Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.25-07-2011
Quedei atónito o ver o cristo que montou Manolito co Intercéltico, despois duns anos renqueante este ano mataronno definitivamente, xa non pode cair mais baixo, a non ser que para o ano se empeñen en seguir cun festival sen sentido cultural algún, sen liña programática nen xustificación (que metan a Costiñas tamén a tocar Carmiña que poden decir que son tradicional).
O deste ano pareceme escandaloso.
non din canto van gastar exactamente, pero sobre uns 40000€, e non xustifican en que.
1º-Os grupos; 2 grupos estaban programados antes da chegada de fervenza na programación de camiños da cultura da xunta, e pensan que nos chupamos o dedo e colannos dentro do Interceltico. Co cal o concello so pagaría os 4 grupos restantes. Pero resulta que eses grupos son de terceira categoría, é decir, grupos que poderían actuar de teloneiros, de véperas, pero non como centrais, tal e como nos queren vender. Sen desprezar o seu traballo, non dan o nivel que se supon para este festival. Con decir que as estrelas son Roi Casal ou Uxia Senlle, calquera afeccionado cun mínimo de coñecemento pode valorar o infimo nivel desta edición. ¿Onde estan os artistas internacionais desta edición?
2º Os cartos; en que gastan os cartos? se dous grupos veñen gratis, e os catro restantes son de terceira.... a mais cara sería Uxia, os demais... non suporán en teoría moito gasto (son grupiños de festa, non dan para mais) pareceme desproporcionado o gasto, dado que non hai nen publicidade, nin web nin eu vin nada a respecto polo momento. E xa veremos a montaxe que sae para valorala.
3º- Queixase fervenza do tempo ¿pero non tiñan un proxecto mantado antes das eleccións? que clase de programa electoral tiñan estes? ¿Que tiña pensado a concelleira a respecto do festival antes de presentarse?¿ten ideas esta señora de Cultura? se te presentas a unhas eleccións suponse que de antemán ofreceras unha proposta cultural planificada, e non a chapuza que están a facer, queixandose do tempo, e de que os que estaban anularon toda a súa planificación ¿que esparaban? Chegar e aprobeitarse do traballo dos demais? este verán é un desastre pola incompetencia da concelleira, nada mais, non foi capaz de organizar nada nin do vello nin do novo, limitouse a desfacer o que había coa excusa do tempo, e acabou con todo o que a Manolito non lle gustaba, salvase polas actividades dos colectivos, nin a semana do mar foi capaz de organizar en condicións.
Hai que traballar mais e sair menos na prensa a chupar fotos regaladas, así pouco ides durar, e non me extraña, non ides vivir de rentas moito mais.
Folki


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.25-07-2011
isto xa non e de ahora se non desde hay tempo donde estan esas edicions do festival interceltico donde o pobo de moaña gozaba de el e a xente desinteresada traballaba para que todo estivese apunto para eses dias donde estan eses organizadores que no seu dia deron vida a moaña e nome a mesma facendo dun festival interceltico uns dos mellores agora parece ser que todo e bichicomada todos queren comer, e comer e si poden gastar pouco e meter mais no seu bolsillo mellor, quen diria que un festival como ese nos anos 80 e90 donde viñan os gaiteiros e facian os pasarruas e actuaban sen que a xente de moaña pagase un duro, agora todo e querer cobrar tanto os organizadores asi como os chupatintas, xa non hay xente como a de antes que facian todo desinteresadamente, parece ser que eses morreron no olvido.
non hay organizacion
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.25-07-2011
Bichicomada!!! jajaj que bo, ¿xa está no disionario morrasense ou considerase de orixe uruguaya?
f&r
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.25-07-2011
Eu xa non vou a entrar na politica nen nis concelleiros correspondentes, eu quero saber en que se xustifica o soldo anual do tal Manolo Rúa, que fai en todo o ano este home, o festival de teatro e máis o intercéltico??? que máis??? Eu ei que está limitado polo presuposto pero o jicho non a rasca, hai que sacar máis que piollos da cabeza i este ten demasiado tempo libre para escribir os seus libros pero como técnico de cultura cero...
Moaña
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.25-07-2011
a verda eso e un fallo de fervenza tiña que falar con bos
os prodigiosos do bng, pa que digades que grupos traer
e canto se podia gastar.
sodes o que non ay pagar as deudas que tedes.
coyote
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.25-07-2011
MAnolo Rúa ten o mesmo salario agora que antes das eleccions, e o memso que fai oito anos (entrada de Millán) e durante ese tempo o alcalde Millán tívono apartado de todo e`pagandolle o salario. ¿de que te queixas agora co Fervenza?
OS do BNG ainda non trafastedes que a sobervia do Millán vos levar o banquillo da oposición.
Analise interno, eso e o que fai falla. Millan dimision.
llanero solitario
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.26-07-2011
Por que será que cando se vos fai unha crítica acabades falando de Millán? Soñades con el dia e noite, incluso agora que está na oposición segue sendo el o culpable da vosa incompetencia. Millán non organiza o Intercéltico creo, senon que o o fai a concelleira, que é do PP e polo tanto é responsable do mesmo. Deixade de falar tanto de millán, que vos está respetando bastante mais do que o fixestes vos na oposición, deuvos 100 días e estano a cumplir e vos non facedes mais ca falar del deixando de lado a pésima xestion que estades a facer. Aquí criticase un programa dun festival, e parece que a crítica é compartida porque nin os do PP defendedes o voso programa e organización, rematades sempre falando de MIllán, co que se sobreentende que ou nin vos enterades, non entendedes do tema, tanto vos ten ou ,simplemente estades de acordo co exposto e non queredes rebatilo. É o que hai, este verán gastanse os cartos pero sen facer nada de nada. En setembro imos facer balance dos eventos organizados polo Concello e veremos.
Folki
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.26-07-2011
Lamentable, Millan y Cía.
Me pares que o Interceltico non se contrata dun dia pa outro, nin con 15 ou 30 dias de antelacion.
Isto que imos ver este ano é a herencia que nos deixaron, fruto da incompetencia duns cuantos que non teñen nin idea de xestionar os cartos dos Moañeses.
Xa hai uns poucos anos que este festival está en decadencia total, quen via aqueles anos no que Moaña se enchía de xente con aqueles grandes grupos folk, era espectaculo e negocio para todo o pobo. Lamentablemente este festival está predestinado a desaparición, e as gracias llas temos que dar os "galeguistas" que votaron 8 anos no goberno e que "presumen" de loitar pola nosa cultura. O unico que fixeron foi destruir o pouco que quedaba dela.
Culturista
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.27-07-2011
culturista , peta na boca amigo antes de falar enterate ben , e despois opinas , acaso nos ultimos oito anos deixou de facerse o festival , e con calidade , este ano faise gracias os actos culturais da xunta , por que os do concallo , incompetencia total , polo carallo a xunta mandaba actuacions outros anos , o que non se pode e ser tan miserables como son os fachas do pp , que tristemente non cambiaran mais .
moaha
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.27-07-2011
Fazer fixose, pero non me digades que de hai 8 anos para aca, de cada vez pior. Menos mal que axudou a Xunta seno este ano non habería nada.
Porque cartos, de seguro que non deixaron.
Culturista
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.27-07-2011
moaha como se che mira o ravo mira que eres vo que listo eres todo miras mal nos outros no teu todo ben que espavilado.
coyote
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.28-07-2011
para coiote , non sexas mal pensado home , que ainda temos a capaciadade de facer autocritica , falar , pensar , esto e amor e odio , xa sabes coma nas telenovelas que seica pasan estas cousas , pero todos temos uns principios os cales non podemos renegar . Eu son de moaha , despois galego de corazon e sentimento , e o final son español obrigado , por lei , en fin coiote , que teñas un bo veran e que bailes moito no interceltico do pp.
moaha
RE: DEIXADE DE ARRASTRAR O NOME DO INTERCéLTICO, DEP.28-07-2011
Pasei onte por alí de daba pena. O grupo aspiraba a ser de terceira fila, a megafonía paresía mercada nos chinos e faltou un presentador, pero bueno, nestes últimos anos os grupos tiñan que anunciarse eles sós. Estou dacordo co primeiro poñente deste fío foral, o mellor e deixar morrer o festival con dignidade e non levantalo do cadaleito para facer del un saco de hostias e intentar facelle propaganda ó aparato do PP, maltratando un evento que nos deu tantas noites de música interesante e chiscadas cultuais diversas. Lástima de cartos, con isto queda o presuposto cultural dinanitado para o resto do ano.
Queimavirutas
28-07-2011
El mensaje ha sido editado por el administrador del foro.
Se puede participar del debate guardando un mínimo respeto.
vaia por dios
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados