
Indispensables
Donde ...
Guia
VAMOS INDO27-07-2011
Que pasa en Aldan que andan un pouco revoltos por un pantalan, que pasa que prefiren ter as jamelas fondeadas ou tiradas na praia
xxx


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VAMOS INDO27-07-2011
Si si as jamelas .....
As jameliñas dos pobres xubilados que non teñen onde atracar.
Ultimamente os especuladores do ladrillo que levaron a ruina o noso pais como xa non topan negocio en terra veñen a tocar os collons a costa a enchernos de pantalans e portos deportivos .
Si para jamelas , si, si, si
Como son tan boa xente van facerlle mais agradable a vida os xubilados , e de paso ofrecenlle plazas os pobres mariñeiros.
Que boa e esta xente eh?
O mellor colan algun llate ou dous , pero a idea e montar o chiringuito para as gamelas .
Anda ir tomar polo ........
Aldanokosovar
RE: VAMOS INDO27-07-2011
Pois o pantalán queren facelo sobre unha concesión marisqueira, ou sexa sobre unha propiedade dos mariñeiros, e para facer algo alí habería que expropiar por unha razón de interese público. Como esa razón non é posible se estamos falando dun negocio particular como é un porto deportivo, o que están intentando é a típica manobra caciquil, de cambear favores co patrón maior e levar o tema o máis escondido posible, iso si, dándoo xa por feito nos medios de comunicación ao servizo do capital.
a lei, bam bam
RE: VAMOS INDO28-07-2011
Si os de Aldán non teñen claro o que vai a ser un “porto de refuxio” para as jamelas dos mariñeiros non tedes máis que vir a Moaña e veredes que porto con pantaláns tan estupendo lles fixeron aquí para “as chalanas” no medio e medio do pobo, non lles falta de nada, dan cursos de “navegación” para os “fillos dos mariñeiros”, alquilanlle bicicletas ós "jodechinchos", rellenaron de terra un cacho considerable ó lado do muelle, ¿para qué?, pois para aparcadoiro privado dos “sufridos pescadores” que saen todolos días a extraer o producto do mar.
Puseron unha casetiña con un gardián e ó lado catro astas para catro bandeiras, a española GRANDE, GRANDE, GRANDE e arriba de todo, a galega….bueno, a galega pequeniña, pequeniña, case sempre do revés e abaixo, como as outras dúas de propaganda.
Pódovos decir, amigos de Aldán, meus queridos aldanocosovares, que os moañeses estamos “encantados” coa riqueza que xenera este novo porto, a pesares de que xa non nos deixa mirar a Ría e que cando hai algo de vento os ruidos non deixan durmir ós veciños da Gorita co barullo que o “norte” fai nos paus das “chalanas”, paus que estes “mariñeiros” lle chaman “mástiles” (mi "chalana" tiene un mástil...-pues la mía tres).
A verdade é que as chalanas novas eu non as entendo, con eses “mástiles” tan altos, outras con un ou varios motores que van desde 25 a 200 CV. depende
O que parecen é máis cómodas para traballar, xa ninguén anda a remos.
Isto debe ser o progreso que, polo que parece, tamén lle vai a chegar ós nosos amigos de Aldán.
¡Parabéns para Aldán!
O Vello Rosmón
RE: VAMOS INDO28-07-2011
O pornográfico xxx debe ter intereses nos pantaláns, “o yo o el caos” di él, e as jamelas tiradas na plaia.
¿onde andaches ata agora, que tanto fixeches agardar ós mariñeiros de aldán?
outro que nos quere salvar
RE: VAMOS INDO28-07-2011
Aldanokosovares, tende moito coidadiño co Sr Patron Maior que lle gostan moito as caldeiradas, e os politicos son grandes expertos en esa materia. Se vai o Sr Louzan y o seu lacaio o Sr Sotelo por Aldan e lle pasan a man po lo lombo, pode que vos quede ria para pescar por pouco tempo.
Jimenes los santos
RE: VAMOS INDO28-07-2011
como di o de arriba ¡parabéns para Aldán!...e parabéns para o Patrón Maior, que lle tocou a lotería.
parabéns para todos
JAMELAS TIRADAS NA PRAIA,JAJAJA!!30-07-2011
Esa encantoume!¿¿que queres que construamos un "jameleiro"para ghardalas?jjaja!
veciña
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados